José Ramón Sánchez2018-08-06T22:14:13+00:00
JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ

Bibliografía esencial:

2017 – Moby Dick (Panini Comics).

2017 – Me enamoré de una máscara (Notorius).

CONFERENCIA

XOVES  9 – 19.30

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

José Ramon Sánchez (Santander, 1936)

Ilustrador, historietista e divulgador dunha longa traxectoria, a súa primeira experiencia artística con proxección pública prodúcese con só 19 anos, cando expón as súas caricaturas no Museo Municipal de Santander, a súa cidade natal.

Con vinte e un anos, instálase en Madrid, onde traballa nos famosos Estudios Moro de Animación e, catro anos despois, comeza a súa actividade como cartelista publicitario. En 1970 comeza a ilustrar libros infantís e de texto, un feito que o fai moi popular polas súas contribucións en televisión, ao debuxar en vivo en programas como Un globo, dos globos, tres globos entre os anos 1974 e 1979.

Nas eleccións xerais de 1977 e de 1979, deseña os carteis electorais do PSOE. Ademais, ilustra, por encargo do Ministerio de Educación, unha adaptación da Constitución Española para escolares. Posteriormente fai o mesmo co Estatuto de Autonomía de Cantabria.

En 1979 culmina como animador o proxecto de estrear na gran pantalla unha longametraxe de debuxos animados: El desván de la fantasía.

Entre 1981 e 1984 colabora no programa infantil de Televisión EspañolaSabadabadá, posteriormente chamadoDe 12 a 2, despoisDe 11 a 1, para rematar co definitivo nome de Dabadabadá, dirixido por José Antonio Plaza. Ademais, prolonga as súas aparicións televisivas entre 1984 e 1986 en El kiosco, presentado por Verónica Mengod e dirixido tamén ás crianzas.

Durante esta etapa desenvolve tamén a colección de debuxos La gran aventura del cine, composta por 104 cadros de filmes e 20 retratos de actores e actrices que expón no Museo Español de Arte Contemporánea entre 1982 e 1983. Seguirían as coleccións 50 años de cine español (1985), Nijinsky y los grandes ballets rusos (1989) e Don Quijote de la Mancha(1993).

Con posterioridade, ilustrou os libros Monstruos, duendes y seres fantásticos de la mitología cántabra(1994), sobre texto de Pollux Hernúñez, La vuelta al cine en sesión continua, sobre texto de Juan Tébar, e La Biblia contada a todas las gentes (1997), sobre texto de María Tabuyo.

No ano 2000 crea a súa propia editorial, Valnera, en cuxo selo publicou libros como Gentes de Sotileza, El taller de los maestros, Diez judíos en La Casona, Miradas, Transiciones, Beato del siglo XXI, Las Guerras Cántabras e Cuando el abuelo fue niño, entre outros.

Entre os seus proxectos máis recentes inclúense as exposicións sobre Amores del cine e Moby Dick(2002). Despois dos ciclos Alucinaciones e Artistas de los siglos XX y XXI. En marzo de 2007, inaugurou no Museo de Belas Artes de Santander a exposición Espacio interior 2007, onde se internaba no estudo do universo artístico cara á figura e os segredos do creador.

Ademais de continuar co seu labor como ilustrador, en 2017 volvería á historieta cunha obra dunha grande beleza plástica, a adaptación da novela “Moby Dick”de Herman Melville, editada por Panini.

Entre outras distincións, gañou o Premio Lazarillo e en 2014 foi merecedor do Premio Nacional de Ilustración.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies