Josep Homs2018-08-06T22:33:30+00:00

CONFERENCIA

MARTES 7 – 19.30h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

JOSEP HOMS

Josep Homs (Castelldefels, 1975)

Formado na Escola Joso, axiña comezou a salientar profesionalmente no ámbito do cómic pola calidade do seu debuxo e o dominio da composición.Os seus inicios coinciden co final das revistas de banda deseñada para adultos en España: unha historieta súa aparecerá no último número da revista Cimoc.

En 2005 dá o salto aos Estados Unidos. Alí comezan a aparecer os seus primeiros traballos, en colaboración co guionista Christopher Hinz, na serie Bladee en varios cómics do oeste para Marvel, Marvel Westerns. Porén, a súa colaboración máis dilatada realizarana na serie Red Sonja, con Frank Cho e Doug Murray como guionistas, para a editorial Dynamite.

Malia o seu prometedor comezo, Homs non remata de se ver no mercado americano, e en 2009 regresa ao vello continente, onde realizaría unhas páxinas no tomo colectivo “La vieille dame qui n’avait jamais joué au tennis”(A anciá que nunca xogou ao tenis), con guión de Zidrou. Esta historia, que salienta pola súa calidade, ábrelle definitivamente as portas do mercado francés. Así, en 2010, con Giroud como guionista, publica o primeiro tomo de “L’Angelus” (O Ángelus), dentro da colección Secrets, cuxo segundo e último álbum verá a luz ao ano seguinte. Este díptico deixa patente non só a súa destreza como debuxante, senón tamén as súas habilidades como narrador, o que chamará poderosamente a atención no competitivo mercado galo e o que o situará como un dos novos valores da banda deseñada europea.

En 2012 publícase o primeiro tomo da adaptación ao cómic de “Millenium”, a exitosa triloxía de novelas do sueco Stieg Larsson. Lanzada en seis partes por Dupuis,  Homs debúxaa con guións de Sylvain Runberg e suporá a súa definitiva consolidación no mercado francés.O seu último traballo é a serie “Shi”, da que se publicaron dous tomos: ambientada na Exposición Universal de Londres en 1851, relata a historia da amizade de dúas mulleres de distinta nacionalidade e conta,  de novo, con guión do belga Zidrou.

Aínda que a maior parte do seu traballo está orientada ao mercado francés, Homs nunca abandonou totalmente o mercado español: como mostra, a súa participación en obras colectivas como “Lovexpress”, “Barcelona TM” ou “Revolution Complex”.

Alén do seu traballo como debuxante, Homs compartiu a súa actividade coa docencia na Escola Joso na que se formou.

Bibliografía esencial:

2009 –  Red Sonja (Panini Comics).

2010 –  Barcelona TM (Norma Editorial).

2011 –  La anciana que nunca jugó al ténis (Norma Editorial).

2012 –  El ángelus (Norma Editorial).

2013 – Millenium 1 (Planeta Cómic).

2015 – Millenium 3 (Planeta Cómic).

2017 – Shi 1, Al principio fue la ira (Norma Editorial).

2017 – Shi 2, El rey demonio (Norma Editorial).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies