About Viñetas desde o Atlántico

This author has not yet filled in any details.
So far Viñetas desde o Atlántico has created 40 blog entries.

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN ¿PINTAS O DIBUJAS?

2019-07-30T12:27:29+01:00

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN ¿PINTAS O DIBUJAS?

O Concello da Coruña e Acción Cultural Española convoca aos medios de comunicación e público á INAUGURACIÓN da exposición “¿Pintas o dibujas? un paseo por el a arte de la mano del cómic”.

Ao acto asistirán o concelleiro de Cultura, Jesús Javier Celemín, o Director de Programación de Acción Cultural Española (AC/E), Santiago Herrero Amigo, o director do Salón Viñetas desde o Atlántico, Miguelanxo Prado, o comisario da mostra, Jorge Díez, e unha das creadoras  participantes, Laura Pérez Vernetti.

O acto tendrá lugar na Dársena (na traseira do Teatro Rosalía) ás 11 horas de mañá mércores 31 de xullo.

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN ¿PINTAS O DIBUJAS?2019-07-30T12:27:29+01:00

PRESENTACIÓN VIÑETAS 2019

2019-05-30T13:28:53+01:00

Presentación Viñetas 2019

O XXII Salón Internacional do Cómic de A Coruña abrirá as súas portas entre os días 5 e 11 de agosto

VIÑETAS 2019 ACHÉGANOS O CALEIDOSCOPIO ACTUAL DO CÓMIC PARA COMPROBAR COMO UNHAS MESMAS FERRAMENTAS E UNHA LINGUAXE COMÚN SERVEN PARA CREAR OBRAS ÚNICAS E UNIVERSOS AFASTADOS

  • A poeta Yolanda Castaño exporá no XXII Salón a súa obra “O puño e a letra” onde 40 debuxantes e ilustradores galegos converten en imaxes ou viñetas outros tantos poemas de autora nun novidoso diálogo entre xéneros ao que xa se coñece como Comic Poetry.
  • A creadora británica Isabel Greenberg achegará a súa primeira saga e as súas fábulas feministas, con exposición dos orixinais das súas novelas gráficas máis importantes, “The encyclopedia  of Early Earth” e “The one hundred nights of Hero”.
  • Os “tintinólogos” están de sorte: o sabichón mozo belga convídalles a vivir mil aventuras sen ter que dar un paso fóra da Sala de Exposicións do Pazo de María Pita.
  • O cartel deste ano leva a rúbrica dunha das participantes de Viñetas 2018, Belén Ortega, a debuxante de “Pájaro Indiano” e do éxito literario “Millenium” para o mercado francés.

A Coruña, 30 de maio de 2019.

Na XXII edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, “os convidados achégannos a un taboleiro conformado por pezas moi diversas, absolutamente autónomas; universos creativos realmente afastados que só teñen en común as ferramentas e a fórmula do relato, esas secuencias de continuidade de imaxes e palabras, xa sexan en texto ou en voz”, resume o seu director, o debuxante Miguelanxo Prado. Esa riqueza multifacética no xénero é precisamente o que mellor resume a actualidade do mundo da banda deseñada do que Viñetas 2019fai una boa escolma. “Nada ten que ver a adaptación que fai David Sala da novela El jugador de Ajedrez, de Stefan Zweig, coas fantasías macabras de Tony Sandoval, ou coa obra de Isabel Greenberg, unha proposta social de corte feminista que sen dúbida camufla moitas tinguiduras autobiográficas. Da mesma maneira se afastan anos luz, cada un dos anteriores, do Homónimos de Antonio Navarro, ficción e xogo autobiográfico moi lonxe da súa traxectoria anterior no ámbito da animación”, explica Prado. Rexistros, xénero e fórmulas absolutamente variadas e ao tempo todas banda deseñada ou novela gráfica por dereito propio.

Viñetas desde o Atlántico tomará un ano mais o centro da Coruña, nesta ocasión entre os días 5 e 11 de agosto. O cartel anunciador do XXII Salón Internacionalé obra dunha das autoras máis prestixiosas do panorama nacional, a granadina Belén Ortega, quen no Viñetas 2018 expuxo orixinais dos seus traballosPájaro Indianoe Millenium, entre outros. A Torre de Hércules é, coma sempre, a indiscutible protagonista da imaxe de Viñetas 2019 (a única condición que lle poñen os organizadores do certame aos ilustradores encargados de facer o cartel), nunha proposta colorista co estilo indiscutible de Ortega, que nesta ocasión tamén bota man do exército de menhires para a súa composición.

O XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, impulsado pola Concellería de Culturas do Concello da Coruña, contará entre os seus convidados coa creadora británica Isabel Greenberg, quen sorprendeu ao mundo editorial tanto coa súa primeira novela gráfica, a saga The Encyclopedia of Early Earth, coma coa súa fábula feminista The one hundred nights of Hero.

O festival coruñés tamén mostrará a obra do autor mexicano afincado en Europa Tony Sandoval, a quen lle chegou o éxito coa súa personaxe Blacky, un gato con inquedanzas románticas e mesmo morriñento. Porén, sería tras saír do prelo El cadáver y el sofá (2007) cando Sandoval acadaría sona; unha obra á que seguiron Epidemia de melancolía (2011) e La serpiente de agua(2014), inspirada en Edgar Allan Poe.

Desde Francia vén a Viñetas David Sala, un creador que estudou na prestixiosa escola Emile Cohl e que confesa influencias tan diverxentes coma Alberto Breccia ou Stanley Kubric. Ao longo da súa carreira traballou cos máis importantes guionistas, coma Jorge Zentner (Replay e a serie Nicolás Eymerich, inquisidor). Sala triunfou no ámbito europeo da banda deseñada coa súa adaptación de El jugador de Ajedrez, a novela de Stefan Zweig

O público que asista ao Salón coruñés poderá gozar ademais da obra do portugués Jorge Coelho, o debuxante da extravagante serie policíaca John Flood, con guión de Justin Jordan. Tamén é o creador de Polarity, Sleepy Hollowe Forgetless. Debuxante de Marvel, é un dos responsables, xunto con Brian Wood, da serie Robocop: Citizens Arrest (Boom! Studios).

O madrileño Antonio Navarro e mais o catalán Albert Monteys completan o elenco de convidados nacionais a Viñetas 2019. Monteys foi unha firma indispensable da revista El Jueves. Autor da serie Tato, ou de Para ti, que eres jovencon Manel Fontdevila, traballou posteriormente noutros proxectos, como a serie dixital ¡Universo! coa que gañou o Premio Zona Cómic e o Premio Cómic Barcelona á mellor obra de autor nacional publicada no 2018. Pola súa parte, Antonio Navarro publicou as súas primeiras obras profesionais na revista Rambla. En 1987 comeza a publicar Simonenas páxinas de Cairo, galardoada un ano despois co Premio Diario de Avisos ao mellor debuxante realista. Nos 90 irrompeu no mercado francés con Les mondes de Luz. As súas obras máis maduras chegaron ao pouco: El tiempo arrebatado e Homónimos. Xa coma animador, Navarro traballou para as principais compañías, dende Hanna-Barbera a Disney, e dirixiu a longametraxe Los tres reyes magos, con Díaz Canales supervisando o layout.

A poeta compostelá Yolanda Castaño trae a Viñetas os seus poemas ilustrados pola man de boa parte dos máis célebres debuxantes galegos: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio e Fernando Iglesias Kohell.

Outro dos nomes propios desta edición do Salón Internacional do Cómic é o debuxante e guionista ferrolá Abel Alves, autor da novela gráfica Sangre y soleditada en Uruguai e gañadora do Fondo Concursable para a Cultura de Uruguai 2014. No 2016 sae do prelo a novela gráfica Aram o Armenio, dedicada ao xenocidio armenio de 1915. O pasado ano publica Segunda Venidae, coa colaboración do Concello da Coruña, lanza ao mercado A tumba de Breogán, unha ficción histórica con personaxes como Eduardo Pondal, Emilia Pardo Bazán ou Murguía. Na actualidade prepara varios proxectos para o mercado español e extranxeiro.

“Tintinólogos” de sorte

A personaxe belga por excelencia, Tintín, xunto con toda a súa tropa, serán os protagonistas da mostra que Viñetas desde o Atlánticoinstalará na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita. Ao cabo, a asociación de “tintinólogos” máis importante de España fica en Galicia e son eles, coleccionistas irredentos do mozo belga máis sabichón, os organizadores dunha das propostas deste Viñetas 2019sen dúbida máis atractivas para o gran público.

Personaxes e, por primeira vez unha das mostras, tomarán as rúas da cidade

Por primeira vez, as rúas do centro da Coruña non só van estar tomadas polo exército de figuras comiqueirashabituais de Viñetas,senón que acollerán á propia arte do cómic. Dan man de Acción Cultural Española (AC/E) chega á cidade ¿Pintas o Dibujas?, unha exposición que convidará aos transeúntes a camiñar entre viñetas. Comisariada por Jorge Díez, a mostra fai unha aproximación á arte da banda deseñada da man de diversos autores españois (Ana  Galváñ, Antonio Altarriba e Keko, Fermín Solís, Laura Pérez Vernetti, María Hesse, Mauro Entrialgo, Max, Pablo Auladell, Santiago García e Javier Olivares) que, cunha linguaxe propia, abordan nos seus traballos a arte clásica e contemporánea a través, entre outros, de artistas como El Bosco, Velázquez, Buñuel, Frida Kahlo, Duchamp ou Picasso.

A Salvador de Madariaga exporá o último premio Castelao da Deputación coruñesa

Tal e como xa é costume, a Sala Salvador de Madariaga acollerá a exposición dos orixinais da obra galardoada no 2018 co XIII Premio Castelao de Banda Deseñada, editado pola Deputación da Coruña: Canción para afundir flores no mar, de Oliver Añón Lema.

Pola súa parte, a Torre de Hércules servirá de excepcional lenzo no que colgar a colección de carteis das 21 edicións previas do Salón Internacional do Cómic da Coruña.

Ademais das exposicións e os encontros cos autores convidados, a oferta do Festival inclúe obradoiros e presentacións editoriais na carpa instalada nos Xardíns de Méndez Núñez, así como a tradicional Feira da Historieta. Aínda que Viñetas2019 permanecerá aberto só entre o 5 e mais o 11 de agosto, as exposicións de orixinais continuarán abertas ao público ata o 8 de setembro.

PRESENTACIÓN VIÑETAS 20192019-05-30T13:28:53+01:00

MIGUELANXO PRADO: “VIÑETAS EVIDENCIA A RIQUEZA CREATIVA E O TALENTO DE TODAS AS XERACIÓNS QUE HOXE CONFORMAN O CÓMIC ESPAÑOL E MAIS O GALEGO”

2018-08-13T11:55:34+01:00

A semana grande do Salón Internacional do Cómic rematou onte, pero as exposicións desta XXI edición seguirán na Coruña ata o 9 de setembro

MIGUELANXO PRADO: “VIÑETAS EVIDENCIA A RIQUEZA CREATIVA E O TALENTO DE TODAS AS XERACIÓNS QUE HOXE CONFORMAN O CÓMIC ESPAÑOL E MAIS O GALEGO”

  • “No ámbito editorial, a sensación é de consolidación e incluso, de crecemento”

  • “Os proxectos editoriais que acadaron sobrevivir á crise semellan estar a recuperarse e ata van medrando”

“Aínda ser só unha pequena mostra do panorama global, a XXI edición de Viñetas desde o Atlántico evidencia a riqueza creativa e tamén o enorme talento de todas as xeracións que hoxe conforman a banda deseñada española e, xa en particular, a galega”. A proba é a variedade de opcións presentes nesta vixésimo primeira cita coruñesa coa historieta, segundo o director do Salón Internacional do Cómic, Miguelanxo Prado. “Hoxe en día contamos cun ecosistema diverso, moi rico, no que calquera proposta creativa ten cabida e polo tanto, vai chegarlle ao seu público”. Algo que –di Prado- “hai vinte un anos, cando inaugurabamos o festival na vella Estación Marítima, parecía impensable”.

Mais aí está Viñetas 2018 para demostralo. “Aprobamos a reválida, iso dende logo –ironiza Miguelanxo Prado- e por riba, a auditoría achéganos uns resultados sobradamente positivos”. Dunha banda, o Salón coruñés foi quen de sumarlle, a todos eses artistas consagrados que acudiron este ano, “a xente emerxente que marca o que vai ser o cómic do próximo decenio”. Pola outra, os “razoablemente bos resultados” que recolleu a feira editorial nesta edición.

“A sensación no ámbito editorial –resume Miguelanxo Prado- é de consolidación e ata de crecemento. Os proxectos editoriais que se puxeron en marcha nos últimos tempos e tamén os que sobreviviron á crise, amosan unha recuperación do crecemento”. Nese sentido, engade o máximo responsable de Viñetas, “é precisamente a convivencia no mercado das grandes editoriais e mais desoutras fórmulas emerxentes xusto o que garante ese ecosistema variado do que gozamos neste momento, tal e como amosou esta XXI edición”.

Miguelanxo Prado non agocha a súa satisfacción pola espectacular acollida que, un agosto máis, lle dispensou ao festival coruñés de cómic a cidadanía, tanto a propia como a foránea. “Por máis edicións que levemos ás costas, segue a ser un orgullo tremendo ver como todas as salas se enchen de visitantes, xornada tras xornada”. Tanto é así que, coma sempre, as exposicións manteranse na Coruña ata o 9 de setembro, non só para aqueles que non tiveron a oportunidade de contemplalas ata o de agora, senón tamén, como sinala Prado, “para os que prefiren agardar a que pase esta semana de convidados e charlas diarias e pasarse despois polo Kiosco, ou por Durán Loriga ou María Pita ou o Palexco, e gozalas con calma”.

A presenza en esta XXI edición daqueles autores que chegaban hai anos a Viñetas co seu primeiro traballo baixo o brazo e hoxe xa son referentes indiscutibles na banda deseñada con maiúsculas resultou especialmente grata para o director do Salón, quen, así e todo, declara sen ambaxes “a súa alegría e tranquilidade” diante da incorporación deses novos nomes “con moitísimo talento e idades por debaixo dos 30 anos” que –vaticina Miguelanxo Prado- “dentro doutros vinte anos van ser os referentes da banda deseñada española e mais a galega”.

MIGUELANXO PRADO: “VIÑETAS EVIDENCIA A RIQUEZA CREATIVA E O TALENTO DE TODAS AS XERACIÓNS QUE HOXE CONFORMAN O CÓMIC ESPAÑOL E MAIS O GALEGO”2018-08-13T11:55:34+01:00

MUNUERA E DOUS DOS AUTORES GALEGOS MÁIS INTERNACIONAIS, DAVID RUBÍN E EMMA RÍOS, PECHAN AS CHARLAS DE VIÑETAS

2018-08-10T11:44:45+01:00

Outro dos pratos fortes do día será a derradeira sesión de firmas dos debuxantes invitados. Terá lugar entre as 12 h e as 13.30 h, na planta baixa do Kiosco Alfonso

MUNUERA E DOUS DOS AUTORES GALEGOS MÁIS INTERNACIONAIS, DAVID RUBÍN E EMMA RÍOS, PECHAN AS CHARLAS DE VIÑETAS

José Luis Munuera ten a cita ás 18.15 horas e Rubín e Ríos, ás 19.30 horas

  • Ás 18,30 h, na carpa da feira editorial (Rúa da BD), haberá un novo obradoiro de máscaras organizado polas Bibliotecas Municipais. Tamén se desenvolverán presentacións,  coma a dos traballos dos alumnos da escola O Garaxe Hermético

 

As actividades paralelas de Viñetas 2018 rematan mañá sábado coas charlas de José Luís Munuera, un dos debuxantes españois con máis proxección no mercado francobelga e a de dous dos debuxantes galegos con máis éxito no mercado americano,David Rubín e Emma Ríos. Munuera departirá co público a partir das 18.15 horas. Será, coma sempre, no Kiosco Alfonso. sede central do Festival Internacional que promove a concellería de Culturas do Concello coruñés. A quenda de Rubín e Ríos será a partir das 19.30 horas. Nese mesmo lugar, pero na planta baixa, discorrerá a derradeira sesión de firmas dos autores invitados. Será dende o mediodía ata as 13,30 horas.

Na carpa da feira editorial (Rúa da BD) volverán a repetirse, a iso das 18.30 horas, os obradoiros de máscaras que organizan as Bibliotecas Municipais. Presentaranse tamén publicacións, coma as realizadas polos alumnos da Escola galega de Cómic O Garaxe Hermético.

José Luís Munuera, autor que asina este ano o cartel de Viñetas 2018, é un dos autores españois que triunfan no mercado fracobelga. De feito, na actualidade é o encargado de darlle vida ao vílano por excelencia da serie de Spirou, o mítico Zorglub, unha das personaxes máis carismáticas da historieta francesa. Leva tamén a súa firma a serie Os Campbell, as entretidas aventuras dunha peculiar familia de piratas; o que vén ser un dos seus máis persoais e ambiciosos proxectos. Merlin, Sir Pyle S. Culape, Nävis, e varios álbums da serie Las aventuras de Spirou y Fantasio, unha das sagas máis icónicas do cómic francobelga, son tamén responsabilidade do debuxante murciano.

A carreira de David Rubín é meteórica. Viñetas desde o Atlántico foi testemuña. Desde os seus inicios como integrante fundamental do colectivo Polaqia, ata a súa nominación este ano para catro premios Eisner, os máximos galardóns do mundo do cómic. Coa súa primeira obra longa, El circo del desaliento, foi nomeado como autor revelación no Salón Internacional do Cómic de Barcelona,en 2006; con Onde ninguén pode chegar, gañou o premio Castelao ese mesmo ano, e a súa novela gráfica La tetería del oso malayo alzouse co galardón ao autor revelación do Salón de Barcelona 2007; finalista asemade do I Premio Nacional de Cómic. Desde entón Rubín non parou. En 2016 realiza xunto a Marcos Prior a novela gráfica Gran Hotel Abismo á vez que se embarca en Ether, a súa terceira incursión no mercado americano, agora xunto a Matt Kindt. Na actualidade está debuxando o tomo 2 e a serie Rumble, recentemente publicada no noso país. Por riba, segue traballando en varios episodios da serie Black Hammer.

De debuxar e editar os seus propios fanzines, a arquitecta e debuxante galega Emma Ríos pasou a traballar para o mercado americano. Participou en series de Marvel como Runaways, Dr. Estraño, Firestar, The Amazing Spider-Man, Osborn, Heralds ou Capitain Marvel. Desta etapa destacan especialmente o segundo volume de Estraño, Doctor Estraño. Primeira tempada, a reinterpretación da orixe deste mesmo personaxe que fixo xunto ao guionista Greg Pak e, sobre todo, os seis primeiros números do volume VI de Captain Marvel, titulado no noso país Capitana Marvel. Anhelando volar, guionizados por Kelly Sue DeConnick. Ríos chegaría a ter unha grande amizade con esa guionista, o que a levaría, en última instancia, a abandonar a famosa editorial para poder crear os seus propios proxectos. Primeiro foi Bella Muerte, con guión da citada DeConnick, nomeada a varios Eisner en 2014 e que gañou en 2015 o Premio á Mellor Obra Internacional no festival Expocómic. A súa seguinte obra sería I. D., que foi igualmente nomeada á mellor antoloxía nos premios Eisner de 2017. O seu traballo máis recente é un guión xunto á debuxante Hwei Lim, autora para a que xa escribiu Mirror.

A exposición de José Luís Munuera está na Sala Municipal de Palexco, e as de David Rubín e Emma Ríos, no Kiosco Alfonso. O horario de apertura é de 12 h a 14  h e de 18 h a 22 horas.

Rúa da BD

Este sábado sucederanse as presentacións na carpa da feira editorial (Rúa da BD). Ás 12 horas Mais futvol por fabor, con Manel Cráneo e Leandro Barea. A partir das 13 horas, TAM de Anémona de Río, Premio Fin de Curso 2017 da Escola O Garaxe Hermético, e a novela gráfica colectiva O Picoto do Pai, realizada tamén por alumnos do Curso Profesional de BD desa escola galega. En ambos casos a presentación correrá a cargo deKiko da Silva, quen, ás 18.30 horas, presentará o primeiro número da revista trimestral de BD A viñeta de Schrödinger.

MUNUERA E DOUS DOS AUTORES GALEGOS MÁIS INTERNACIONAIS, DAVID RUBÍN E EMMA RÍOS, PECHAN AS CHARLAS DE VIÑETAS2018-08-10T11:44:45+01:00

OS DEBUXANTES XOSÉ TOMÁS E ÁNGEL DE LA CALLE CHARLARÁN MAÑÁ VENRES COS AFECCIONADOS

2018-08-09T12:06:06+01:00

A primeira sesión de firmas dos autores invitados desta XXI edición do Festival de Cómic coruñés será entre as 18 h e as 20 horas

OS DEBUXANTES XOSÉ TOMÁS E ÁNGEL DE LA CALLE CHARLARÁN MAÑÁ VENRES COS AFECCIONADOS

A charla de Tomás será a partir das 18.15 h e a de Ángel de la Calle, ás 19.30 h. Ambas as dúas, no salón de actos do Kiosco Alfonso

  • Na carpa da feira editorial (Rúa da BD) haberá, entre as 18.30 h e as 19.30 h, un obradoiro infantil de elaboración de máscaras organizado polas Bibliotecas Municipais que volverá a repetirse o sábado nese mesmo horario. Mañá tamén se presentará o fanzine “Nai dos desterrados nº 2”, no que colabora Amnistía Internacional (19.30 h).

 

O debuxante galego Xosé Tomás e mais o asturiano Ángel de la Calle departirán mañá cos afeccionados dentro do calendario de charlas de Viñetas desde o Atlántico. Tomás, a partir das 18.15 horas e, deseguido, ás 19,30 h, De la Calle. Será, coma sempre, na última planta do Kiosco Alfonso, a sede central do Festival de Cómic que promove o Concello coruñés. Nese mesmo lugar, pero na planta baixa, celebrarase mañá unha das propostas máis esperadas, a primeira sesión de firmas cos autores invitados. A sesión desenvolverase entre as 18 e as 20 horas.

Na carpa da feira editorial (Rúa da BD) terán lugar varias presentacións. por exemplo, a da publicación Nai dos desterrados nº 2, na que colabora Amnistía Internacional. Igualmente, a partir das 18.30 horas, haberá un obradoiro infantil de elaboración de máscaras organizado polas Bibliotecas Municipais.

Xosé Tomás é Ilustrador, humorista gráfico e profesor. Publica acotío unha viñeta cómica en La Voz de Galicia, e fai humor gráfico para as publicacións Tempos Novos e Revista Galega de Educación. O groso da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil, eido no que traballou para editoriais como Xerais, Edebé, Baía, Galaxia, Parramón, Bromera ou Planeta. Dos máis de 30 libros que ilustrou, destaca a serie Rodribico, con textos de Manuel Guisande. Outras das súas obras son Tolos, que fixo para a Universidade coruñesa; Compañeiros. Homenaxe ás vítimas do Portiño, un encargo da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña; e mais Proxecto Terra, para o Colexio de Arquitectos de Galicia. Tamén foi un dos autores habituais da revista de cómic Golfiño.

Ángel de la Calle publicou historias desde mediados dos 70 en emblemáticas revistas como Star, Bésame Mucho, Rambla e Rampa-Rambla, Zona 84 e Comix Internacional. Modotti una mujer del siglo vente, a biografía desa fotógrafa e activista política, supuxo un punto de inflexión na súa obra. Publicada en multitude de países, está considerada unha das novelas gráficas de referencia da moderna historieta española. O seu último traballo, Pinturas de Guerra, alzouse co premio á Mellor Obra no último Saló do Cómic de Barcelona. Ademais de historietista, Ángel de la Calle é responsable das actividades de cómic da Semana Negra de Xixón, da que é organizador desde os seus inicios en 1987. Creou, en 1996, as Xornadas Internacionais do Cómic Vila de Avilés, das que é co-director.

A exposición do traballo de Ángel de la Calle é no Kiosco Alfonso, e a de Xosé Tomás, na Sala Municipal de Palexco. O horario de visitas nas dúas salas é de 12 h a14 h e de 18 h a 22 horas.

Mañá, día 10, pola mañá, desenvolveranse varias presentacións na carpa do Festival: Gol, ás 12 horas, e O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia, que contarán coa presenza, respectivamente, de Toko e Mikel Santos “Belatz”.

OS DEBUXANTES XOSÉ TOMÁS E ÁNGEL DE LA CALLE CHARLARÁN MAÑÁ VENRES COS AFECCIONADOS2018-08-09T12:06:06+01:00

O “HISTÓRICO” ILUSTRADOR JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ CONVERSARÁ MAÑÁ NO KIOSCO ALFONSO COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS

2018-08-09T11:55:41+01:00

Os rapaces dos 70 e dos 80 recordarano debuxando en vivo en programas infantís como Un globo, dos globos, tres globos, Dabadabadá ou Sabadabadá

O “HISTÓRICO” ILUSTRADOR JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ CONVERSARÁ MAÑÁ NO KIOSCO ALFONSO COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS

A charla do autor dos emblemáticos carteis do PSOE de 1974 e 1979 e a novela gráfica Moby Dick será a partir das 19.30 horas, no salón de actos

  • Os autores invitados viaxarán mañá a Santiago, seguindo unha tradición de Viñetas, mentres que na carpa do Festival se sucederán  as presentacións, coma a de “Os Lobos de Moeche”, conmemorativa do 550 aniversario das revoltas irmandiñas

Un dos referentes indiscutibles da ilustración en España, José Ramón Sánchez, será o protagonista este xoves das charlas en Viñetas desde o Atlántico. Sánchez conversará cos afeccionados a partir das 19.30 horas no salón de actos do Kiosco Alfonso, sede central do Festival promovido pola concellería de Culturas do Concello coruñés. Os autores convidados nesta XXI edición do Salón Internacional cumprirán tamén mañá cunha tradición: viaxar a Santiago de Compostela. Na carpa da feira editorial (Rúa da BD) terán lugar durante todo o día varias presentacións, entre elas, a da publicación Os lobos de Moeche, que conmemora o 550 aniversario das revoltas irmandiñas.

A maioría dos que eran rapaces na década dos 80 lembran a José Ramón Sánchez debuxando en vivo en programas infantís de televisión comoUn globo, dos globos, tres globos, Dabadabadá e Sabadabadá. Da súa autoría son asemade os emblemáticos carteis electorais do PSOE para as eleccións xerais de 1974 e de 1979; hoxe por hoxe, un clásico da ilustración española.

Sánchez, Premio Nacional de Ilustración en 2014, colaborou a principios dos oitenta en numerosos programas infantís coma Un globo, dos globos, tres globos,  Sabadabadá, Dabadabadá ou El kiosco. Tamén levan a súa sinatura a longametraxe de debuxos animados El desván de la fantasía; as coleccións de contos 50 años de cine español ou Don Quijote de La Mancha e a de debuxos La gran aventura del cine. Ademais de continuar co seu labor como ilustrador, en 2017, xa cumpridos os 80 anos,  descubre a riqueza da linguaxe da historieta cunha obra de gran beleza plástica, a adaptación da novela Moby Dick, de Herman Melville.

Os orixinais de José Ramón Sánchez están na sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita. O horario de visitas é de 12 h a14 h e das 18 h ás 22 horas.

Continúan, doutra banda, as actividades na carpa do Festival. A partir da 13 horas serán as das publicacións Os lobos de Moeche, sobre as revoltas irmandiñas, e A Fraga Milmañas, con Carlos Amil e Manel Cráneo. Xa pola tarde, a partir das 20 horas, será a quenda da revista La Resistencia.

O “HISTÓRICO” ILUSTRADOR JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ CONVERSARÁ MAÑÁ NO KIOSCO ALFONSO COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS2018-08-09T11:55:41+01:00

CONS, DURÁN E GINER SERÁN ESTE MÉRCORES OS PROTAGONISTAS DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS

2018-08-07T19:22:00+01:00

O debuxante galego falará do seu último traballo, unha triloxía sobre o mito maia do “cancerbeiro dos deuses”. Durán e Giner farano da súa última colaboración, que trata do accidente do metro de Valencia.

CONS, DURÁN E GINER SERÁN ESTE MÉRCORES OS PROTAGONISTAS DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS

A charla de Tirso Cons será de 18.15 h a 19.15 h, e a do tándem Durán-Giner, entre as 19.30 h e as 20.30 h; as dúas, na sala de conferencias do Kiosco Alfonso.

  • Mañá comezan as actividades na carpa do Festival, instalada na Rúa da BD, onde tamén se celebra a tradicional feira editorial que aglutina a máis dunha trintena de librarías e editoriais chegadas de toda España. Abrirá o calendario, ás 12 horas, a presentación de “Unha historia de Vimianzo”, do debuxante Rubén Rial con textos de Manuel Rial. Ás 13 horas será o turno para “As mellores viñetas de Santy Gutiérrez. 

O creador galego Tirso Cons abrirá mañá mércores as charlas cos afeccionados en Viñetas desde o Atlántico. A continuación será a quenda do tándem creativo que forman os valencianos Cristina Durán e Miguel Ángel Giner. Ademais de falar de toda a súa traxectoria, estes tres invitados do Festival que promove o Concello coruñés afondarán nos seus traballos máis recentes. Cons contará detalles do seu último proxecto, no que se achega a un dos mitos da cultura maia, “o cancerbeiro dos deuses”, e Durán e Giner da súa última creación conxunta El día 3, cuxa temática é o accidente de metro de Valencia e mais todo o que pasou despois. A charla do debuxante galego será a partir das 18.15 h e a dos autores valencianos a partir das 19.30 h; todas na sala de conferencias do Kiosco Alfonso.

Tirso Cons, pontevedrés afincado en Madrid, deuse a coñecer internacionalmente con La casa de los susurros (Lles Humanoïdes Associés), baixo guións do madrileño David Muñoz e a cor de Javi Montes. Desa obra editáronse tres álbums. Unha curiosidade: a primeira edición integral apareceu en lingua galega (Patito Editorial) e mesmo antes que en Francia, onde se publicou orixinalmente. Tras este traballo, sacou do prelo Las crónicas de la Legión, co coñecido guionista francés Fabien Nury, unha reviravolta orixinal ao tema vampírico. Desde 2017 traballa en Trackers, o arma perdida dos deuses, de novo con Muñoz, unha triloxía sobre a procura do mito maia do “Cancerbeiro dos deuses”.

Cristina Durán e Miguel Ángel Giner teñen unha biografía creativa e un estudio común. Ambos os dous son autores de varias novelas gráficas como Una posibilidad entre mil, La máquina de Efrén e Cuando no sabes qué decir. A principios deste ano publicaron a obra El día 3, que asinan coa xornalista Laura Ballester. Trata, como xa se mencionou, do accidente de metro de Valencia. Tamén publicaron outros cómics coma son Pillada por ti, Vicente Blasco Ibáñez. Una vida apasionante, e participaron no álbum colectivo Viñetas de vidapara Oxfam Intermón (Astiberri). En 1993 crearon LaGRÚAestudio, onde traballan desde entón como debuxantes de cómic e ilustradores. Os dous están ligados á Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV), que presidiron en distintos momentos. Giner escribiu tamén o libro-cómic Anna Dédalus detective. El misterio de la mansión quemada, e xa como debuxante Astucia Laperla. Luna roja, corazón negro. Tamén é profesor na Facultade de Belas Artes e na Escuela Superior de Arte e Tecnoloxía de Valencia. Os dous están ligados á Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV).

As exposicións que exhiben o traballo de Tirso Cons, Cristina Durán e Miguel Ángel Giner están na Sala Municipal de Palexco. O horario de visitas é de 12 h a 14 h y de 18 h a 22 horas.

Rúa dá BD

Mañá abrirán tamén as actividades na carpa do Festival, instalada na Rúa dá BD, onde se celebra a feira editorial. Ás 12 preséntase “Unha historia de Vimianzo”, de Rubén e Manuel Rial. Ás 13 horas, Manel Cráneo presentará “As mellores viñetas de Santy Gutiérrez”, co propio Santy Gutiérrez.

CONS, DURÁN E GINER SERÁN ESTE MÉRCORES OS PROTAGONISTAS DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS2018-08-07T19:22:00+01:00

OS DOUS DEBUXANTES DE MILLENIUM, JOSEP HOMS E BELEN ORTEGA, PARTICIPARÁN MAÑÁ NAS PRIMEIRAS CHARLAS DE VIÑETAS

2018-08-06T13:10:51+01:00

Abrirá o calendario de encontros cos afeccionados a autora de “Resaca”e “Desastre”, a aragonesa Mamen Moreu

OS DOUS DEBUXANTES DE MILLENIUM, JOSEP HOMS E BELEN ORTEGA, PARTICIPARÁN MAÑÁ NAS PRIMEIRAS CHARLAS DE VIÑETAS

Os encontros serán na sala de conferencias do Kiosco Alfonso, a sede central do Festival, entre as 18.15 horas e as 20.30 horas

Viñetas 2018 exhibe a consolidación no panorama internacional dun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións do Salón coruñés como autores noveis, como é o caso de Homs ou dos galegos David Rubín e Emma Ríos

A debuxante aragonesa Mamen Moreu abrirá mañá martes o calendario de charlas de Viñetas 2018. A autora de Resaca conversará co público a partir das 18.15 horas no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Salón Internacional coruñés; un festival impulsado pola concellería de Culturas do Concello. Tamén departirán cos afeccionados os dous debuxantes españois que fixeron a versión en cómic para o mercado francés da coñecida obra literaria sueca Millenium. Josep Homs e Belén Ortega falarán dese traballo e doutros dos seus éxitos a partir das 19.30 horas no mesmo escenario.

Coa súa primeira novela gráfica, Resaca, Mamen Moreu estivo nomeada ao premio Autor Revelación no Salón do Cómic de Barcelona de 2015, así como á Mellor Obra, Mellor Guión e Mellor Debuxo nos IV Premios do Cómic Aragonés de 2014. Publicou as súas primeiras tiras na revista satírica El Jueves, en cuxas páxinas apareceu por primeira vez o personaxe protagonista do seu primeiro cómic, Marcela. Desastre, Institutos e Todas putas, los cuentos gráficos ou ben Teresa Perales Cómics, o álbum colectivo sobre a vida persoal e profesional da coñecida nadadora paraolímpica, son outros títulos que levan a firma desta autora aragonesa. A exposición do seu traballo colga na Sala Municipal de Exposicións Palexco. O horario de apertura é de 12 h a 14 h e de 18 h a 22 horas.

Josep Homs é un dos debuxantes españois con máis proxección no mercado francobelga.La anciana que nunca jugó al tenis foi a obra coa que conquistou ao público francés e que repetiu con El Angelus. Tamén traballou para o cómic americano en series como Blade, Marvel Westerns e Rede Sonja. Homs foi o autor encargado de debuxar o primeiro tomo da adaptación ao cómic de Millenium, a famosa triloxía de novelas do sueco Stieg Larsson, traballo que lle supuxo a súa definitiva consolidación no mercado francés. Homs vén por segunda vez a Viñetas desde o Atlántico e faino tras publicar Shi, un dos seus últimos traballos; unha impactante obra ambientada na Exposición Universal de Londres de 1851 con guión de Zidrou, na que narra a historia da amizade de dúas mulleres de distinta nacionalidade.

Belén Ortega debuxa actualmente a continuación do éxito literario Millenium que iniciou Homs. Apaixonada da cultura xaponesa, publicou en 2007 o primeiro capítulo de Himawari, unha historia de samurais ambientada no Xapón medieval que apareceu no primeiro número da revista Line Mangazine. A súa distribución no Salón do Manga de Barcelona outorgoulle o premio popular de Ficomic como Mellor Manga Español de 2008. A obra tería continuidade en 2011 con Liña Gaijin, a súa primeira obra longa profesional. Son da súa autoría tamén Pájaro Indiano e Marc Márquez: La historia de un sueño, que relata a vida do famoso piloto.

As exposicións que mostran o traballo de Josep Homs e Belén Ortega se exhiben no Kiosco Alfonso. O horario de apertura é de 12 h a 14 h e de 18 h a 22 horas.

A vixésimo primeira edición de Viñetas desde O Atlántico pon especial énfase en mostrar a consolidación no panorama internacional dun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións do Festival coruñés como autores noveis. É o caso de Emma Ríos ou David Rubín, nomeados en varias ocasións aos premios Eisner, ou tamén de Homs e Munuera, hoxe indiscutiblemente consagrados. “A todos eles, que teñen un lugar específico no mercado internacional, vímolos medrar en Viñetas ”, explica Miguelanxo Prado, director do Salón Internacional.

OS DOUS DEBUXANTES DE MILLENIUM, JOSEP HOMS E BELEN ORTEGA, PARTICIPARÁN MAÑÁ NAS PRIMEIRAS CHARLAS DE VIÑETAS2018-08-06T13:10:51+01:00

VIÑETAS INAUGÚRASE O LUNS ACHEGÁNDOSE ÁS ÚLTIMAS OBRAS DUN GRUPO DE CREADORES CONSOLIDADOS NO PANORAMA INTERNACIONAL DA BANDA DESEÑADA

2018-08-03T13:57:08+01:00

No Salón Internacional do Cómic (6-12 de agosto) colgarán os traballos máis recentes dos consagrados Homs, Rubín, Munuera ou Emma Ríos, convidados noveis nas primeiras edicións do certame coruñés.

VIÑETAS INAUGÚRASE O LUNS ACHEGÁNDOSE ÁS ÚLTIMAS OBRAS DUN GRUPO DE CREADORES CONSOLIDADOS NO PANORAMA INTERNACIONAL DA BANDA DESEÑADA

Entre os invitados, José Ramón Sánchez, o ilustrador que debuxou os carteis electorais do PSOE das primeiras eleccións municipais da democracia, que vén a Viñetas cos orixinais do seu primeiro e sorprendente traballo de banda deseñada: unha adaptación de Moby Dick

  • Xunto con Emma Ríos, o XXI Salón Internacional trae á cidade outras tres autoras de referencia, Belén Ortega, Mamen Moreu e Cristina Durán; cada unha delas cun xeito de contar historias moi diferente e persoal

  • Xosé Tomás e Tirso Cons completan o cadro galego da oferta de Viñetas desde o Atlántico 2018, que inclúe ademais entre os seus invitados a Ángel de la Calle, autor de Pinturas de Guerra, galardoada co premio á mellor obra no último Salón del Cómic de Barcelona

  • O cartel é da autoría dun dos creadores presentes nesta edición do festival, José Luis Munuera.

 

O luns, ás sete da tarde, abrirá as portas a XXI edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. A estrea desta terceira década do festival servirá para confirmar a consolidación no panorama internacional dun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións de Viñetas como autores noveis. “É o caso de Emma Ríos ou David  Rubín, nomeados en reiteradas ocasións aos premios Eisner, e tamén de Homs ou  Munuera, hoxe indiscutiblemente consagrados”, explica Miguelanxo Prado, director do Salón. “A todos eles, que hoxe teñen un lugar específico no mercado internacional –xa sexa americano ou franco-belga-, vímolos medrar desde as súas primeiras historias ata as máis recentes, cuxos orixinais se expoñerán nesta vixésimo primeira edición do Festival”.

O XXI Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, impulsado pola Concellería de Culturas do Concello da Coruña, contará tamén con outro importante convidado, o ilustrador José Ramón Sánchez. Trátase dun protagonista da memoria colectiva das xeracións que viviron a transición: o autor daqueles coloristas carteis electorais cos que o PSOE concorreu ás primeiras eleccións municipais democráticas. “Sánchez, Premio Nacional de Ilustración 2014, permítenos darlle volta á ecuación; mirar alén do espello respecto ao caso dos autores que creceron en paralelo a Viñetas”, explica Miguelanxo Prado. “Estamos ante un caso singular, o dun ilustrador referente para decenas de profesionais ao longo das últimas décadas que, aos seus 80 anos, descobre a linguaxe da banda deseñada e nos sorprende cunha adaptación de Moby Dick que é unha peza excepcional”.

Modos narrativos moi persoais

Tres creadoras achéganlle ao festival visións moi persoais no campo narrativo. Son Cristina Durán, que xunto con Miguel Ángel Giner é a autora de Una posibilidad entre mil, Cuando no sabes qué decir ou El día 3, un cómic eminentemente social. Belén Ortega (Pájaro Indiano), que tomou o relevo de Homs e agora debuxa o éxito literario Millenium para o mercado francés. E Mamen Moreu, autora de Enjambre, Todas putas, los cuentos gráficos, Resaca ou Desastre.

Outro dos invitados a Viñetas 2018 é Ángel de la Calle, un autor recentemente premiado no Salón del Cómic de Barcelona pola súa obra Pinturas de Guerra. De la Calle xa sorprendera con Modotti, una mujer del siglo XX, publicada en multitude de países e premio á Melhor surpresa editorial no Brasil en 2006, hoxe por hoxe considerada unha das novelas gráficas de referencia da moderna historieta española.

O “Shi” de Homs e o “Zorglub” de Munuera

Homs, cuxos orixinais de La anciana que nunca jugó al tenis e mais El ángelus xa estiveron presentes en anteriores edicións de Viñetas, volve este ano ao Salón para mostrar as súas últimas creacións. Trátase de Millenium, unha adaptación da triloxía do sueco Stieg Larsson con guión de Sylvain Runberg, e Shi, a impactante obra ambientada na Exposición Universal de Londres de 1851 con guión de Zidrou, na que Homs narra a historia da amizade de dúas mulleres de distinta nacionalidade. Munuera, pola súa banda, autor do cartel deste Viñetas 2018, trae a Coruña as súas máis recentes publicacións, Los Campbell e Zorglub.

Xunto con Emma Ríos (Hexed, Capitán Marvel, Anhelando volar, Bella Muerte, Mirror) e David  Rubín (La tetería del oso malayo, El héroe, Black Hammer 2, Sherlock  Frankenstein y la legión del mal) completan o cadro de creadores galegos Xosé Tomás (Rodribico, Nómades, Animalia) e Tirso Cons (El ojo del diablo, A mansión dos  murmuios, Trackers).

Tal e como é costume, nesta edición expoñeranse os orixinais do último premio Castelao de Banda Deseñada, que edita a Deputación da Coruña. Trátase de O corpo de Cristo, da autora Beatriz Lema Rivera. No transcurso de Viñetas darase a coñecer ademais o autor galardoado co Castelao 2018. Na mesma sala na que colgará o Castelao (Salvador de Madariaga) haberá outra mostra, Squeeze-Oh! Cómic contemporáneo galego, dedicada ao cómic independente e comisariada por Rubén Romero. Pola súa parte, a escaleira da Torre de Hércules servirá de excepcional lenzo no que colgará a colección de carteis das vinte edicións previas do Salón.

Por riba das exposicións, esta semana haberá encontros cos autores convidados ao Salón, presentacións editoriais, actividades paralelas e a tradicional Feira da Historieta. Viñetas 2018 levanta o pano o luns día 6. Transformará a urbe coruñesa nun escenario de cómic ata o domingo 12. As exposicións, no entanto, continuarán abertas ata o 9 de setembro.

VIÑETAS INAUGÚRASE O LUNS ACHEGÁNDOSE ÁS ÚLTIMAS OBRAS DUN GRUPO DE CREADORES CONSOLIDADOS NO PANORAMA INTERNACIONAL DA BANDA DESEÑADA2018-08-03T13:57:08+01:00

VIÑETAS ENTRA NA SÚA TERCEIRA DÉCADA DA MAN DUN GRUPO DE CREADORES CONSOLIDADOS INTERNACIONALMENTE EN PARALELO AO FESTIVAL

2018-07-04T09:22:11+01:00

O Salón Internacional do Cómic (6-12 de agosto) achegaranos os traballos máis recentes dos consagrados  Homs, Rubín, Munuera ou Emma Ríos, convidados noveis nas primeiras edicións do certame coruñés

VIÑETAS ENTRA NA SÚA TERCEIRA DÉCADA DA MAN DUN GRUPO DE CREADORES CONSOLIDADOS INTERNACIONALMENTE EN PARALELO AO FESTIVAL

Contará tamén con José Ramón Sánchez, o ilustrador que debuxou os carteis electorais do PSOE das primeiras eleccións municipais da democracia, co seu primeiro e moi sorprendente traballo de banda deseñada: unha adaptación de Moby Dick

  • Xunto con Emma Ríos, están convocadas outras tres autoras de peso, Belén Ortega, Mamen Moreu e Cristina Durán; cada unha cun xeito de contar historias moi diferente e persoal

  • Xosé Tomás e Tirso Cons completan o cadro galego da oferta de Viñetas desde o Atlántico 2018, que inclúe ademais entre os seus invitados a Ángel de la Calle, autor de Pinturas de Guerra, galardoada co premio á mellor obra no último Salón Internacional del Cómic de Barcelona

  • O cartel é da autoría dun dos creadores presentes nesta vixésimo primeira edición do festival, José Luis  Munuera 

 

A Coruña, 4 de xullo de 2018. Viñetas estrea década. A terceira. E o fai confirmando a consolidación no panorama internacional dun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións de Viñetas como autores noveis. “É o caso de Emma Ríos ou David  Rubín, nomeados en reiteradas ocasións aos premios Eisner, e tamén de Homs ou  Munuera, hoxe indiscutiblemente consagrados”, explica  Miguelanxo Prado, director do Salón. “A todos eles, que teñen hoxe un lugar específico no mercado internacional, vímoslles medrar desde aquelas primeiras historias ata as máis recentes, cuxos orixinais se expoñerán nesta vixésimo primeira edición do Festival”.

O XXI Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, impulsado pola Concellería de Culturas do Concello da Coruña, contará tamén con outro importante convidado, o ilustrador José Ramón Sánchez. Trátase dun protagonista da memoria colectiva das xeracións que viviron a transición: o autor daqueles coloristas carteis electorais cos que o PSOE concorreu ás primeiras eleccións municipais  democráticas. “Sánchez, Premio Nacional de Ilustración 2014, permítenos investir a ecuación; mirar alén do espello respecto ao caso dos autores que creceron en paralelo a Viñetas”, explica Miguelanxo Prado. “Estamos ante un caso singular; o dun ilustrador referente para decenas de profesionais ao longo das últimas décadas que, aos seus oitenta anos, descobre a linguaxe da banda deseñada e nos sorprende cunha adaptación de Moby Dick que é unha peza excepcional”.

Creadoras con modos narrativos moi persoais

Tres creadoras achegan ao festival visións moi persoais no campo narrativo. Cristina Durán, que xunto con Miguel  Ángel Giner, é a autora de Una posibilidad entre mil, Cuando no sabes qué decir ou El día 3, un cómic eminentemente social. Belén Ortega (Pájaro Indiano), que tomou o relevo de Homs e debuxa o  éxito literario Millenium, para o mercado francés. E Mamen Moreu, autora de Enjambre, Todas putas, los cuentos gráficos, Resaca ou Desastre.

Outro dos invitados a Viñetas 2018 es  Ángel de la Calle, autor recentemente premiado no último Salón del Cómic de Barcelona pola súa obra Pinturas de Guerra. De la Calle xa sorprendera con Modotti, una mujer del siglo XX, publicada en multitude de países e premio á Melhor surpresa editorial no Brasil en 2006; hoxe en día considerada unha das novelas gráficas de referencia da moderna historieta española.

O “Shi” de Homs e o “Zorglub” de Munuera

Homs, cuxos orixinais de La anciana que nunca jugó al tenis e mais El ángelus xa estiveron presentes en anteriores edicións de Viñetas, volve ao Salón para mostrar as súas últimas creacións. Trátase de Millenium,  unha adaptación da triloxía do sueco Stieg Larsson con guión de  Sylvain  Runberg, e Shi, a impactante obra ambientada na Exposición Universal de Londres de 1851, con guión de Zidrou, na que Homs narra a historia da amizade de dúas mulleres de distinta nacionalidade. Munuera, pola súa banda, o autor do cartel deste Viñetas2018, trae a Coruña as súas máis recentes publicacións, Los  Campbell e Zorglub.

Xunto con Emma Ríos (Hexed, Capitán  Marvel, Anhelando volar, Bella Muerte, Mirror)  e David  Rubín (La tetería del oso malayo, El héroe, Black  Hammer 2, Sherlock  Frankenstein y la legión del mal),  completan o cadro de creadores galegos Xosé Tomás (Rodribico, Nómades, Animalia) e Tirso Cons (El ojo del diablo, A mansión dos  murmuios, Trackers).

Tal e como é costume, esta edición expoñeranse ademais os orixinais do último premio Castelao de Banda Deseñada, editado pola Deputación da Coruña. Trátase de O corpo de Cristo, da autora Beatriz Lema Rivera. No trascurso de Viñetas, darase a coñecer ademais o autor galardoado co Castelao deste 2018. Na mesma sala na que colgará o Castelao (Salvador de Madariaga) haberá outra mostra adicada ao comic independente en Galicia, comisariada por Rubén Romero. Pola súa parte, a escaleira da Torre de Hércules servirá de excepcional lenzo no que colgará a colección de carteis das vinte edicións previas do Salón Internacional do Cómic da Coruña.

Ademáis das exposicións e os encontros cos autores convidados, completan a oferta do festival as figuras do cómic que toman nestes días a cidade, os obradoiros, presentacións editoriais e actividades que terán lugar na carpa ubicada nos Xardíns de Méndez Núñez, e a tradicional Feira da Historieta. Viñetas 2018 levanta o pano o luns 6 de agosto e transformará a urbe nun escenario de cómic ata o domingo 12. As exposicións, como tamén ven sendo habitual, continuarán abertas ao público varias semanas mais, nesta ocasión ata o nove de setembro.

Premio dos escritores, editores e libreiros galegos, como mellor iniciativa cultural

Viñetas desde o Atlántico foi elexida recentemente para o Premio á mellor Iniciativa cultural ou Fomento da Lectura, otourgado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Na decisión do xurado deste galardón, dada a coñecer na última gala do Libro Galego celebrada en maio en Compostela, destacouse “o tesón na traxectoria de mais de vinte anos desta iniciativa, contribuíndo a popularizar a banda deseñada e conectala coa cultura do país”.

VIÑETAS ENTRA NA SÚA TERCEIRA DÉCADA DA MAN DUN GRUPO DE CREADORES CONSOLIDADOS INTERNACIONALMENTE EN PARALELO AO FESTIVAL2018-07-04T09:22:11+01:00

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies