inicio Viñetas desde o Atlántico

ISABEL GREENBERG

Biografía

Isabel Greenberg (Londres, Reino Unido, 1988) é unha historietista xurdida do xornalismo. Diplomada pola Universidade de Brighton, traballou en varios periódicos (Nobrow Press, The Guardian, The New York Times), até que gañou un premio como narradora gráfica en 20111, o The Observer Jonathan Cape. Isto animouna a publicar a súa primeira historieta longa, titulada La enciclopedia de la tierra tempranaque viu a luz en outubro de 2013, editada en Londres por Jonathan Cape. Rapidamente foi lanzada polo selo Little Brown nos Estados Unidos e por Random House en Canadá e logrou unha gran popularidade. Non en van foi un dos best sellers recoñecidos por NYT Graphic Books e optou a dous premios Eisner para, finalmente en 2014, alzarse co premio British Comic Award.

La enciclopedia de la tierra temprana é unha obra épica de ficción que nos leva tras os pasos, os relatos e as aventuras dun narrador solitario na súa busca do coñecemento e do amor verdadeiros. Unha obra que contén multitude de historias, grandes e pequenas, sobre deuses, monstros, reis tolos, anciás e bruxas sabias, chamáns, homes medicina, familias polares, irmáns e irmás, e sobre os conflitos que se xeran entre eles, o misterio, a mala ciencia, a peor xeografía e o amor verdadeiro.

A súa seguinte obra sería Las cien noches de Heropublicada en 2016 en Reino Unido. Cunha chea de traizóns, lealdades inquebrantables, mozas fermosas que se volven tolas, libros prohibidos que se len ás agochadas, maridos malos, pais horrorosos, amantes infieis, cousas que colgan das árbores, Ligas de Narradoras Secretas, bailes nocturnos, pedras máxicas, bruxas sabias, lúas que baixan do ceo polas noites, instrumentos musicais encantados, salchichas envelenadas, amigas e arpas e paxaros e, sobre todo, cheas e cheas de irmás, Las cien noches e Hero eríxese coma unha fábula feminista que lles dá a volta ás historias tradicionais onde as mulleres se namoran e teñen que ser rescatadas.

A súa seguinte obra, aínda que mantén no centro as mulleres, afástase momentaneamente do universo de La tierra temprana e do folclore e dos contos para entrar directamente na mitoloxía grega. La historia de Atenea, con guión de Imogen Greenberg, descobre as aventuras heroicas da deusa grega da sabedoría, a guerra e a coraxe, nacida da cabeza de seu pai Zeus. Nela relata como inspirou a poderosos deuses, deusas e humanos, e o terrible destino dos monstros que se atrevían a cruzárense no seu camiño. La historia de Ateneaé un conto cheo de audacia e valentía acerca da vida dunha das deusas máis intrépidas e determinadas da mitoloxía grega.

Actualmente, Isabel Greenberg encóntrase preparando a súa seguinte novela gráfica, Glass Town, que se centra nas vidas dos catro irmáns Brontë: Charlotte (autora de Jane Eyre), Emiliy (Cumbres borrascosas), Anne (Agnes Grey) e seu irmán Branwell. A obra abrangue desde a súa infancia en Yorkshire Moors até a idade adulta pero tamén se adentra nos complexos mundos imaxinarios que crearon.

Bibliografía esencial

2014 – La enciclopedia de la tierra temprana, Colección El chico amarillo, nº 8 (Impedimenta)

2017 – Las cien noches de Hero, Colección El chico amarillo, nº 22 (Impedimenta)

2019 – La historia de Atenea (Norma Editorial)

Facebook

Instagram

Twitter

Isabel Greenberg