Viñetas desde o Atlántico 2017 2017-08-05T20:47:45+00:00
AUTORES INVITADOS VIÑETAS 2017

CONCIERTO BLACK DOG

LUNES 7 – 21.00

FUNDACIÓN BARRIÉ

Outra das innovacións que traerá a edición XX do Viñetas desde o Atlántico será a programación dun espectáculo audiovisual co cómic como protagonista. Trátase do “Black Dog, the dreams of Paul Nash” de Dave McKean, unha sesión de música en vivo con proxección das imaxes que ilustran a novela gráfica que publicou McKean ao redor do británico Paul Nash, un dos nomes claves no nacemento dos movementos modernista e surrealista.

Contamos co voso apoio neste espectáculo inédito na historia de Viñetas desde o Atlántico!

ENTRADA CON INVITACIÓN

Poderán retirarse de forma GRATUÍTA (ata 2 invitacións por persoa) en despacho de billetes central de IMCE (Praza de Orense)
Horario: 09:30 h. a 13:00 h. y de 16:30 h. a 19:30 h.

“Viñetas desde o Atlántico” celébrase anualmente no mes de agosto na Coruña desde o ano 1998 e está dentro das actividades da Concellería de Cultura do Concello da Coruña.

Estas actividades eminentemente culturais compleméntanse coa feira de libreiros e editores. Tamén nela se realizan presentacións de novidades editoriais e actividades lúdicas.

A entrada ás exposicións e conferencias e o acceso á feira e as súas actividades son totalmente gratuítos.

CARTEL VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2017

Autor: Xulio Das Pastoras

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies