VIÑETAS PECHA A SÚA XXII EDICIÓN DEMOSTRANDO UNHA VEZ MÁIS QUE SE TRATA DUN FORMATO DE FESTIVAL ÚNICO E EXITOSO

2019-08-12T11:52:49+02:00

VIÑETAS PECHA A SÚA XXII EDICIÓN DEMOSTRANDO UNHA VEZ MÁIS QUE SE TRATA DUN FORMATO DE FESTIVAL ÚNICO E EXITOSO

As actividades e a presenza de autores invitados concluíron onte domingo, aínda que todas as mostras permanecerán abertas ao público ata o vindeiro 8 de setembro.

  • O director do Salón Internacional, Miguelanxo Prado, resalta que o modelo de Viñetas é distinto ao de calquera outro do sector, “un festival amable” tanto para entendidos e autores, como para público xeral. “Esa é a nosa aposta irrenunciable”.
  • Prado destaca tamén a gran reputación acadada por Viñetas ao longo destes 22 anos e que fai posible que autores e autoras que non adoitan asistir a festivais veñan de boa gana a esta cita na Coruña e que, entre o público, sexa cada vez máis frecuente atopar non só a persoas de toda España, senón doutros países europeos e ata do outro lado do Atlántico

A Coruña, 12 de agosto de 2019.- O desenvolvemento da XXII edición de Viñetas desde o Atlántico puxo unha vez máis de manifesto a fórmula de éxito desta cita co mundo do Cómic, que se celebra cada verán na cidade da Coruña, organizado polo Concello e dentro da oferta das Festas de María Pita. “Ano tras ano temos confirmado que o modelo escollido é único entre todos os festivais do sector. Autores e profesionais transmítennos que os parámetros polos que nos decantamos desde o principio funcionan”, sinala o director de ViñetasMiguelanxo Prado, en referencia á aposta que fixo o Salón coruñés, desde o primeiro momento, por atender tanto aos intereses dos entendidos como do público xeral.

As actividades e a presenza de autores convidados de Viñetas2019 remataron onte domingo, aínda que, como en edicións anteriores, as exposicións permanecerán abertas ao público varias semanas máis. Este ano poderán visitarse ata o próximo 8 de setembro.

O director do Salón do Cómic coruñés considera necesario manter o formato de Viñetasao longo deste tempo. “Un festival que se financia con cartos públicos, aínda que debe satisfacer aos afeccionados e entendidos, non pode perder de vista o que o fixo ser o que é, un festival amable para todos, mesmo para os que na súa vida consumiron Banda Deseñada e que vemos con satisfacción percorrendo todos os anos ás nosas exposicións; esa é unha aposta irrenunciable”, sinala Miguelanxo Prado. “Mentres este equipo siga á fronte, Viñetasnon será xamais unha proposta sectorial, aspirará sempre a esa globalidade”, recalca o director, unha premisa que non exclúe, como aconteceu na edición deste ano, “mirar cara a  autores e obras que non son best-seller e non están en primeira liña”.

Prado resalta tamén a reputación que ten acadado ao longo destes 22 anos Viñetas desde o Atlántico. “Cónstanos, a través das redes sociais e do boca a boca dos convidados, que a reputación do evento non pode ser mellor”. Un exemplo diso, sinala, “é que hai moitos autores e autoras que non se prodigan en festivais, pero que non teñen ningún problema en vir a Viñetase ceder orixinais para exposicións tan longas no tempo, algo pouco normal no mundo do Cómic”.

Outra mostra do prestixio e o interese que suscita Viñetas desde o Atlántico, engade o director, é a constatación, edición tras edición, especialmente este ano, de que entre o numeroso público que visita o festival non só hai persoas de todas partes de España, senón tamén doutros países europeos e mesmo do outro lado do Atlántico. “Non é nada raro que moitos afeccionados programen as súas vacacións para facelas coincidir con Viñetas”.

VIÑETAS PECHA A SÚA XXII EDICIÓN DEMOSTRANDO UNHA VEZ MÁIS QUE SE TRATA DUN FORMATO DE FESTIVAL ÚNICO E EXITOSO2019-08-12T11:52:49+02:00

OS DEBUXANTES DAVID SALA E ALBERT MONTEYS PECHARÁN MAÑÁ AS CHARLAS DE VIÑETAS 2019

2019-08-09T12:39:50+02:00

Tamén mañá sábado terá lugar a segunda e última sesión de sinaturas dos autores invitados. Será entre as 12 h e as 13.30 horas.

OS DEBUXANTES DAVID SALA E ALBERT MONTEYS PECHARÁN MAÑÁ AS CHARLAS DE VIÑETAS 2019

Os encontros serán no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Festival Internacional do Cómic coruñés. Sala departirá co público a partir das 18.15 horas e Albert Monteys, a partir das 19.30 h

  • O debuxante francés David Sala é o autor da coñecida adaptación a cómic de “El jugador de ajedrez”, a última obra do austríaco Stefan Zweig; unha adaptación que foi todo un éxito en 2017, tanto no seu país como a versión en castelán. Trátase dunha crítica ao réxime nazi cun argumento claramente xadrecístico
  • Albert Monteys é un laureado debuxante cuxa carreira profesional está moi ligada ao semanario El Jueves, do que foi director, ata que, xunto con outros debuxantes da publicación, a abandonou por mor da prohibición de RBO de facer unha portada referente á abdicación do rei Juan Carlos I
  • Na carpa da feira editorial, Rúa da BD presentarase mañá as obras ¡Houston, tenéis un problema!, do xornalista e humorista galego Juan López Rico, O tempo cronolóxico, de Xulia Vicente e a novela gráfica Tanta Paz leves, de Tomás Guerrero

A Coruña, 9 de agosto de 2019.- Os debuxantes David Sala e Albert Monteys pecharán mañá sábado o calendario de charlas cos afeccionado de Viñetas desde o Atlántico, que se clausura este domingo. Sala intervirá a partir das 18.15 horas e o autor barcelonés, de 19.30 h en adiante. Será no lugar habitual, o salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), a sede central do Festival. A obra de Sala pode verse no Kiosco Alfonso e a de Monteys, na Sala Municipal de Exposicións Palexco.

Tamén mañá sábado pola mañá terá lugar a segunda e última sesión de sinaturas dos autores convidados desta XXII edición. Serán na planta baixa do Kiosco Alfonso, entre as 12 h e as 13.30 horas.

Humor e ecoloxismo, na Rúa da BD

Outra cita de mañá sábado na carpa da Feira Editorial, a Rúa da BD, é a presentación de ¡Houston, tenéis un problema!, obra do xornalista e humorista galego Juan López Rico, unha chamada de atención sobre o deterioro medioambiental e a perentoria necesidade de reaccionar contra o cambio climático. A presentación terá lugar ás 18.45 h e contará coa presencia do prologuista do libro, o periodista ambiental Arturo Larena. O libro está editado por Silsania Books.

A oferta da Feira inclúe, ás 12 horas, a presentación de O Garaxe Hermético e, ás 13 h, a presentación oficial e sinatura da novela gráfica Tanta paz leves, de Tomás Guerrero. Despois, xa ás 18 horas, O tempo cronolóxico, de Xulia Vicente.

David Sala

O debuxante francés David Sala é o autor da adaptación a cómic de El jugador de Ajedrez, a famosa última obra do escritor austríaco Stefan Zweig; unha adaptación que foi todo un éxito editorial en 2017, tanto no seu país como da tradución ao castelán. A obra literaria, escrita en 1941, un ano antes de que Zweig e a súa muller se suicidasen en Brasil, é unha contundente crítica ao réxime nazi cun argumento claramente xadrecístico. Moi fiel á obra literaria, David Sala optou por cargar as tintas sobre o visual, recorrendo á acuarela e a unha composición sen case que palabras, pero que capta con gran audacia todo o que transmite o texto de Zweig. Ao cabo, unha posta en escena que confire á novela gráfica do debuxante galo unha entidade propia, máis aló da obra literaria que a inspirou.

Sala estudou na prestixiosa escola Émile Cohl e comezou traballando na ilustración de cubertas para libros infantís e xuvenís. Só máis tarde se viu atraído polo mundo da banda deseñada. Debutou, con guións de Jorge Zentner, en Replay. Posteriormente, e tamén con guións de Zentner, realizou baixo o título de La diosaa serie Nicolás Eymerich, Inquisidor, unha adaptación en dous volumes das novelas de Valerio Evangelisti. Estreouse como autor en solitario con One of Us, inédito en España, un conto de ciencia ficción que critica a sociedade de consumo e o capitalismo creado nos anos da crise económica. Antes de El jugador de Ajedrez Sala publicou Cauchemar dans la rue (Pesadelos na rúa), unha adaptación da novela homónima de Robin Cook tamén inédita no noso país.

Albert Monteys

Albert Monteys leva facendo cómic dende que ten uso de razón. Na súa carreira ganou, entre outros, o Premio do Saló do Cómic de Barcelona 1994 ao Mellor Fanzine por Mondo Lirondo e ao Autor Revelación en 1996 por Calavera Lunar. Foi candidato aos Premios Eisner 2017 ao Mellor Cómic Dixital por ¡Universo!.

En 2004 chega a El Jueves, revista para a que realiza as series Tato e ¡Para ti, que eres joven!, esta última con Manel Fontdevila. Foi o seu director dende 2006 ata principios de 2011. Tivo que afrontar en 2007 o secuestro e posterior condena do semanario por un delito de inxurias ao –daquela- Príncipe Herdeiro.

Deixou El Jueves en 2014, tras de que a editorial RBA non permitise a publicación dunha portada na que se facía referencia á abdicación do rei Juan Carlos I. Acompañáronlle outros debuxantes, como Manel Fontdevila, Paco Alcázar e Bernardo Vergara. Xuntos emprenderon unha nova aventura editorial autoxestionada e dixital: a revista Orgullo y satisfacción, que en principio naceu como número único, pero que, diante da excelente acollida que acadou, decidiron converter nunha publicación dixital mensual. Desaparecía a finais de 2017.

Actualmente, Monteys está enleado en multitude de proxectos, entre eles, a serie dixital ¡Universo!,nomeada en 2017 aos Premios Eisner na categoría de mellor cómic dixital e cuxa versión en papel gañou o Premio Zona Cómic e o Premio Cómic Barcelona á mellor obra dun autor nacional publicada en 2018.

OS DEBUXANTES DAVID SALA E ALBERT MONTEYS PECHARÁN MAÑÁ AS CHARLAS DE VIÑETAS 20192019-08-09T12:39:50+02:00

AS VIÑETAS AMBIENTAIS DE JUAN LÓPEZ RICO ATERRAN EN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

2019-08-08T14:59:16+02:00

AS VIÑETAS AMBIENTAIS DE JUAN LÓPEZ RICO ATERRAN EN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

O sábado, ás 18.45 horas, preséntase ¡Houston, tenéis un problema! na caseta de actividades da Rúa dá  BD, fronte ao Kiosco Alfonso.

Interveñen:

  • Juan López Rico, xornalista e humorista gráfico, autor do libro.
  • Arturo Larena, director de EFEverde e  prologuista do libro.
  • Cristina Benito, editora de Silsania

O libro

¡Houston, tenéis un problema! é unha recompilación de viñetas de temática ambiental publicadas por López en diferentes medios, impresos e dixitais, ao longo de varios anos. Nelas, o seu autor ínstanos a reflexionar sobre o noso insólito comportamento cara ao planeta que habitamos.

As escenas ou diálogos representados viran ao redor dos principais problemas que afectan o medio ambiente e, por tanto, a nosa propia subsistencia: cambio climático, xestión dos recursos, contaminación, política enerxética ou destrución do planeta.

O autor

Juan López Rico, López, naceu en Ribadeo (Lugo) en 1955. É xornalista, profesor de aikido e humorista gráfico. Como xornalista desenvolveu todo o seu labor profesional na Axencia EFE, da que foi delegado en Galicia durante oito anos.

Comezou a publicar os seus debuxos no Correo Gallego a mediados dos anos oitenta. Desde entón, colaborou como humorista gráfico en diversos medios, como Galicia Hoxe, Galegos,  Longa Lingua,  EFEverde ou Galicia Confidencial.

AS VIÑETAS AMBIENTAIS DE JUAN LÓPEZ RICO ATERRAN EN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO2019-08-08T14:59:16+02:00

A POETA YOLANDA CASTAÑO E O “TINTINÓFILO” PEDRO REY ACUDIRÁN MAÑÁ A CONVERSAR COS AFECCIONADOS QUE SE ACHEGUEN AO KIOSCO

2019-08-08T14:46:08+02:00

Tamén este venres, día 9, pola tarde, terá lugar a primeira sesión de sinaturas dos autores convidados a esta XXII cita coa banda deseñada.

A POETA YOLANDA CASTAÑO E O “TINTINÓFILO” PEDRO REY ACUDIRÁN MAÑÁ A CONVERSAR COS AFECCIONADOS QUE SE ACHEGUEN AO KIOSCO

Os encontros serán no salón de actos do Kiosco Alfonso (na última planta), sede central do Festival Internacional de Cómic coruñés. Yolanda Castaño falará de “O puño e a letra” ás 18.15 horas. Pedro Rey, ás 19.30 h, da súa colección de exemplares e obxectos da personaxe belga

  • Yolanda Castaño, artista polifacética, presenta a súa última aventura literaria, un libro de 40 poemas da súa autoría ilustrados por debuxante galegos. Trátase do primeiro libro da tradición editorial do país que penetra nun xénero internacionalmente coñecido como “Cómic Poético”
  • As firmas serán, como é habitual, na planta baixa do Kiosco Alfonso. Desenvolveranse entre as 18 h e as 20 horas. Haberá nova convocatoria de sinaturas o sábado pola mañá, dende o mediodía e ata as 13.30 horas
  • Na carpa da feira editorial continuará o obradoiro de debuxo para nenos e mozos que dirixe Jano. Tamén se presentará a versión en galego de El salón de té del oso malayo, de David Rubín, un fanzine de Amnistía Internacional e haberá un taller de disfraces a partir das 19.30 horas, organizado polas Bibliotecas Municipais
  • Bartolomé Seguí, Premio Nacional de Cómic, que xa foi convidado a Viñetas en edicións pasadas, estará ás seis da tarde firmando exemplares na Feira da Historieta

A Coruña, 8 de agosto de 2019.- A poeta galega Yolanda Castaño Pedro Rey, coleccionista de exemplares e obxectos de Tintín, a personaxe máis coñecida do cómic belga, serán os protagonistas, mañá, venres, das charlas cos afeccionados. Castaño intervirá a partir das 18.15 horas e Rey, dende as 19.30 horas en adiante. Terán lugar no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta).

Tamén mañá, e case en paralelo ás charlas, terá lugar unha das citas máis esperadas do Festival, a sesión de sinaturas cos autores convidados. A primeira prevista nesta XXII edición do Festival Internacional coruñés desenvolverase no planta baixa do Kiosco Alfonso en horario de 18 h a 20 horas. O sábado pola mañá haberá unha segunda sesión, nesa ocasión dende o mediodía ata as 13.30 horas.

O Kiosco Alfonso acolle a mostra sobre o “cómic poético” O puño e a letra de Yolanda Castaño, ilustrado por 40 dos máis prestixiosos debuxantes galegos. Fran Jaraba, Fran Bueno, David Rubín, Miguelanxo Prado, Siro, Xaquín Marín, Cynthia Alonso, Xulia Pisón, Xosé Tomás, Santy Gutiérrez, Paula Esteban ouJano, por citarmos só algúns. A colección de Pedro Rey está exposta na Sala Municipal de María Pita. ¡Mil raios!/Tesouros dun tintinófilo! recolle as edicións atesouradas polo coleccionista compostelán en todos os idiomas aos que foi traducida a obra de Hergé. Mostra 116 exemplares, algúns en idiomas tan exóticos como o feroés.

Rúa da BD

Mañá, venres, a actividade da Feira Editorial, a carpa da Rúa da BD, será intensa. Ademais do obradoiro de debuxo para a rapazada que imparte Jano (inscrición previa e antes das 11.30 h), ás 13 h haberá presentación oficial con sinatura do autor da edición en galego de O salón de té do oso malaio, de David Rubín.

Na Feira da Historieta, nas casetas que as editoriais teñen abertas diante do Kiosco, estará ás seis da tarde, firmando exemplares, Bartolomé Seguí, Premio Nacional de Cómic, e convidado de Viñetas en edicións pasadas.

Xa pola tarde, a partir das 18.30 horas, Amnistía Internacional da Coruña, presentará o fanzine “Nai dos desterrados” con temáticas de Dereitos Humanos ilustradas por distintos autores. Pechará as actividades do día, a partir das 19.30 horas, un taller de disfraces organizado polas Bibliotecas Municipais.

Yolanda Castaño

Yolanda Castaño é unha recoñecida poeta e activa xestora cultural que dirixe festivais, obradoiros literarios, obradoiros de tradución poética e ciclos mensuais de poesía con autoras/es galegas/os e internacionais. Como poeta gañou, entre outros, o Premio da Crítica da Poesía Galega 1998, por Vivimos no ciclo das Erofaníase o Premio El Ojo Crítico 2009, por Profundidad de Campo. Tamén é autora de cinco libros de poesía infantil, ademais de editora e tradutora. A súa obra aparece representada en multitude de antoloxías, así como en numerosos festivais e encontros de toda Europa, Asia e América, e está traducida en parte a máis de 25 linguas. É, ademais, guionista, presentadora de televisión e secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), da que é directiva dende hai anos.

Como fixo anteriormente coa música, a plástica ou o audiovisual, recentemente decidiu facer un exercicio similar co cómic. O resultado é O puño e a letra, primeiro libro da tradición editorial galega que ensaia o xénero internacionalmente coñecido como Cómic Poético.

Corenta poemas da escritora son interpretados en viñetas por outros corenta debuxantes, os máis destacados do panorama galego da banca deseñada: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo / María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio e Fernando Iglesias Kohell.

O puño e a letra ganou o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Banda Deseñada 2018 e o Premio Gala do Libro Galego 2019 na categoría de Banda Deseñada.

Pedro Rey

Pedro Rey é un dos principais coleccionista españois das aventuras de Tintín, a personaxe belga saída dos lapis de Hergé. A súa afección levou a Rey a reunir exemplares de Tintín nos 116 idiomas nos que foron publicadas as súas aventuras. Algunhas das traducións que logrou atesourar este coleccionista galego son practicamente imposibles de conseguir, coma as realizadas en alguerés ou en feroés. Todos os afeccionados teñen a oportunidade de contemplar a colección completa na exposición de Viñetas desde o Atlántico Mil raios!/Tesouros dun tintinófilo, que se exhibe na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita.

A POETA YOLANDA CASTAÑO E O “TINTINÓFILO” PEDRO REY ACUDIRÁN MAÑÁ A CONVERSAR COS AFECCIONADOS QUE SE ACHEGUEN AO KIOSCO2019-08-08T14:46:08+02:00

ARTISTAS E ACTIVISTAS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL PRESENTAN MAÑÁ VENRES “NAI DOS DESTERRADOS”

2019-08-08T12:10:05+02:00

ARTISTAS E ACTIVISTAS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL PRESENTAN MAÑÁ VENRES “NAI DOS DESTERRADOS”

A ONG edita por terceiro ano consecutivo esta banda deseñada da que se están a repartir un millar de exemplares.

A presentación será mañá, ás 18.30 horas, na caseta da Feira da Historietas de Viñetas desde o Atlántico.

Autores do fanzine “Nai dos Desterrados” e activistas do grupo local de Amnistía Internacional presentarán mañá a terceira edición desta banda deseñada. O acto terá lugar mañá, venres, ás 18.30 horas na feira Viñetas desde o Atlántico.

Esta iniciativa non podería ser posible sen a colaboración desinteresada de artistas como Xulia Pisón (portada);Uxía Larrosa; Paula Esteban; Miguel Angel Vilas; Lía Rodríguez; F. Peral; Diego Burdío e Senso (María Gil e Nour Al-Hussen). Coa súa particular visión, contan historias de defensores/as dos Dereitos Humanos como Atena Daemia, ou fan referencia ao cambio climático, Siria, migración, refuxiados ou Chealsea Manning, só por citar algunhas das temáticas elixidas.

Durante a presentación, os artistas participantes explicarán que lles levou a colaborar con este fanzine e por que optaron por unha determinada temática. Ao finalizar, firmarán exemplares.

Amnistía Internacional reparte un millar de exemplares de balde nas casetas e tendas físicas de Alita Cómics (A Coruña), A Gata Tola (Santiago de Compostela Banda Deseñada (Vigo), Libraría Paz (Pontevedra), Totem (Lugo) e Sindicato del Cómic (Ourense).

ARTISTAS E ACTIVISTAS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL PRESENTAN MAÑÁ VENRES “NAI DOS DESTERRADOS”2019-08-08T12:10:05+02:00

O FERROLÁN ABEL ALVES SERÁ MAÑÁ, XOVES, O GRAN PROTAGONISTA DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

2019-08-07T14:29:18+02:00

Os autores convidados da XXII edición cumprirán este 8 de agosto coa tradicióndo Festival deiren visitar Santiago de Compostela

O FERROLÁN ABEL ALVES SERÁ MAÑÁ, XOVES, O GRAN PROTAGONISTA DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

A charla do galego celebrarase no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Festival Internacional do Cómic. Alves falará do seu traballo a partir das 19.30 horas

  • Abel Alves é o autor de “A tumba de Breogán”, unha novela gráfica ambientada en 1870 na cidade da Coruña. Ten como punto de partida as reformas que se realizaron daquela na Torre de Hércules. Pondal, Murguía ou Emilia Pardo Bazán son personaxes históricos que aparecen no conto, que está debuxada por Esteban Tolj 
  • Na carpa da Feira Editorial, a Rúa da BD, continúa o obradoiro Aprende a debuxar cómic da man de Planeta Cómic que imparte Jano

A Coruña, 7 de agosto de 2019.- Os autores convidados da XXII edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico cumprirán mañá xoves cunha das tradicións do Festival, visitaren Santiago de Compostela. Pasarán o día na capital de Galicia coñecendo a catedral e outros lugares emblemáticos da cidade. O desprazamento ata Compostela fai programar o encontro diario cos afeccionados ás 19.30 horas e estará protagonizado polo debuxante e guionista galego Abel Alves. A parolada e o coloquio co autor de Segunda Venida será, coma sempre, no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Festival coruñés.

Rúa da BD

Na carpa da Feira Editorial, a Rúa da BD, continúa o taller Aprende a debuxar cómic da man de Planeta Cómicque imparte o creador galego Jano. Esta actividade, dirixida ao público infantil e xuvenil, ten lugar todos os días, excepto o sábado, entre as 11 h e as 13,00 horas. Para participar é imprescindible inscribirse e mesmo antes das 11.30 h.

Abel Alves

O ferrolán Abel Alves traballou como humorista gráfico no diario Galicia Hoxe e participou en varios fanzines e revistas dixitais. Escribiu e debuxou a historieta Zombesse, como guionista, publicou a novela gráfica Sangre y sol, ambas en Uruguai. Tamén colaborou con diversas antoloxías da Asociación Uruguaia de Creadores de Historieta. O seu debut no noso país fíxoo coa obra Aram o Armenio, publicada en 2016 e debuxada por Majox. Conta a historia do xenocidio armenio levado a cabo polo Imperio Otomano. Un relato de hai un século pero dunha enorme vixencia hoxe en día.

A súa seguinte obra formula un xogo a cabalo entre a historia, as lendas e a tradición literaria galega. A tumba de Breogán, con debuxo de Esteban Tolj, está ambientada en 1870 na Coruña e ten como punto de partida as reformas que se realizaron daquela na Torre de Hércules. Trátase dunha ficción histórica con personaxes como Eduardo Pondal, Emilia Pardo Bazán, Manuel Murguía ou o bandoleiro Antón Dedo d´Ouro, que coinciden nesta perigosa aventura. No seu seguinte traballo Segunda Venida, Alvesdá un xiro de 180 graos e pasa á ficción de temática relixiosa, aínda que a relixión non sexa máis que o marco do relato. Debuxado por Juan Caminador, conta a historia de Evangelina, unha moza de 18 anos a quen lle gusta tocar a guitarra, fumar porros e quedar leriando coa súa amiga Susi en vez de ir ao instituto. Máis que a relixión, aínda que tamén, a obra explora a adolescencia, o sentimento de abandono por parte dun pai ao que nunca coñeceu, ou as dúbidas sobre a súa propia identidade sexual.

Actualmente Abel Alves prepara varios proxectos para o mercado español e estranxeiro.

O FERROLÁN ABEL ALVES SERÁ MAÑÁ, XOVES, O GRAN PROTAGONISTA DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO2019-08-07T14:29:18+02:00

A BRITÁNICA ISABEL GREENBERG E O MEXICANO TONY SANDOVAL PROTAGONIZAN ESTE MÉRCORES AS CHARLAS DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

2019-08-06T11:39:30+02:00

Ambos os dous autores contan no seu historial con nomeamentos aos premios Eisner, os máisprestixiosos do mundo no sector do cómic

A BRITÁNICA ISABEL GREENBERG E O MEXICANO TONY SANDOVAL PROTAGONIZAN ESTE MÉRCORES AS CHARLAS DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

Os encontros dos artistas convidados cos afeccionados serán no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Festival. Greenberg falará do seu traballo a partir das 18.15 horas e Sandoval, das 19.30 h.

  • A debuxante londiniense Isabel Greenberg, xornalista de profesión, obtivo coa súa primeira historieta larga “La enciclopedia de la tierra temprana”(2013) un éxito fulminante en Estados Unidos e Canadá, con nomeamento aos Eisner incluído. O feminismo e o recurso a elementos recoñecibles dos contos clásicos e mais o folclore son os acenos de identidade do seu traballo 

  • A obra de Tony Sandoval, autor mexicano autodidacta residente en Europa e dúas veces nomeado aos Premios Eisner, móvese entre o fantástico e o onírico, coa maxia e a morriña como elementos habituais. Traballa para editoriais de Estados Unidos, México e España. Actualmente prepara un relato autobiográfico que conta a súa propia viaxe para cruzar de forma ilegal a fronteira con Estados Unidos

  • Na carpa da feira editorial, a Rúa da BD, continúa o obradoiro de cómic para a rapazada que imparte Jano. Tamén haberá outro taller sobre como presentarlle un proxecto de cómic a unha editorial

A Coruña, 6 de agosto de 2019.- A debuxante británica Isabel Greenberg e o mexicano Tony Sandoval departirán mañá cos afeccionados no Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico que se desenvolve desde onte na Coruña. Ambos creadores serán os protagonistas do encontro que cada tarde permite ao público achegarse e parolar cos convidados de cada edición. Greenberg, un dos fenómenos do cómic británico actual, falará do seu traballo a partir das 18.15 horas. Ás 19.30 h, será o autor de El cadáver y el sofá,quen falará cos asistentes. Coma sempre, os encontros terán lugar no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Festival.

O traballo de ambos invitados desta XXII edición do Salón Internacional comparten, aínda que con temáticas e narrativas gráficas ben distintas, un selo persoalísimo e perfectamente distinguible. No caso de Greenberg, o corte feminista e unha apelación frecuente a elementos recoñecibles dos contos clásicos e mais o folclore. Tony Sandoval, pola súa banda, móvese entre o fantástico e o onírico. A maxia e a morriña son elementos habituais nas súas propostas. Ademais, os dous obtiveron nomeamentos nos últimos anos aos premios Eisner, o galardón máis prestixioso do mundo no sector da banda deseñada. As súas obras, igual cas de Greenberg, permanecerán ata o 8 de setembro no Kiosco Alfonso.

Rúa da BD

Na carpa da feira editorial, a Rúa da BD, continúa o obradoiro Aprende a debuxar cómic da man de Planeta Cómic que imparte o creador galego Jano. Esta actividade, dirixida ao público infantil e xuvenil, terá lugar todos os días, agás o sábado, entre as 11 h e as 13.00 horas. Cómpre inscribirse para participar. O horario para as inscricións vai de 11 da mañás a 11:30 horas.

Tamén na Rúa da BD, pero xa pola tarde, de 19 horas en adiante, haberá outro obradoiro sobre como presentarlle un proxecto de cómic a unha editorial. Será impartido por Guillermo Morales (Grafito Editorial).

Isabel Greenberg

Isabel Greenberg exerceu como xornalista (Nobrow Press, The Guardian, The New York Times) ata que gañou como narradora gráfica en 2011 o premio The Observer Jonathan Cape. Tras obter o galardón, animouse a publicar a súa primeira historieta longa, La enciclopedia de la tierra temprana(2013). Con ela logrou inmediatamente gran popularidade en Estados Unidos e Canadá. A obra foi best seller recoñecido por NYT Graphic Books e optou a dous premios Eisner. En 2014 alzouse co British Comic Award.

A súa seguinte obra, Las cien noches de Hero, publicada en 2016 en Reino Unido, é unha fábula feminista que dá a volta ás historias tradicionais onde as mulleres namoran e teñen que ser rescatadas. Coa historia de Atenea (guión de Imogen), Greenberg mergúllase na mitoloxía grega. A obra narra as aventuras de Atenea, a deusa da sabedoría, a guerra e a coraxe. Trátase dun conto cheo de audacia e valentía sobre a vida dunha das deusas máis intrépidas e determinadas da mitoloxía grega.

Actualmente Isabel Greenberg traballa na súa seguinte novela gráfica, Glass Town, sobre as vidas dos catro irmáns Brontë: Charlotte (autora de Jane Eyre), Emiliy (a de Cumes borrascosas), Anne (quen escribiu Agnes Grey) e o seu irmán Branwell. Ademais de na súa biografía, a novela penetra nos complexos mundos imaxinarios que crearon.

Tony Sandoval

Tony Sandoval, autor mexicano autodidacta dúas veces nomeado aos Premios Eisner, está afincado en Europa. Se ben hoxe en día reside en Xenebra, pasou por Barcelona, Berlín e París. A súa obra móvese entre o fantástico e o onírico, coa maxia e a morriña como elementos habituais. Todo iso lle confire un estilo moi persoal e recoñecible. Os seus primeiros pasos no mundo do cómic foron a través do fanzine Nocturno, onde se converteu no debuxante titular de Tinieblas, o famoso loitador mexicano. O éxito da súa personaxe Blacky, un gato romántico e morriñento, espertaron o interese de varias editoriais de libros infantís e revistas mexicanas, estadounidenses e españolas.

Ten participado en antoloxías como Pulpo Cómics, Consecuencias, Urban Dreams e Meathaüs, participacións que compaxina coa publicación de Johnny Carontee O revólverpara editoriais como Alias Enterprises, en Estados Unidos, e Recerca, en España. En 2005 foi contratado por Paquet Editions para realizar Vielle Amerique, publicada en Suíza, Francia e Bélxica. Máis adiante publicaría o seu gran éxito, El cadáver y el sofá (2007), ao que seguirían títulos como Epidemia de melancolia (2011) ou La serpiente de agua (2014), inspirada en Allan Poe.

A súa obra máis recente, Cita en Phoenix, é un relato autobiográfico onde o autor conta a viaxe na que se embarcou para cruzar de forma ilegal a fronteira estadounidense.Tony Sandoval achéganos unha visión persoal dos padecementos polos que pasan as persoas sen papeis na súa travesía cara a unha vida mellor. Na actualidade segue desenvolvendo proxectos en forma de novela gráfica e ilustrando portadas de libros e discos para compañías de México, Suramericana e Europa.

A BRITÁNICA ISABEL GREENBERG E O MEXICANO TONY SANDOVAL PROTAGONIZAN ESTE MÉRCORES AS CHARLAS DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO2019-08-06T11:39:30+02:00

OS DEBUXANTES ANTONIO NAVARRO E JORGE COELHO ABREN MAÑÁ MARTES O CALENDARIO DE CHARLAS DO FESTIVAL CORUÑÉS DE CÓMIC VIÑETAS 2019

2019-08-05T13:21:50+02:00

Ambos os dous autores teñen en común unha ampla traxectoria no mercado norteamericano

OS DEBUXANTES ANTONIO NAVARRO E JORGE COELHO ABREN MAÑÁ MARTES O CALENDARIO DE CHARLAS DO FESTIVAL CORUÑÉS DE CÓMIC VIÑETAS 2019

Os encontros dos artistas convidados cos afeccionados serán no salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Festival Internacional do Cómic coruñés. Navarro falará do seu traballo a partir das 18.15 horas mentres Coelho o fará a partir das 19.30 horas

  • O debuxante madrileño Antonio Navarro, da xeración que irrompeu nos oitenta na escena española da historieta, é un creador do máis polifacético, que toca desde a banda deseñada ata o cinema de animación. Traballou para editoriais tan dispares coma Marvel ou a xaponesa Kodansha
  • Desde a súa primeira incursión no mercado estadounidense, o debuxante portugués Jorge Coelho traballou para as principais editorial de cómic daquel país, aínda que en ningún momento deixou de colaborar con publicacións lusas. Comparte con outros 17 artistas “O Estudo de Lisboa”, onde desenvolve a súa creatividade tanto para o mercado portugués como para os de Italia e EE UU
  • Tamén mañá martes comezan as actividades paralelas na carpa da Feira Editorial, a Rúa da BD, entre outras o obradoiro de debuxo para a rapazada, que este ano imparte o creador galego Jano

A Coruña, 5 de agosto de 2019.- Os debuxantes Antonio Navarro e Jorge Coelho abrirán mañá martes o calendario de charlas cos afeccionados do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que nesta XXII edición pretende achegar ao público a riqueza multifacética que presenta hoxe en día a Banda Deseñada. Navarro falará do seu traballo a partir das 18.15 horas. A súa intervención finalizará ás 19.45 h e, quince minutos despois, ás 19.30, será o autor portugués quen sentará a departir cos asistentes. O encontro cos debuxantes terá como escenario o salón de actos do Kiosco Alfonso (última planta), sede central do Festival. Aínda que de xeracións distintas, ambos os dous debuxantes teñen en común unha importante traxectoria nos mercados europeos e, sobre todo, no estadounidense. A obra de Navarro e mais a de Coelho ocupan a Sala Municipal de Exposicións Palexco.

Rúa da BD

Tamén mañá martes principian as actividades paralelas na carpa da Feira Editorial, a Rúa da BD, entre outras o que xa é un clásico do Festival, o obradoiro de debuxo para a rapazada. Nesta ocasión impartido polo creador galego Jano. Baixo o título Aprende a debuxar cómic da man de Planeta Cómic, o taller terá lugar cada día, menos o sábado, entre as 11 h e as 13.30 horas. Para participar é necesario inscribirse antes das 11.30 h. Xa pola tarde a oferta inclúe as presentacións de Troglo e Ditaa, nova proposta de Fonso Barreiro (FON) –a partir das 19 horas- e do número 10 da revista La Resistencia, ás 20 horas.

Cómpre lembrarmos que forman parte do programa de Viñetas outras mostras como ¡Mil raios!/Tesouros dun un tintinófilo (Pazo de María Pita), unha oportunidade para contemplar de preto máis de cen edicións en outras tantas linguas da personaxe máis famosa do cómic belga. Igualmente a mostra Pintas o dibujas, unha proposta de Acción Cultural Española que leva o cómic ás rúas (está emprazada na Dársena, fronte ás costas do Teatro Rosalía), un repaso á historia da arte coa banda deseñada como fío condutor. Por outra banda, na sala Salvador de Madariaga está a obra gañadora do Premio Castelao 2018, Canción para afundir flores no mar, de Oliver Añón Lema.

Antonio Navarro

O debuxante madrileño Antonio Navarro pertence á xeración de autores que irromperon a principios dos oitenta na escena española da historieta. É un creador tremendamente polifacético, que toca moitos paus artísticos. Ademais de banda deseñada, fai cinema, animación, deseño e publicidade. Debutou nas revistas Rambla e Rampla, ata recalar en Norma Editorial, onde publicou a súa primeira gran serie, Simone. Con ela obtivo o seu primeiro recoñecemento, o Premio do Diario de Avisos ao mellor debuxante realista, así como o nomeamento a autor revelación no Salón do Cómic de Barcelona. Tamén lle abriu as portas do mercado francés (Les Mondes de Luz).

Dende aquela, Navarro colabora con editoriais tan dispares como a estadounidense Marvel, para a que realiza Kiss of Darkness, ou a non menos coñecida firma xaponesa Kodansha, para a que debuxa Syd Virtual Story. Na súa bibliografía figuran La leyenda de Ahua e El mar dulce, esta última con guión de Miguel Ángel Nieto, ambos os dous álbums de corte histórico, e asemade a serie de terror La galería de los horrores.

No sector da animación participou en series de televisión da produtora Hanna-Barbera (Lucky Lucke, Smurfs, Little rascals ou Paw paws), e para o cinema traballou na produtora Amblimation, de Steven Spielberg e nos estudos Disney (Hercules, Tarzan, Fantasia 2000 (no segmento Rhapsody in Blues) e The Emperor’ s New Groove). De 2001 a 2003 dirixiu a longametraxe Os Reis Meigos, para a produtora Animagic. No sector publicitario realizou storyboards e bocetismo para campañas de infinidade de marcas (CocaCola, Renfe, Pescanova ou Repsol).

O seu último traballo tardou unha década en ver a luz: Homónimos, editado por Norma Editorial en 2018. Trátase dun relato de relatos onde distintos personaxes que comparten un mesmo nome, o propio do autor, van relatando as súas vidas, amosando as infinitas posibilidades narrativas e estilísticas do Cómic.

Jorge Coelho

Os primeiros traballos do debuxante portugués Jorge Coelho foron no fanzine Vértigo cando aínda estudaba Artes Gráficas e Comunicación na Escola de Artes António Arroio. Logo realizou todo tipo de encargos relacionados co debuxo nas súas distintas facetas, desde participar na serie Angelitos de Animanostra ata facer ilustración publicitaria para Cafés Tofa ou Wall Street Institute. Tamén storyboards para axencias de publicidade como TBWA, Euro RSCG, Brandia, McCann, Partners e BBDO.

O salto a Estados Unidos chega da man de Forgetless, con guión de Nick Spencer, para a editorial Image. A publicación, en 2013, de Polarity, con guión de Max Bemis, acadou que os seus traballos para o mercado norteamericano se multiplicaran. Dende esa non parou de publicar para Marvel, DC, Image ou Boom! Studios. Para Boom! Studios realizou en 2018 Robocop: Citizen Arrest, unha miniserie de cinco números con guión de Brian Wood. O trazo do debuxante luso aparece en páxinas de Venom, Risco Suicida, Sleepy Hollow, Loki Axente de Asgard, Battleworld Siege, Spider- Gwen e Vengadores Indignados e The Haunted Mansion.

Aínda que o seu traballo para o mercado estadounidense é unha constante desde hai unha década, segue colaborando con publicacións lusas como Loverboy na Feira dás Vanessas. Actualmente comparte espazo con 17 artistas no “Estudo de Lisboa”, tamén coñecido como TLS, un centro de creatividade onde, ademais de publicar unha antoloxía de relatos xunto aos seus compañeiros, Coelho segue desenvolvendo diversos proxectos de cómic e ilustración para Portugal, Italia e os Estados Unidos.

OS DEBUXANTES ANTONIO NAVARRO E JORGE COELHO ABREN MAÑÁ MARTES O CALENDARIO DE CHARLAS DO FESTIVAL CORUÑÉS DE CÓMIC VIÑETAS 20192019-08-05T13:21:50+02:00

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO ACHÉGANOS UN PLANTEL DE CREADORES QUE OPTARON POR VÍAS ALTERNATIVAS, ÚNICAS, DENTRO DA LINGUAXE COMÚN DO CÓMIC

2019-08-02T12:30:55+02:00

O XXII Salón Internacional do Cómic de A Coruña inaugurase o luns, no Kiosco Alfonso, as sete de tarde

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO ACHÉGANOS UN PLANTEL DE CREADORES QUE OPTARON POR VÍAS ALTERNATIVAS, ÚNICAS, DENTRO DA LINGUAXE COMÚN DO CÓMIC

  • A poeta Yolanda Castaño exporá no XXII Salón a súa obra “O puño e a letra” onde 40 debuxantes e ilustradores galegos converten en imaxes ou viñetas outros tantos poemas de autora nun novidoso diálogo entre xéneros ao que xa se coñece como Comic Poetry
  • A creadora británica Isabel Greenberg achegará a súa primeira saga e as súas fábulas feministas, con exposición dos orixinais das súas novelas gráficas máis importantes, “The encyclopedia  of Early Earth” e “The one hundred nights of Hero”
  • Os “tintinólogos” están de sorte: o sabichón mozo belga convídalles a vivir mil aventuras sen ter que dar un paso fóra da Sala de Exposicións do Pazo de María Pita
  • O cartel deste ano leva a rúbrica dunha das participantes de Viñetas 2018, Belén Ortega, a debuxante de “Pájaro Indiano” e do éxito literario “Millenium” para o mercado francés

A Coruña, 2 de agosto de 2019.- O luns abrirá as súas portas o XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Nesta edición, e tal e como explica o seu director, Miguelanxo Prado, “os convidados achégannos a un taboleiro conformado por pezas moi diversas, absolutamente autónomas; universos creativos realmente afastados que só teñen en común as ferramentas e a fórmula do relato, esas secuencias de continuidade de imaxes e palabras, xa sexan en texto ou en voz”. Esa riqueza multifacética no xénero é precisamente o que mellor resume a actualidade do mundo da banda deseñada do que Viñetas 2019 fai una boa escolma. “Nada ten que ver a adaptación que fai David Sala da novela El jugador de Ajedrez, de Stefan Zweig, coas fantasías macabras de Tony Sandoval, ou coa obra de Isabel Greenberg, unha proposta social de corte feminista que sen dúbida camufla moitas tinguiduras autobiográficas. Da mesma maneira se afastan anos luz, cada un dos anteriores, do Homónimos de Antonio Navarro, ficción e xogo autobiográfico moi lonxe da súa traxectoria anterior no ámbito da animación”, explica Prado. Rexistros, xénero e fórmulas absolutamente variadas e ao tempo todas banda deseñada ou novela gráfica por dereito propio.

Viñetas desde o Atlántico  tomará un ano mais o centro da Coruña, nesta ocasión entre os días 5 e 11 de agosto. O cartel anunciador do XXII Salón Internacional é obra dunha das autoras máis prestixiosas do panorama nacional, a granadina Belén Ortega, convidada no Viñetas 2018. A Torre de Hércules é, coma sempre, a indiscutible protagonista da imaxe de Viñetas 2019 (a única condición que lle poñen os organizadores do certame aos ilustradores encargados de facer o cartel), nunha proposta colorista co estilo indiscutible de Ortega, que nesta ocasión tamén bota man do exército de menhires para a súa composición.

O XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, impulsado pola Concellería de Cultura contará entre os seus convidados coa creadora británica Isabel Greenberg, quen sorprendeu ao mundo editorial tanto coa súa primeira novela gráfica, a saga The Encyclopedia of Early Earth, coma coa súa fábula feminista The one hundred nights of Hero.

O festival coruñés tamén mostrará a obra do autor mexicano afincado en Europa Tony Sandoval, a quen lle chegou o éxito coa súa personaxe Blacky, un gato con inquedanzas románticas e mesmo morriñento. Porén, sería tras saír do prelo El cadáver y el sofá (2007) cando Sandoval acadaría sona; unha obra á que seguiron Epidemia de melancolía (2011) e La serpiente de agua(2014), inspirada en Edgar Allan Poe.

Desde Francia vén a Viñetas David Sala, un creador que estudou na prestixiosa escola Emile Cohl e que confesa influencias tan diverxentes coma Alberto Breccia ou Stanley Kubric. Ao longo da súa carreira traballou cos máis importantes guionistas, coma Jorge Zentner (Replaye a serie Nicolás Eymerich, inquisidor). Sala triunfou no ámbito europeo da banda deseñada coa súa adaptación de El jugador de Ajedrez,a novela de Stefan Zweig.

O público que asista ao Salón coruñés poderá gozar ademais da obra do portugués Jorge Coelho, o debuxante da extravagante serie policíaca John Flood, con guión de Justin Jordan. Tamén é o creador de Polarity, Sleepy Hollowe Forgetless. Debuxante de Marvel, é un dos responsables, xunto con Brian Wood, da serie Robocop: Citizens Arrest (Boom! Studios).

O madrileño Antonio Navarro e mais o catalán Albert Monteys completan o elenco de convidados nacionais a Viñetas 2019. Monteys foi unha firma indispensable da revista El Jueves. Autor da serie Tato, ou de Para ti, que eres joven con Manel Fontdevila, traballou posteriormente noutros proxectos, como a serie dixital ¡Universo!coa que gañou o Premio Zona Cómic e o Premio Cómic Barcelona á mellor obra de autor nacional publicada no 2018. Pola súa parte, Antonio Navarro publicou as súas primeiras obras profesionais na revista Rambla. En 1987 comeza a publicar Simonen as páxinas de Cairo, galardoada un ano despois co Premio Diario de Avisos ao mellor debuxante realista. Nos 90 irrompeu no mercado francés con Les mondes de Luz. As súas obras máis maduras chegaron ao pouco: El tiempo arrebatado e Homónimos.Xa coma animador, Navarro traballou para as principais compañías, dende Hanna-Barbera a Disney, e dirixiu a longametraxe Los tres reyes magos, con Díaz Canales supervisando o layout.

A poeta compostelá Yolanda Castaño trae a Viñetas os seus poemas ilustrados pola man de boa parte dos máis célebres debuxantes galegos: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban, Fran Bueno, Xulia Vicente, David Rubín, Miguel Robledo, Manel Cráneo, María Ferreiro, Alicia Jaraba Abellán, Víctor Rivas, Kike J. Díaz, Xosé Tomás, Anxo Cuba, Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil), Yupiyeyo/María Álvarez Hortas, David Pintor, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Roberta Vázquez, Xan López Domínguez, Siro, Xaquín Marín, Rubén Mariño, Pepe Carreiro, Santy Gutiérrez, Martín Romero, Ramón Trigo, Brais Rodríguez, Miguel Cuba, Cynthia Alonso, Abraldes, Miguel Porto, Dani Xove, Tokio e Fernando Iglesias Kohell.

Outro dos nomes propios desta edición do Salón Internacional do Cómic é o debuxante e guionista ferrolá Abel Alves, autor da novela gráfica Sangre y sol editada en Uruguai e gañadora do Fondo Concursable para a Cultura de Uruguai 2014. No 2016 sae do prelo a novela gráfica Aram o Armenio, dedicada ao xenocidio armenio de 1915. O pasado ano publica Segunda Venida e, coa colaboración do Concello da Coruña, lanza ao mercado A tumba de Breogán, unha ficción histórica con personaxes como Eduardo Pondal, Emilia Pardo Bazán ou Murguía. Na actualidade prepara varios proxectos para o mercado español e extranxeiro.

“Tintinólogos” de sorte

A personaxe belga por excelencia, Tintín, xunto con toda a súa tropa, serán os protagonistas da mostra que Viñetas desde o Atlántico instalará na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita. Ao cabo, un dos coleccionistas máis importante de España é galego, Pedro Rey, e del é unha das propostas sen dúbida mais atractivas de Viñetas 2019, a mostra “¡Mil rayos! /Tesoros de un tintinófilo”.

Personaxes e, por primeira vez unha das mostras, tomarán as rúas da cidade

Por primeira vez, as rúas do centro da Coruña non só van estar tomadas polo exército de figuras comiqueiras habituais de Viñetas, senón que acollerán á propia arte do cómic. Dan man de Acción Cultural Española (AC/E) xa está na cidade desde o pasado mércores ¿Pintas o Dibujas?, unha exposición que convida aos transeúntes a camiñar entre viñetas pola Dársena (ao redor da sede da Autoridade Portuaria). Comisariada por Jorge Díez, a mostra fai unha aproximación á arte da banda deseñada da man de diversos autores españois (Ana Galváñ, Antonio Altarriba e Keko, Fermín Solís, Laura Pérez Vernetti, María Hesse, Mauro Entrialgo, Max, Pablo Auladell, Santiago García e Javier Olivares) que, cunha linguaxe propia, abordan nos seus traballos a arte clásica e contemporánea a través, entre outros, de artistas como El Bosco, Velázquez, Buñuel, Frida Kahlo, Duchamp ou Picasso.

A Salvador de Madariaga exporá o último premio Castelao da Deputación coruñesa

Tal e como xa é costume, a Sala Salvador de Madariaga acollerá a exposición dos orixinais da obra galardoada no 2018 co XIII Premio Castelao de Banda Deseñada, editado pola Deputación da Coruña: Canción para afundir flores no mar, de Oliver Añón Lema.

 

Pola súa parte, a Torre de Hércules servirá de excepcional lenzo no que colgar a colección de carteis das 21 edicións previas do Salón Internacional do Cómic da Coruña.

 

Ademais das exposicións e os encontros cos autores convidados, a oferta do Festival inclúe obradoiros e presentacións editoriais na carpa instalada nos Xardíns de Méndez Núñez, así como a tradicional Feira da Historieta. Aínda que Viñetas2019 permanecerá aberto só entre o 5 e mais o 11 de agosto, as exposicións de orixinais continuarán abertas ao público ata o 8 de setembro.

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO ACHÉGANOS UN PLANTEL DE CREADORES QUE OPTARON POR VÍAS ALTERNATIVAS, ÚNICAS, DENTRO DA LINGUAXE COMÚN DO CÓMIC2019-08-02T12:30:55+02:00

A EXPOSICIÓN “¿PINTAS O DIBUJAS? UN PASEO POR EL ARTE DE LA MANO DEL CÓMIC” FAI CONFLUIR A ONCE AUTORES ESPAÑOIS NA DÁRSENA CORUÑESA

2019-07-31T14:43:48+02:00

A EXPOSICIÓN “¿PINTAS O DIBUJAS? UN PASEO POR EL ARTE DE LA MANO DEL CÓMIC” FAI CONFLUIR A ONCE AUTORES ESPAÑOIS NA DÁRSENA CORUÑESA. 

Once autores españois de recoñecida traxectoria participan en ¿Pintas ou debuxas?, unha exposición de rúa que se aproxima á arte da historieta ou do cómic máis actual, diverso e cunha linguaxe propia.

Neste proxecto,  comisariado por Jorge Díez, os artistas abordan nos seus traballos a arte clásica e contemporánea de forma directa ou a través de artistas como El Bosco,  Velázquez, Buñuel, Frida Kahlo,  Duchamp ou Picasso.

Acción Cultural Española (AC/E) e o Concello da Coruña inauguraron esta mañá a exposición de rúa ¿Pintas o dibujas? Un paseo por el arte de la mano del cómic que poderase ver desde hoxe, 31 de xullo ata o 8 de setembro no marco do programa expositivo do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico da Coruña. Ao acto asistiu o Director de Programación de AC/E , Santiago Herrero Amigo, o comisario da mostra, Jorge Díez, unha das creadoras que participaron na iniciativa, Laura Pérez Vernetti, e o director do  Salón Internacional do Cómic, Miguelanxo Prado.

Esta exposición fai unha aproximación á arte da historieta ou do cómic da man de once autores españois (Ana Galvañ, Antonio Altarriba/Keko, Fermín Solís, Laura Pérez Vernetti, María  Hesse, Mauro Entrialgo, Max, Pablo Auladell e Santiago García/Javier Olivares) que, cunha linguaxe propia, abordan nos seus traballos a arte clásico e contemporáneo a través de artistas como El Bosco, Velázquez, Buñuel, Frida Kahlo, Duchamp ou Picasso, entre outros. Durante o percorrido plásmase a mirada dos autores sobre diferentes ámbitos do campo artístico: exposicións, museos, feiras, bienales, artistas, comisarios, críticos, institucións, público… Coincide, ademais, que un bo número dos creadores participantes en ¿Pintas o Dibujas? formaron xa parte do elenco de convidados de Viñetas desde o Atlántico nestas dúas décadas de existencia.

A mostra colectiva está integrada por viñetas, historietas e fragmentos de álbums de varios dos autores españois máis relevantes que, desde distintos focos xeográficos de orixe ou de traballo (Murcia, Estremadura, Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco, Baleares e Valencia), debuxan con trazo propio e diverso o panorama actual do cómic e a ilustración dentro da escena nacional e internacional. Ao longo de ¿Pintas o dibujas? entrelázanse e dispersan diversos fíos temáticos que convidan a quen se introduce nela a construír o seu propio percorrido segundo a súa persoal maneira de comprender e gozar das diversas propostas que aquí conflúen. A exposición foi concibida para ser instalada en espazos abertos e vías públicas, cun deseño atractivo que favorece a interactividade dos paseantes coas obras. Os propios soportes axudan a deseñar un trazado que permite un percorrido aberto.

O cómic naceu como un medio de masas vinculado á prensa diaria a finais do século  XIX e sufriu unha profunda transformación. Durante moito tempo foi un sector plenamente integrado nas industrias da cultura dirixidas ao público infantil e xuvenil e cunha certa cota do mercado editorial para adultos no campo humorístico ou  satírico. Tras as propostas do cómic  underground norteamericano e a vitalidade dalgúns autores e editoriais europeos nos anos sesenta do século pasado, unha xeración de autores do cómic chamado independente, alternativo ou de vangarda, xurdiu con puxanza nos anos oitenta no noso país, tratando de abrirse camiño a través de  fanzines, autoedicions e pequenas editoriais independentes. Co novo século chegou a novela gráfica e tamén unha nova xeración de autores, entre os que destaca, por fin, a presenza crecente de mulleres ou a chegada do cómic aos grandes museos de arte.

A EXPOSICIÓN “¿PINTAS O DIBUJAS? UN PASEO POR EL ARTE DE LA MANO DEL CÓMIC” FAI CONFLUIR A ONCE AUTORES ESPAÑOIS NA DÁRSENA CORUÑESA2019-07-31T14:43:48+02:00

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies