David Rubín2018-08-06T22:34:35+00:00

Bibliografía esencial:

2005 – El circo del desaliento (Astiberri Ediciones).

2006 – La tetería del oso malayo (Astiberri Ediciones).

2011 – El héroe 1 (Astiberri Ediciones).

2012 – El héroe 2 (Astiberri Ediciones).

2013 – Beowulf (Astiberri Ediciones).

2014 – Viñetas de vida (Astiberri Ediciones).

2014 – Battling Boy 1 y 2 (Penguin Random House).

2015 – La ficción (Astiberri Ediciones).

2015 – Miguel en Cervantes. El retablo de las maravillas (Astiberri Ediciones).

2016 – Gran Hotel Abismo (Astiberri Ediciones).

2017 – Ether (Astiberri Ediciones).

2018 – Black Hammer 2 (Astiberri Ediciones).

2018 – Cuaderno de tormentas edición ampliada (Astiberri Ediciones).

2018 – Sherlock Frankenstein y la legión del mal (Astiberri Ediciones).

CONFERENCIA

SÁBADO 11 – 19.30h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

DAVID RUBÍN

David Rubín (Ourense, 1977)

Logo de estudar deseño gráfico, lánzase ao mundo do cómic, a animación e a ilustración. Nos primeiros 2000, comeza a publicar e convértese nun dos integrantes fundamentais do colectivo Polaqiacon presenza obrigada na súa publicación Barsowia así como na revista infantil Golfiño editada por La Voz de Galicia ou na revista Dos veces breve.

Coa súa primeira obra longa,“El circo del desaliento”, é nomeado como autor revelación no Saló Internacional del Còmic de Barcelona de 2006, gaña o primeiro premio Castelao con Onde ninguén pode chegar, e edítase en galego, castelán, italiano e francés. A súa seguinte novela gráfica,  “La tetería del oso malayo”, publicada en 2006, tamén se edita en Francia, Italia e a República Checa, e lévase catro nomeamentos aos premios do Saló Internacional del Còmic de Barcelona 2007, logra o galardón ao autor revelación e acredítaa como finalista do I Premio Nacional do Cómic.

Posteriormente “Cuaderno de tormentas”, editado por Planeta en 2008, é nomeado ao mellor debuxo do novo na cita de Barcelona. Codirige Espíritu del bosque, unha longametraxe de animación CGI, e o mesmo ano adapta ao cómic “Romeo e Xulieta”, de William Shakespeare, e, no ano seguinte “El monte de las ánimas”, de Gustavo Adolfo Bécquer, ambas para a editorial SM.

En 2010 ilustra a colección de relatos Solomon Kane, de Robert E. Howard, e somérxese na actualización en cómic do mito de Heracles cos dous tomos de “El héroe”, que verán a luz entre 2011 e 2012.

Rubín ten unha actividade incesante e, a continuación, ocúpase consecutivamente dunha adaptación do poema épico “Beowulf”, en colaboración con Santiago García, dous spin offs de Battling Boy, de Paul Pope, centrados na personaxe de Aurora West, das que se publicaron dous tomos: “El momento de Aurora West” e “La caída de la casa West”  por Debolsillo en 2014 e 2015, así como “La ficción”, xunto co guionista Curt Pires, editado por Astiberri, e “Miguel en Cervantes. El retablo de las maravillas”, realizado con Miguelanxo Prado e coeditado por Astiberri e Acción Cultural Española en 2015.

En 2016 realiza xunto a Marcos Prior a novela gráfica “Gran Hotel Abismo” ao tempo que se embarca en “Ether”, a súa terceira incursión no mercado do cómic americano, xunto a Matt Kindt. Na actualidade está debuxando o tomo 2 de Ether, xunto a Matt Kindt, e a serie “Rumble”, recentemente publicada no noso país, con guión de John Arcudi, en que o Rubín recolle a remuda de James Harren, encargado de debuxar os tres primeiros tomos. Entre tanto, segue traballando en varios episodios da serie “Black Hammer”, serie publicada pola editorial Dark Horse, con guións de Jeff Lemire.

Este ano foi nomeado a catro premios Eisner en catro categorías diferentes: a primeira como mellor debuxante/entintador por Black Hammer#9 e #12, Ether, Sherlock Frankensteinnúmeros 1 ao 3 e Beowulf. A segunda tamén por Beowulf, a cal está nomeada como mellor adaptación doutro medio. Ao mesmo tempo, está nomeado á mellor cor e á mellor serie de continuidade por Black Hammer.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies