Belén Ortega2018-08-06T22:22:05+00:00

Bibliografía esencial:

2015 – Pájaro Indiano (Norma Editorial).

2016 – Marc Márquez. La historia de un sueño (Norma Editorial).

2017 – Millenium Saga 1 (Norma Editorial).

2017 – Himawari (Planeta Cómic).

2018 – Millenium Saga 2 (Norma Editorial).

CONFERENCIA

MARTES 7 – 19.30h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

BELÉN ORTEGA

Belén Ortega (Granada, 1986)

Apaixonada da cultura xaponesa, estudou Belas Artes na Universidade de Granada e completou os seus estudos na Human Academy de Osaka, onde viviría durante un ano e tres meses.

Comezou a debuxar profesionalmente con ilustracións e historietas para publicacións, como Sugoi MagazineOhayo! ou Generación Sur, e as revistas especializadas en manga e anime de Ares Editorial Shirase, Dokan Minami. En 2007 publica o primeiro capítulo de “Himawari”,unha historiade samurais ambientada no Xapón medievalque apareceu no primeiro número da revista Line Mangazine, que foi distribuída no Salón do Manga de Barcelona e que gañou o premio popular de Ficomic como Mellor Manga Español en 2008. A serie quedaría sen continuidade até que Ediciones Glénat a publicou en 2011 en forma de monográfico dentro da “Línea Gaijin”, sendo esta a súa primeira obra longa como profesional.

Formou parte, até finais de 2010, do colectivo de autores Kamikaze Factory Studio, desde o cal realizou traballos de ilustración para multitude de soportes (revistas, carteis, webs ou libros), como o libro colectivo didáctico Kodomo Manga paso a paso (Monsa), deseños para a campaña publicitaria de Carolina BOIX ou ilustracións para varios discos relacionados co manga e o animeVitek Anime Music Experience, Melodía Eterna de AilynEn lo profundo del bosque de Charm ou Maison Ikkoku: las canciones de la serie.

En 2011, participa no volume colectivo TBO4Japan, onde recompila debuxos e ilustracións que diferentes artistas cederon desinteresadamente para axudar as vítimas de terremoto e posterior tsunami de Xapón do 11 de marzo de 2011.

Dous anos despois, en 2013, volvería participar noutro volume colectivo, Tinta de guatiné, onde 28 debuxantes contan nunha páxina como é o seu día a día.

En 2015, publica “Pájaro Indiano” con Norma Editorial, unha fábula localizada na Costa Brava a finais do século XIX; e tamén o seu primeiro “Artbook” (Ominiky Ediciones), onde compila multitude de ilustracións.

No ano seguinte, ampliaría o seu rexistro entrando de cheo no cómic biográfico co libro  “Marc Márquez: La historia de un sueño”, onde relata a vida do famoso piloto de motocicletas.

Actualmente está debuxando a continuación do éxito literario “Millenium”, de Stieg Larsson, para o mercado francés,cuxa adaptación comezou Josep Homs, nunha nova serie titulada Millenium Saga baixo guión de Sylvain Runberg. A serie está protagonizada pola famosa hácker sueca Lisbeth Salander e os seus compañeiros da Hacker Republic.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies