Cristina Durán2018-08-06T22:29:03+00:00

CONFERENCIA

MÉRCORES 8 – 19.30h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

CRISTINA DURÁN

Cristina Durán (València, 1970)

Licenciada pola Facultade de Belas Artes de San Carlos de València (UPV) na especialidade de Debuxo, foi bolseira Erasmus na Middlesex University de Londres.

En 1993 creou, xunto a Miguel A. Giner Bou, o seu propio estudio, LaGRUAestudio, onde traballa desde aquela como debuxante de cómics e ilustradora.

É autora xunto a Miguel A. Giner Bou de varias novelas gráficas, como “Una posibilidad entre mil” (Sins entido, 2009) e “La máquina de Efrén” (Sins entido, 2012), compiladas no volume integral “Una posibilidad” (Astiberri, 2017); ou “Cuando no sabes qué decir” (Salamandra Graphic, 2015). En febreiro de 2018 publica a súa última obra, “El día 3”, realizada xunto á xornalista Laura Ballester.

Tamén publicou outros cómics, como “Pillada por ti” (Ministerio de Sanidade, 2011), “El siglo de oro valenciano (Biblioteca Valenciana, 2014) e “Vicente Blasco Ibáñez. Una vida apasionante (Ajuntament de València, 2017). Participou no álbum colectivo “Enjambre” (Norma, 2014), en “Viñetas de vida” para Intermón Oxfam (Astiberri, 2014) e realizou historias curtas para Usted está aquí, Arròs negree Cómic 21.

Recibiu varios premios e nomeamentos, entre eles o premio da Cartelera Turia, o Flash Back, a Insignia de Prata da Cultura do Ajuntament de Benetússer, o Premi Dones Progressistes, o accésit en Francia no primeiro trofeo Les BDs qui font la différence, o Premio Cartel Dia Internacional de la Dona (GVA) e o Premio Ciutat de Palma de Còmic.

Como ilustradora, realizou traballos para numerosas editoriais, axencias de publicidade, institucións públicas e privadas e soportes multimedia.

Desde 1997, integra a Associació Professional d’Ilustradores de València (APIV), da que formou parte da xunta directiva e da que foi presidenta desde 2005 hasta 2009. Tamén foi membro da xunta directiva da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais (FADIP) e da xunta fundadora do EIF (European IIllustrators Forum).

Bibliografía esencial:

2009 –  Una posibilidad entre mil (Sins Entido).

2012 –  La máquina de Efrén (Sins Entido).

2014 –  Enjambre (Norma Editorial).

2014 –  Viñetas de vida (Astiberri Ediciones).

2015 –  Cuando no sabes qué decir (Ediciones Salamandra).

2017 –  Una posibilidad (Astiberri Ediciones).

2018 –  El día 3 (Astiberri Ediciones).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies