inicio Viñetas desde o Atlántico

JORGE COELHO

Biografía

Jorge Coelho (Lisboa, Portugal,1977) comezou a mostrar interese polo debuxo e o cómic desde moi novo. Estudou Artes Gráficas e Comunicación na Escola de Artes António Arroio, onde, xunto a Rui Gamito e Paulo Amorin, edita o fanzine Vértigo. En 1996, finaliza o Curso Técnico Profesional de Artes Gráficas e Comunicación e lánzase ao mundo profesional; simultaneamente involúcrase cada vez máis cunha paixón antiga, a música. Tocando baixo eléctrico e viaxando cos Honeydope en concertos por todo o país. Durante este período desenvolveu diversos traballos de ilustración editorial publicados no xornal Diario de Noticias e na revista AdWeek, entre outros, e incluso ilustración editorial escolar LeYa.

Sobre o 2000 xa se converteu nun profesional realizando todo tipo de traballos relacionados co debuxo nas súas distintasfacetas, desde participar na serie “Angelitos”, de Animanostra, até a ilustración publicitaria para os Cafés Tofa, el Wall Street Institute, así como storyboards para axencias de publicidade como TBWA, Euro RSCG, Brandia, McCan, Partners e BBDO.

En 2004 xúntase con tres amigos e colegas e forma taller en Alfama. A súa primeira publicación profesional prodúcese con Virgin’s Trip, álbum colectivo realizado xunto a Pepdelrey, Rui Lacas e Rui Gamito e editado por El Pep en 2005, editado primeiro en inglés e reeditado por primeira vez en portugués trece anos despois pola editorial Escorpião Azul. A este seguiríao Mesinha de Cabeceira Popular #200, editado por Chili Com Carne en 2006 e Seitán Seitán Scum en MDC #22, editado por El Pep + Chili Con Carne en 2010.

O seu salto aos Estados Unidos prodúcese a principios desta década da man de Forgetless con guión de Nick Spencer para a editorial Image. E, aínda que o seu traballo para o mercado USA foi unha constante desde entón, seguiu colaborando en publicacións lusas como Loverboy na Feira das Vanessas, un exercicio de retromanía Pop cen por cen portuguesa, realizado en colaboración, entre outros, xunto a Marte e Joao Fazenda e editado por Chili Com Carne en 2013.

Tamén ese ano chegaría Polarity, con guión de Max Bemis, editado por Boom! Studios, obra que chamou a atención e fixo que se multiplicasen os seus traballos nos Estados Unidos. Esta miniserie de catro números conta a historia dun artista bipolar un tanto hípster con superpoderes. O aire cartoon con que Coelho dota a obra é todo un acerto facendo que o ton irónico do guión resulte plenamente potenciado. Tamén en 2013 debutaría nas páxinas de Venom, o coñecido personaxe saído das páxinas de Spider-Man, baixo guión de Cullen Bunn, nos números 40, 41 e 42.

Tras este, virían moitos encargos, entre outros, un número para Riesgo Suicida, con guión de Mike Carey, unha miniserie de catro números sobre Sleepy Hollow con guión de Marguerite Bennett para Boom! Studios. Para Marvel realizaría Loki Agente de Asgard 6 e 7, Battleworld Siege 1,  Spider-Gwen 22 e Vengadores Indignados 8, este xa en 2016. Ese mesmo ano publica The Haunted Mansion, miniserie en cinco entregas realizada sobre guión de Joshua Williamson tamén para Marvel Comics, onde se contaba a orixe dunha das atraccións máis famosas dos parques Disney. Unha miniserie que sería recompilada posteriormente nun tomo. Jorge Coelho non parou de traballar para o mercado americano; colaborou con Marvel, DC, Image ou os citados Boom! Studios. De feito, en 2018 e para esa editorial realizaría Robocop: Citizen Arrest, unha miniserie de cinco números con guión de Brian Wood.

Actualmente, comparte un novo estudio con 17 artistas, “El Estudio de Lisboa”, tamén coñecido como TLS, un espazo para a creatividade onde, ademais de publicar unha antoloxía de relatos xunto aos seus compañeiros, segue desenvolvendo diversos proxectos de cómic e ilustración para Portugal, Italia e EE.UU.

Bibliografía esencial

2014 – Veneno, nº6, Colección 100% Marvel (Panini Comics)

2015 – Loki, Agente de Asgard, nº 2 (Panini Comics)

2017 – Vengadores Indignados, nº8 (Panini Comics)

2017 – Mapache Cohete/Groot, nº 28, 29, 30, 31 y 32 (Panini Comics)

2018 – Spider-Gwen nº3 (Panini Comics)

Facebook

Instagram

Twitter

Jorge Coelho