Ángel de la Calle2018-08-06T22:22:17+00:00
ÁNGEL DE LA CALLE

Ángel de la Calle (Salamanca, 1958)

Aínda que naceu nunha aldea de Salamanca, trasladouse a Xixón moi novo. Será en Asturies onde realizará a maior parte da súa formación e carreira no mundo da banda deseñada. As súas primeiras obras aparecerán a mediados dos setenta na famosa revista Starda barcelonesa Producciones Editoriales, cun estilo puntillista de reminiscencias fotográficas moi popular na época.

Nos primeiros oitenta continua publicando na revista Bésame Mucho; de aí pasará, un par de anos despois, ás revistas Rambla e Rampa-Rambla, referentes nesta época da nova historieta española. A mediados da mesma década, comeza a súa relación con Toutain Editor e publica os seus traballos nas revistas Zona 84 Comix Internacional.

Durante os anos noventa dedícase ao deseño gráfico, á ilustración e ao libro infantil.

Tamén realiza guións gráficos para publicidade e para o filme de Gonzalo Suárez El lado oscuro. En 1996 regresa á historieta e, baixo o pseudónimo Adela C, crea a tira “Mar y Mari” para os diarios La Nueva España (a primeira temporada) e El Comercio (a partir da segunda). A tira diaria publícase desde entón durante os meses de verán de cada ano e durante case unha década.

En 2002 ilustra a novela curta de Paco Ignacio Taibo II, Mon ami Moran, publicada en Francia pola editorial Les 400 Coups. No ano seguinte aparece a primeira parte dunha obra que marcará un punto de inflexión na súa carreira, “Modotti. Una mujer del siglo veinte”. A biografía da fotógrafa e activista política Tina Modotti, complétase nun segundo tomo en 2005, para ser recollidos ambos nun volume integral no ano 2007. A obra publicouse nunha multitude de países, recibiu o premio á “Melhor surpresa editorial no Brasil” en 2006 e está considerada unha das novelas gráficas de referencia da moderna historieta española.

Durante os últimos anos, alén do libro autobiográfico “Diarios de festival”, autoeditado en 2006, publica varias historietas curtas nas revistas Benzina Dos Veces Breve, así como a historieta Entre líneas, con guión de Jorge García no libro “Nuestra guerra civil” de Ariadna Editorial e outra para o cómic colectivo “¡No a la guerra!” da Fundación Pere Ardiaca.

En 2017, chegaría ás librarías españolas “Pinturas de Guerra”, a súa última obra. Nela, coa escusa de escribir a biografía da coñecida actriz Jean Seberg, un trasundo do propio autor viaxa a París a finais dos sesenta, onde a través da historia de varios pintores latinoamericanos exiliados, relátanos distintos episodios da historia recente da represión das ditaduras do cono sur. Este pequeno resumo non fai xustiza ao titánico traballo que De la Calle fixo en Pinturas de Guerra, crisol de historias e personaxes e verdadeiro prodixio narrativo. Trátase dunha obra fundamental na moderna historieta española que o fixo merecedor do premio á mellor obra no último Saló del Còmic de Barcelona.

Alén de historietista, Ángel de la Calle salienta no terreo histórico como divulgador e reivindicador da historieta. É responsable das actividades de cómic da Semana Negra de Xixón, da que é organizador desde o seu comezo en 1987 e para a que dirixe a revista A Quemarropa. Neste festival coordinou multitude de catálogos de exposición con apartado teórico. De la Calle tamén creou, en 1996, as Jornadas Internacionales del Cómic Villa de Avilés, das que é tamén codirector. Ademais, desde 1999, foi codirector xunto a Jorge Iván Argiz da revista de divulgación Dentro de la Viñeta, da que se publicou unha trintena de números. En 2007 publicaría os libros teóricos  “El Hombre Enmascarado: En el sendero en Ediciones”(Sins Entido) eHugo Pratt. La mano de Dios” en Editorial Dolmen, recentemente reeditado nunha versión ampliada.

Bibliografía esencial:

2003 –  Modotti 1 y 2 (Sins Entido).

2006 –  Diarios de Festival (AAHA).

2007 –  Modotti, edición integral (Sins Entido).

2017 –  Pinturas de guerra (Reino de Cordelia).

2018 –  Hugo Pratt, La mano de Dios, edición ampliada (Dolmen Editorial).

CONFERENCIA

VENRES 10 – 19.30h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies