Mamen Moreu2018-08-06T22:50:43+00:00
MAMEN MOREU

CONFERENCIA

MARTES 7 – 18.15h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

Mamen Moreu (Huesca, 1985)

Formada na Escola Joso de Barcelona, publicou as súas primeiras tiras de humor na revista satírica El Jueves en 2009, nas que apareceu por vez primeira a personaxe protagonista do seu primeiro cómic, Marcela, unha colaboración que mantivo intermitentemente até o ano 2016. Desde entón, publica unha páxina semanal, Dolores y Lolo, sobre guións de Iván Batty e colaboracións na web facendo bandas deseñadas. Tamén é colaboradora asidua da revista TMEO.

En 2014, publica con Astiberri a súa primeira novela gráfica, “Resaca”, coa que estivo nomeada ao premio á autora revelación no Saló do Còmic de Barcelona de 2015, así como á mellor obra, ao mellor guión e ao mellor debuxo nos IV Premios do Cómic Aragonés concedidos en 2014. 

“Desastre” é a súa segunda obra longa, aínda que desde 2014 colaborou en varios álbums colectivos xunto a outras autoras do panorama nacional e internacional, como “Enjambre”(Norma, 2014),  “Institutos” (Astiberri, 2014), “Todas putas, los cuentos gráficos”, sobre guións de Hernán Migoya (Dibbuks, 2014) ou “Teresa Perales Cómics”, álbum colectivo sobre a vida persoal e profesional da coñecida nadadora paraolímpica (Fundación Telefónica, 2016).

Compaxina o seu traballo de guionista e debuxante de cómics con outros traballos de ilustración para marcas como Estrella Galicia, line o Gibson, imparte charlas sobre cómic e dá obradoiros de debuxo para crianzas e persoas adultas.

Bibliografía esencial:

2014 – Enjambre (Norma Editorial).

2014 – Institutos (Astiberri Ediciones).

2014 – Todas putas, los cuentos gráficos (Dibbuks).

2014 – Resaca (Astiberri Ediciones).

2018 – Desastre (Astiberri Ediciones).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies