Need a new search?

If you didn't find what you were looking for, try a new search!

Diario Viñetas 2016: Sábado, 13 de agosto

2016-08-13T09:02:02+02:00

Continuamos co noso Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

Este pasado venres celebráronse as últimas rodas de prensa. Rubén Pellejero, Juan Díaz Canales, Jorge González e Daniel Torres atenderon ás preguntas dos medios.

Pola tarde chegou un dos eventos máis esperados por todos os afeccionados: a primeira sesión oficial de firmas, coa presenza dos autores invitados. A diferenza do pasado ano, esta sesión realizouse no Kiosco Alfonso. O público concentrouse especialmente ante dous dos maiores reclamos de edición de Viñetas desde o Atlántico, Chris Claremont e o equipo creativo formado por Pellejero e Díaz Canales, aínda que todos en maior ou menor medida tiveron unha tarde ocupada e entretida, gozando en compañía de todos os lectores e compartindo curiosidades e anécdotas. Agradecémosvos unha vez máis a paciencia demostrada durante as esperas.

Ao mesmo tempo que se producía esta sesión de firmas, no Kiosco Alfonso continuaba a actividade, coa conferencia de Jorge González. González fixo un repaso por toda a súa carreira, nunha charla que se alargou, para alegría de todos, moito máis do esperado. Acompañado de Miguelanxo Prado, o autor arxentino realizou un percorrido por obras como Hate Jazz ou Fueye, que lle outorgaron fama internacional. A versatilidad do autor foi unha das características que chamou a atención do público presente, que, malia a coincidencia de horario coa sesión de firmas, non se quixo perder nin un detalle desta esperada conferencia.

Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, sábado 13 de agosto de 2016, a última xornada oficial de Viñetas desde o Atlántico 2016. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa dá BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuita. ¡Non dubidedes en visitalas! Recordámosvos ademais que na mañá de hoxe terá lugar/ha ter lugar unha nova sesión de firmas oficial, nesta ocasión con todos os autores invitados.

12:00- 13:30 Última sesión de firmas oficiais de Viñetas desde o Atlántico 2016, en Kiosco Alfonso

18:30 Conferencia de Chris Claremont, en Kiosco Alfonso. Último acto oficial de Viñetas 2016.

Diario Viñetas 2016: Sábado, 13 de agosto2016-08-13T09:02:02+02:00

Diario Viñetas 2015: Xoves, 13 de Agosto

2017-05-26T00:52:34+02:00

Continuamos co noso Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña

Na xornada de onte tivemos non houbo un minuto de descanso dentro das actividades de Viñetas 2015. Ao longo da mañá e da tarde sucedéronse os eventos. A primeira hora do día Alfonso Zapico, Ana Oncina e Martín Romero atenderon aos medios de comunicación na roda de prensa oficial celebrada no Kiosco Alfonso. Pouco despois, Ana Miralles foi a protagonista nese mesmo espazo, cun novo encontro profesional na que a artista explicou algunhas interioridades do seu proceso de creación e o tratamento da súa obra.

ApbzYywATBuG_-PDRqa6cCorwDcrlawbYSrfXY6xg38L

Pola tarde, os mozos de Estirpe, a película, proxectaron o moi esperado tráiler do seu proxecto cinematográfico. Foi un evento algo accidentado, debido a algúns problemas técnicos alleos á organización de Viñetas 2015, que provocaron certo atraso no horario previsto. Por sorte, todo puido solucionarse, e trala presentación, os presentes puideron gozar das primeiras imaxes en movemento da película.

Av9bYWKdePDGwjzaDkYzMriDf5jA-Wz5noo2o9VGaI85

Ao mesmo tempo, no PALEXCO, Mai Egurza protagonizó a primeira sesión de firmas oficial desta edición de Viñetas 2015. Recordade que todas as sesións de firmas oficiais celebraranse neste espazo, tanto o venres como o sábado. Tedes toda a información neste enlace. A debuxante de El Paseo de los Sueños asinou algúns exemplares da súa obra e ata tivo tempo de compartir algunhas curiosidades cos lectores, como foi o caso dun dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da cidade que aproveitaron para sacarse unha foto coa autora.

CMOf6u1WoAAfi7Q

Sobre as 19:00 comezou a primeira conferencia do día, protagonizada por Martín Romero. O xove autor galego falou sobre diversos aspectos das súas obras máis coñecidas e sobre o proceso de creación. Malia a súa mocidade, Martín ha cosechado un gran éxito tanto fose como dentro de España, grazas entre outras cousas a un elemento do que se falou moito e moi ben durante a conferencia: ese subtexto que sempre aparece en todas as súas historias, case de xeito involuntario, e que outorga a cada historia unha segunda lectura, como é o caso dos orixinais Episodios Lunares. Martín falou ademais da súa experiencia na Casa dos Autores de Angoulême, unha das capitais mundiais do mundo do cómic.

At173DHZ39ghjeZB6QdXvJTUnLwcF9F9ipaoNiIaUWc3

Para pechar o día, tamén no Kiosco Alfonso celebrouse a conferencia protagonizada por Keko. Ante un salón de actos abarrotado, Keko compartiu anécdotas sobre a súa extensa carreira, os seus encargos para diversos medios e numerosas curiosidades sobre o proceso de traballo, antes e logo de “era do ordenador”. Aínda que houbo tempo para citar e comentar detalles de toda o seu bibliografía, Yo, Asesino, a novela gráfica que realizou xunto con Antonio Altarriba, centro a atención durante boa parte do tempo. Keko comentou que espera volver colaborar co guionista, aínda que non ten claro si será unha segunda parte de Yo, Asesino ou ben unha historia completamente diferente. A conferencia finalizou tras abordar diversos aspectos sobre os paralelismos entre a realidade e a ficción, o xénero negro, curiosidades sobre a portada do libro e sobre a dinámica de traballo con Altarriba.

AkPqnY3ZKvJ6iiH3XLYOKvXFCk_4NHTyfsXZphbGnAhg

Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, Xoves 13 de Agosto de 2015. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa da BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuito. ¡Non dubidedes en visitalas!

10:30 Encontro profesional, con Alfonso Zapico (só para profesionais acreditados)

18:30 Conferencia con Joaquín López Cruces, en Kiosko Alfonso

19:45 Conferencia con Raquel Córcoles (Moderna de Pueblo), en Kiosko Alfonso

Diario Viñetas 2015: Xoves, 13 de Agosto2017-05-26T00:52:34+02:00

Novo horario para o “Encontro profesional” do xoves 13 de agosto

2017-05-26T00:52:35+02:00

Como xa sabedes, desde fai uns anos en Viñetas desde o Atlántico véñense celebrando unha serie de “Encontros profesionais”, nos que profesionais acreditados do mundo do cómic reúnense con algúns dos convidados do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

Do mesmo xeito que outros eventos do festival, estes encontros tamén están suxeitos a diversas circunstancias e a posibles cambios de horarios. É por iso que o encontro profesional que este ano protagonizará Alfonso Zapico o vindeiro xoves 13 de agosto cambiará o seu horario. Iniciarase finalmente ás 10:30 horas, no Kiosco Alfonso, e non ás 12:00 horas como estaba previsto.

O resto de encontros profesionais manteñen o seu horario e ubicación. como podedes ver na sección “Encontros Profesionais”.

Novo horario para o “Encontro profesional” do xoves 13 de agosto2017-05-26T00:52:35+02:00

MUNUERA E DOUS DOS AUTORES GALEGOS MÁIS INTERNACIONAIS, DAVID RUBÍN E EMMA RÍOS, PECHAN AS CHARLAS DE VIÑETAS

2018-08-10T11:44:45+02:00

Outro dos pratos fortes do día será a derradeira sesión de firmas dos debuxantes invitados. Terá lugar entre as 12 h e as 13.30 h, na planta baixa do Kiosco Alfonso

MUNUERA E DOUS DOS AUTORES GALEGOS MÁIS INTERNACIONAIS, DAVID RUBÍN E EMMA RÍOS, PECHAN AS CHARLAS DE VIÑETAS

José Luis Munuera ten a cita ás 18.15 horas e Rubín e Ríos, ás 19.30 horas

  • Ás 18,30 h, na carpa da feira editorial (Rúa da BD), haberá un novo obradoiro de máscaras organizado polas Bibliotecas Municipais. Tamén se desenvolverán presentacións,  coma a dos traballos dos alumnos da escola O Garaxe Hermético

 

As actividades paralelas de Viñetas 2018 rematan mañá sábado coas charlas de José Luís Munuera, un dos debuxantes españois con máis proxección no mercado francobelga e a de dous dos debuxantes galegos con máis éxito no mercado americano,David Rubín e Emma Ríos. Munuera departirá co público a partir das 18.15 horas. Será, coma sempre, no Kiosco Alfonso. sede central do Festival Internacional que promove a concellería de Culturas do Concello coruñés. A quenda de Rubín e Ríos será a partir das 19.30 horas. Nese mesmo lugar, pero na planta baixa, discorrerá a derradeira sesión de firmas dos autores invitados. Será dende o mediodía ata as 13,30 horas.

Na carpa da feira editorial (Rúa da BD) volverán a repetirse, a iso das 18.30 horas, os obradoiros de máscaras que organizan as Bibliotecas Municipais. Presentaranse tamén publicacións, coma as realizadas polos alumnos da Escola galega de Cómic O Garaxe Hermético.

José Luís Munuera, autor que asina este ano o cartel de Viñetas 2018, é un dos autores españois que triunfan no mercado fracobelga. De feito, na actualidade é o encargado de darlle vida ao vílano por excelencia da serie de Spirou, o mítico Zorglub, unha das personaxes máis carismáticas da historieta francesa. Leva tamén a súa firma a serie Os Campbell, as entretidas aventuras dunha peculiar familia de piratas; o que vén ser un dos seus máis persoais e ambiciosos proxectos. Merlin, Sir Pyle S. Culape, Nävis, e varios álbums da serie Las aventuras de Spirou y Fantasio, unha das sagas máis icónicas do cómic francobelga, son tamén responsabilidade do debuxante murciano.

A carreira de David Rubín é meteórica. Viñetas desde o Atlántico foi testemuña. Desde os seus inicios como integrante fundamental do colectivo Polaqia, ata a súa nominación este ano para catro premios Eisner, os máximos galardóns do mundo do cómic. Coa súa primeira obra longa, El circo del desaliento, foi nomeado como autor revelación no Salón Internacional do Cómic de Barcelona,en 2006; con Onde ninguén pode chegar, gañou o premio Castelao ese mesmo ano, e a súa novela gráfica La tetería del oso malayo alzouse co galardón ao autor revelación do Salón de Barcelona 2007; finalista asemade do I Premio Nacional de Cómic. Desde entón Rubín non parou. En 2016 realiza xunto a Marcos Prior a novela gráfica Gran Hotel Abismo á vez que se embarca en Ether, a súa terceira incursión no mercado americano, agora xunto a Matt Kindt. Na actualidade está debuxando o tomo 2 e a serie Rumble, recentemente publicada no noso país. Por riba, segue traballando en varios episodios da serie Black Hammer.

De debuxar e editar os seus propios fanzines, a arquitecta e debuxante galega Emma Ríos pasou a traballar para o mercado americano. Participou en series de Marvel como Runaways, Dr. Estraño, Firestar, The Amazing Spider-Man, Osborn, Heralds ou Capitain Marvel. Desta etapa destacan especialmente o segundo volume de Estraño, Doctor Estraño. Primeira tempada, a reinterpretación da orixe deste mesmo personaxe que fixo xunto ao guionista Greg Pak e, sobre todo, os seis primeiros números do volume VI de Captain Marvel, titulado no noso país Capitana Marvel. Anhelando volar, guionizados por Kelly Sue DeConnick. Ríos chegaría a ter unha grande amizade con esa guionista, o que a levaría, en última instancia, a abandonar a famosa editorial para poder crear os seus propios proxectos. Primeiro foi Bella Muerte, con guión da citada DeConnick, nomeada a varios Eisner en 2014 e que gañou en 2015 o Premio á Mellor Obra Internacional no festival Expocómic. A súa seguinte obra sería I. D., que foi igualmente nomeada á mellor antoloxía nos premios Eisner de 2017. O seu traballo máis recente é un guión xunto á debuxante Hwei Lim, autora para a que xa escribiu Mirror.

A exposición de José Luís Munuera está na Sala Municipal de Palexco, e as de David Rubín e Emma Ríos, no Kiosco Alfonso. O horario de apertura é de 12 h a 14  h e de 18 h a 22 horas.

Rúa da BD

Este sábado sucederanse as presentacións na carpa da feira editorial (Rúa da BD). Ás 12 horas Mais futvol por fabor, con Manel Cráneo e Leandro Barea. A partir das 13 horas, TAM de Anémona de Río, Premio Fin de Curso 2017 da Escola O Garaxe Hermético, e a novela gráfica colectiva O Picoto do Pai, realizada tamén por alumnos do Curso Profesional de BD desa escola galega. En ambos casos a presentación correrá a cargo deKiko da Silva, quen, ás 18.30 horas, presentará o primeiro número da revista trimestral de BD A viñeta de Schrödinger.

MUNUERA E DOUS DOS AUTORES GALEGOS MÁIS INTERNACIONAIS, DAVID RUBÍN E EMMA RÍOS, PECHAN AS CHARLAS DE VIÑETAS2018-08-10T11:44:45+02:00

O “HISTÓRICO” ILUSTRADOR JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ CONVERSARÁ MAÑÁ NO KIOSCO ALFONSO COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS

2018-08-09T11:55:41+02:00

Os rapaces dos 70 e dos 80 recordarano debuxando en vivo en programas infantís como Un globo, dos globos, tres globos, Dabadabadá ou Sabadabadá

O “HISTÓRICO” ILUSTRADOR JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ CONVERSARÁ MAÑÁ NO KIOSCO ALFONSO COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS

A charla do autor dos emblemáticos carteis do PSOE de 1974 e 1979 e a novela gráfica Moby Dick será a partir das 19.30 horas, no salón de actos

  • Os autores invitados viaxarán mañá a Santiago, seguindo unha tradición de Viñetas, mentres que na carpa do Festival se sucederán  as presentacións, coma a de “Os Lobos de Moeche”, conmemorativa do 550 aniversario das revoltas irmandiñas

Un dos referentes indiscutibles da ilustración en España, José Ramón Sánchez, será o protagonista este xoves das charlas en Viñetas desde o Atlántico. Sánchez conversará cos afeccionados a partir das 19.30 horas no salón de actos do Kiosco Alfonso, sede central do Festival promovido pola concellería de Culturas do Concello coruñés. Os autores convidados nesta XXI edición do Salón Internacional cumprirán tamén mañá cunha tradición: viaxar a Santiago de Compostela. Na carpa da feira editorial (Rúa da BD) terán lugar durante todo o día varias presentacións, entre elas, a da publicación Os lobos de Moeche, que conmemora o 550 aniversario das revoltas irmandiñas.

A maioría dos que eran rapaces na década dos 80 lembran a José Ramón Sánchez debuxando en vivo en programas infantís de televisión comoUn globo, dos globos, tres globos, Dabadabadá e Sabadabadá. Da súa autoría son asemade os emblemáticos carteis electorais do PSOE para as eleccións xerais de 1974 e de 1979; hoxe por hoxe, un clásico da ilustración española.

Sánchez, Premio Nacional de Ilustración en 2014, colaborou a principios dos oitenta en numerosos programas infantís coma Un globo, dos globos, tres globos,  Sabadabadá, Dabadabadá ou El kiosco. Tamén levan a súa sinatura a longametraxe de debuxos animados El desván de la fantasía; as coleccións de contos 50 años de cine español ou Don Quijote de La Mancha e a de debuxos La gran aventura del cine. Ademais de continuar co seu labor como ilustrador, en 2017, xa cumpridos os 80 anos,  descubre a riqueza da linguaxe da historieta cunha obra de gran beleza plástica, a adaptación da novela Moby Dick, de Herman Melville.

Os orixinais de José Ramón Sánchez están na sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita. O horario de visitas é de 12 h a14 h e das 18 h ás 22 horas.

Continúan, doutra banda, as actividades na carpa do Festival. A partir da 13 horas serán as das publicacións Os lobos de Moeche, sobre as revoltas irmandiñas, e A Fraga Milmañas, con Carlos Amil e Manel Cráneo. Xa pola tarde, a partir das 20 horas, será a quenda da revista La Resistencia.

O “HISTÓRICO” ILUSTRADOR JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ CONVERSARÁ MAÑÁ NO KIOSCO ALFONSO COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS2018-08-09T11:55:41+02:00

CONS, DURÁN E GINER SERÁN ESTE MÉRCORES OS PROTAGONISTAS DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS

2018-08-07T19:22:00+02:00

O debuxante galego falará do seu último traballo, unha triloxía sobre o mito maia do “cancerbeiro dos deuses”. Durán e Giner farano da súa última colaboración, que trata do accidente do metro de Valencia.

CONS, DURÁN E GINER SERÁN ESTE MÉRCORES OS PROTAGONISTAS DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS

A charla de Tirso Cons será de 18.15 h a 19.15 h, e a do tándem Durán-Giner, entre as 19.30 h e as 20.30 h; as dúas, na sala de conferencias do Kiosco Alfonso.

  • Mañá comezan as actividades na carpa do Festival, instalada na Rúa da BD, onde tamén se celebra a tradicional feira editorial que aglutina a máis dunha trintena de librarías e editoriais chegadas de toda España. Abrirá o calendario, ás 12 horas, a presentación de “Unha historia de Vimianzo”, do debuxante Rubén Rial con textos de Manuel Rial. Ás 13 horas será o turno para “As mellores viñetas de Santy Gutiérrez. 

O creador galego Tirso Cons abrirá mañá mércores as charlas cos afeccionados en Viñetas desde o Atlántico. A continuación será a quenda do tándem creativo que forman os valencianos Cristina Durán e Miguel Ángel Giner. Ademais de falar de toda a súa traxectoria, estes tres invitados do Festival que promove o Concello coruñés afondarán nos seus traballos máis recentes. Cons contará detalles do seu último proxecto, no que se achega a un dos mitos da cultura maia, “o cancerbeiro dos deuses”, e Durán e Giner da súa última creación conxunta El día 3, cuxa temática é o accidente de metro de Valencia e mais todo o que pasou despois. A charla do debuxante galego será a partir das 18.15 h e a dos autores valencianos a partir das 19.30 h; todas na sala de conferencias do Kiosco Alfonso.

Tirso Cons, pontevedrés afincado en Madrid, deuse a coñecer internacionalmente con La casa de los susurros (Lles Humanoïdes Associés), baixo guións do madrileño David Muñoz e a cor de Javi Montes. Desa obra editáronse tres álbums. Unha curiosidade: a primeira edición integral apareceu en lingua galega (Patito Editorial) e mesmo antes que en Francia, onde se publicou orixinalmente. Tras este traballo, sacou do prelo Las crónicas de la Legión, co coñecido guionista francés Fabien Nury, unha reviravolta orixinal ao tema vampírico. Desde 2017 traballa en Trackers, o arma perdida dos deuses, de novo con Muñoz, unha triloxía sobre a procura do mito maia do “Cancerbeiro dos deuses”.

Cristina Durán e Miguel Ángel Giner teñen unha biografía creativa e un estudio común. Ambos os dous son autores de varias novelas gráficas como Una posibilidad entre mil, La máquina de Efrén e Cuando no sabes qué decir. A principios deste ano publicaron a obra El día 3, que asinan coa xornalista Laura Ballester. Trata, como xa se mencionou, do accidente de metro de Valencia. Tamén publicaron outros cómics coma son Pillada por ti, Vicente Blasco Ibáñez. Una vida apasionante, e participaron no álbum colectivo Viñetas de vidapara Oxfam Intermón (Astiberri). En 1993 crearon LaGRÚAestudio, onde traballan desde entón como debuxantes de cómic e ilustradores. Os dous están ligados á Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV), que presidiron en distintos momentos. Giner escribiu tamén o libro-cómic Anna Dédalus detective. El misterio de la mansión quemada, e xa como debuxante Astucia Laperla. Luna roja, corazón negro. Tamén é profesor na Facultade de Belas Artes e na Escuela Superior de Arte e Tecnoloxía de Valencia. Os dous están ligados á Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV).

As exposicións que exhiben o traballo de Tirso Cons, Cristina Durán e Miguel Ángel Giner están na Sala Municipal de Palexco. O horario de visitas é de 12 h a 14 h y de 18 h a 22 horas.

Rúa dá BD

Mañá abrirán tamén as actividades na carpa do Festival, instalada na Rúa dá BD, onde se celebra a feira editorial. Ás 12 preséntase “Unha historia de Vimianzo”, de Rubén e Manuel Rial. Ás 13 horas, Manel Cráneo presentará “As mellores viñetas de Santy Gutiérrez”, co propio Santy Gutiérrez.

CONS, DURÁN E GINER SERÁN ESTE MÉRCORES OS PROTAGONISTAS DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS2018-08-07T19:22:00+02:00

Tirso Cons

2018-08-06T22:47:08+02:00

CONFERENCIA

MÉRCORES 8 – 18.15h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

TIRSO CONS

Tirso Cons (Pontevedra, 1979)

Galego de nacemento e madrileño de adopción, múdase á capital para estudar Publicidade e Relacións Públicas, para posteriormente traballar nunha axencia de publicidade. En Expocómic de 2003, en Madrid, reencóntrase coa banda deseñada e axiña obtén os seus primeiros encargos no mercado francés. O primeiro deles será “El ojo del diablo”(Editions Paquet), sobre guións de Wander Antunes e cores do tamén galego Javi Montes.

Case dous anos despois, a comezos de 2007, chegaría “Réminiscences”, tomo 4 da serie Marshall (Les Humanoïdes Associés), sobre guión de Dennis-Pierre Filipi. Mais non será até outubro do mesmo ano, publicariase a obra que o daría a coñecer internacionalmente, “A mansión dos murmurios” (Les Humanoïdes Associés), con guión do madrileño David Muñoz e repetindo na cor Javi Montes. 

A Mansión dos Murmurios estenderíase durante tres álbums entre outubro de 2007 e agosto de 2011.

Tras este traballo, realizaría “Les chroniques de Legion”(Glénat) co coñecido guionista francés Fabien Nury. Trátase dunha volta moi orixinal ao tema vampírico a través da historia do espírito deVlad Tepesque, após a súa morte, se encarna en distintos personaxes. Cada un destes está debuxado por un artista diferente e entre eles salienta o traballo de Tirso.

Até 2016 no volveríamos ver unha obra súa no mercado francés. Sería o tomo dezanove da serie Sept, titulado “Sept Cannibales”(Delcourt), guionizada por Sylvain Runberg. Esta serie está realizada por equipos creativos diferentes e un único guionista, co obxectivo de acurtar os períodos de saída dos álbums e no que se atopa a historia de sete amigos ricos e de éxito que se reúnen cada ano para pasaren unha semana na que daren renda solta ao todos os seus desexos e excesos.

A mediados de 2017 chegaríanos un novo traballo en colaboración con David Muñoz, aínda que nesta ocasión o argumento sería obra de Cons. “Trackers, el arma perdida de los dioses”, primeiro álbum dunha triloxía, narra a epopea dun equipo de científicos ingleses da Royal Geographic Society que en 1664 prepara unha expedición até a península do Iucatán coa misión de capturar unha criatura saída das lendas maias, coñecida co nome do “Can cérbero dos deuses”.

Bibliografía esencial:

2005 – El ojo del diablo (Recerca).

2010 – A mansión dos murmurios (El Patito Editorial).

2013 – Las crónicas de Legión (Yermo Ediciones).

2016 – La casa de los  susurros (Yermo Ediciones).

2017 – Trackers (Yermo Ediciones).

2017 – Trackers (3 Pintamonas).

Tirso Cons2018-08-06T22:47:08+02:00

Miguel Ángel Giner

2018-08-06T22:26:12+02:00

CONFERENCIA

MÉRCORES 8 – 19.30h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

MIGUEL ÁNGEL GINER

Miguel Ángel Giner (Bennétuser, Valencia 1969)

Licenciado pola Facultade de Belas Artes de San Carlos de València (UPV) na especialidade de Debuxo, obtivo unha bolsa de colaboración na materia de Sistemas de Representación Espacial.

En 1993 creou xunto a Cristina Durán o seu propio estudio, LaGRUAestudio, onde traballa desde entón como guionista e ilustrador.

É autor, xunto a Cristina Durán, de varias novelas gráficas, como “Una posibilidad entre mil” (Sins entido, 2009) e “La máquina de Efrén” (Sins entido, 2012), compiladas no volume integral “Una posibilidad” (Astiberri, 2017); e “Cuando no sabes qué decir” (Salamandra Graphic, 2015). En febreiro de 2018 publica a súa obra máis recente, “El día 3”, realizada xunto á xornalista Laura Ballester.

Tamén publicou outros cómics,  como “Pillada por ti” (Ministerio de Sanidade, 2011), “El siglo de oro valenciano” (Biblioteca Valenciana, 2014) e “Vicente Blasco Ibáñez. Una vida apasionante” (Ajuntament de València, 2017). Escribiu o libro-cómic “Anna Dédalus detective. El misterio de la mansión quemada”,debuxado por Núria Tamarit e Xulia Vicente (Andana, 2015). Como debuxante, publicou “Astucia Laperla. Luna roja, corazón negro” (De Ponent, 2016), con guión de Stygryt. Participou no álbum colectivo “Viñetas de vida” para Intermon Oxfam (Astiberri, 2014) e realizou historias curtas para Usted está aquí, Arròs negre eCómic 21.

Recibiu varios premios e nomeamentos, entre eles o premio da Cartelera Turia, o Flash Back, a Insignia de Prata da Cultura do Ajuntament de Benetússer, o accésit en Francia no primeiro trofeo Les BDs qui font la différence e o Premio Ciutat de Palma de Còmic.

Comparte a súa paixón por narrar co alumnado do Mestrado en Deseño e Ilustración da Facultade de Belas Artes de València (UPV) e da Escola de Arte e Tecnoloxía, onde é profesor de guión. Tamén impartiu obradoiros en España e América Latina.

Desde 1997, forma parte da Associació Professional d’Ilustradores de València (APIV), da que foi presidente dende 2013 ata o ano 2017.

Bibliografía esencial:

2009 –  Una posibilidad entre mil  (Sins Entido).

2012 –  La máquina de Efrén (Sins Entido).

2014 –  Viñetas de vida (Astiberri Ediciones).

2015 –  Cuando no sabes qué decir (Ediciones Salamandra).

2017 –  Una posibilidad (Astiberri Ediciones).

2018 –  El día 3 (Astiberri Ediciones).

Miguel Ángel Giner2018-08-06T22:26:12+02:00

Josep Homs

2018-08-06T22:33:30+02:00

CONFERENCIA

MARTES 7 – 19.30h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

JOSEP HOMS

Josep Homs (Castelldefels, 1975)

Formado na Escola Joso, axiña comezou a salientar profesionalmente no ámbito do cómic pola calidade do seu debuxo e o dominio da composición.Os seus inicios coinciden co final das revistas de banda deseñada para adultos en España: unha historieta súa aparecerá no último número da revista Cimoc.

En 2005 dá o salto aos Estados Unidos. Alí comezan a aparecer os seus primeiros traballos, en colaboración co guionista Christopher Hinz, na serie Bladee en varios cómics do oeste para Marvel, Marvel Westerns. Porén, a súa colaboración máis dilatada realizarana na serie Red Sonja, con Frank Cho e Doug Murray como guionistas, para a editorial Dynamite.

Malia o seu prometedor comezo, Homs non remata de se ver no mercado americano, e en 2009 regresa ao vello continente, onde realizaría unhas páxinas no tomo colectivo “La vieille dame qui n’avait jamais joué au tennis”(A anciá que nunca xogou ao tenis), con guión de Zidrou. Esta historia, que salienta pola súa calidade, ábrelle definitivamente as portas do mercado francés. Así, en 2010, con Giroud como guionista, publica o primeiro tomo de “L’Angelus” (O Ángelus), dentro da colección Secrets, cuxo segundo e último álbum verá a luz ao ano seguinte. Este díptico deixa patente non só a súa destreza como debuxante, senón tamén as súas habilidades como narrador, o que chamará poderosamente a atención no competitivo mercado galo e o que o situará como un dos novos valores da banda deseñada europea.

En 2012 publícase o primeiro tomo da adaptación ao cómic de “Millenium”, a exitosa triloxía de novelas do sueco Stieg Larsson. Lanzada en seis partes por Dupuis,  Homs debúxaa con guións de Sylvain Runberg e suporá a súa definitiva consolidación no mercado francés.O seu último traballo é a serie “Shi”, da que se publicaron dous tomos: ambientada na Exposición Universal de Londres en 1851, relata a historia da amizade de dúas mulleres de distinta nacionalidade e conta,  de novo, con guión do belga Zidrou.

Aínda que a maior parte do seu traballo está orientada ao mercado francés, Homs nunca abandonou totalmente o mercado español: como mostra, a súa participación en obras colectivas como “Lovexpress”, “Barcelona TM” ou “Revolution Complex”.

Alén do seu traballo como debuxante, Homs compartiu a súa actividade coa docencia na Escola Joso na que se formou.

Bibliografía esencial:

2009 –  Red Sonja (Panini Comics).

2010 –  Barcelona TM (Norma Editorial).

2011 –  La anciana que nunca jugó al ténis (Norma Editorial).

2012 –  El ángelus (Norma Editorial).

2013 – Millenium 1 (Planeta Cómic).

2015 – Millenium 3 (Planeta Cómic).

2017 – Shi 1, Al principio fue la ira (Norma Editorial).

2017 – Shi 2, El rey demonio (Norma Editorial).

Josep Homs2018-08-06T22:33:30+02:00

José Luis Munuera

2018-08-06T22:57:46+02:00

CONFERENCIA

SÁBADO 11 – 18.15h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

Bibliografía esencial:

2005 –  Navis 1, Houyo (Norma Editorial).

2006 –  Navis 2, Girodouss (Norma Editorial).

2008 –  Las aventuras de Spirou y Fantasio 1 (Planeta Cómic).

2009 –  Las aventuras de Spirou y Fantasio 3 (Planeta Cómic).

2009 –  El juego de la luna (Astiberri Ediciones).

2011 –  Fraternitty (Astiberri Ediciones).

2012 –  Walter el lobo (Dibbuks).

2012 –  Oficio: dibujante (Astiberri Ediciones).

2013  – Sortilegios 1(Norma Editorial).

2014  – Sir Pyle(Yermo Ediciones).

2014  – Sortilegios 2(Norma Editorial).

2014  – Los Campbell 1, Inferno(Dibbuks).

2015  – Sortilegios 3(Norma Editorial).

2015  – Los Campbell 2, El temible pirata Morgan(Dibbuks).

2016  – Sortilegios 4(Norma Editorial).

2016  – Los Campbell 3, ¡Raptado!(Dibbuks).

2017  – Los Campbell 4, El oro de San Brandamo (Dibbuks).

2018  – Zorglub 1, La hija de Z (Dibbuks).

2018  – Los Campbell 5, Las tres maldiciones(Dibbuks).

JOSÉ LUIS MUNUERA

José Luis Munuera (Lorca, 1972)

Formado na escola de Belas Artes de Granada cun interese particular cara ao cómic e a novela gráfica, comeza a publicar a mediados da década dos 90. Un golpe de sorte e a escasa resposta dos editores españois aos seus traballos, lévao a visitar o salón do cómic de Angoulême, en Francia, onde coincide cun novísimo Joann Sfar, e xuntos conseguen publicar na editorial Delcourt a serie “Les Potamoks”, da que realizarían tres tomos entre 1996 e 1997.

Tras os seus primeiros pasos como profesional no mercado francés, con guión de Joann Sfar, con quen tamén crearía, en catro tomos, “Merlin”en 1999, iniciaría unha longa asociación co prolífico guionista Jean-David Morvan, co que debuxou máis dunha ducia de álbums. Entre eles, atopamos tres tomos de “Sir Pyle S. Culape”, dous de “Merlin”, coa colaboración de Philippe Buchet, cinco de “Nävis”, serie irmá da exitosa Estelae, sobre todo, catro álbums para a serie “A aventuras de Spirou e Fantasio”, unha das sagas máis icónicas do cómic francobelga, que incluíu o tomo 50 da serie titulado “As orixes de Z”.

O seguinte paso adiante na súa carreira foi conseguir traballar en títulos máis persoais, como El juego de la Luna”, con guión de Enrique Bonet, polo que foi seleccionado no Salón do Cómic de Angoulême e que resultou gañador do premio ao Mellor Álbum Nacional de Expocómic 2009; ou Fraternity”con guión de Juan Díaz Canales, guionista da exitosa Blacksad.

En 2012, inicia a serie “Sortilegios” co coñecido guionista francés Jean Dufaux, ao tempo que compila e escribe unha serie de textos que, a medio camiño entre a biografía, o ensaio e o texto teórico, aparecerán nun libro baixo o nome de “Oficio: dibujante”.

Munuera, autor inquieto como poucos, comeza en 2014 un dos seus máis ambiciosos proxectos, “Los Campbell”, unha entretidísima serie de aventuras sobre unha peculiar familia de piratas, da que xa se publicaron cinco volumes.

O seu último gran proxecto é a volta ao universo Spirou para se encargar como autor completo da serie dedicada ao vilán por excelencia da serie nai, o mítico Zorglub, un dos personaxes máis carismáticos da historieta francesa.

José Luis Munuera gañou, entre outros, o Premio Jeunesse no Festivals de BD en Sierre, o Prix Bédélys, Premio Jeunesse, o Premio á mellor obra de autor español por votación popular no Saló de Barcelona, o Gran Prix de l’Imaginerie ou o premio ao mellor debuxante no Festival Internacional de Cine Fantástico da Costa del Sol.

José Luis Munuera2018-08-06T22:57:46+02:00

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies