Tirso Cons2018-08-06T22:47:08+00:00

CONFERENCIA

MÉRCORES 8 – 18.15h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

TIRSO CONS

Tirso Cons (Pontevedra, 1979)

Galego de nacemento e madrileño de adopción, múdase á capital para estudar Publicidade e Relacións Públicas, para posteriormente traballar nunha axencia de publicidade. En Expocómic de 2003, en Madrid, reencóntrase coa banda deseñada e axiña obtén os seus primeiros encargos no mercado francés. O primeiro deles será “El ojo del diablo”(Editions Paquet), sobre guións de Wander Antunes e cores do tamén galego Javi Montes.

Case dous anos despois, a comezos de 2007, chegaría “Réminiscences”, tomo 4 da serie Marshall (Les Humanoïdes Associés), sobre guión de Dennis-Pierre Filipi. Mais non será até outubro do mesmo ano, publicariase a obra que o daría a coñecer internacionalmente, “A mansión dos murmurios” (Les Humanoïdes Associés), con guión do madrileño David Muñoz e repetindo na cor Javi Montes. 

A Mansión dos Murmurios estenderíase durante tres álbums entre outubro de 2007 e agosto de 2011.

Tras este traballo, realizaría “Les chroniques de Legion”(Glénat) co coñecido guionista francés Fabien Nury. Trátase dunha volta moi orixinal ao tema vampírico a través da historia do espírito deVlad Tepesque, após a súa morte, se encarna en distintos personaxes. Cada un destes está debuxado por un artista diferente e entre eles salienta o traballo de Tirso.

Até 2016 no volveríamos ver unha obra súa no mercado francés. Sería o tomo dezanove da serie Sept, titulado “Sept Cannibales”(Delcourt), guionizada por Sylvain Runberg. Esta serie está realizada por equipos creativos diferentes e un único guionista, co obxectivo de acurtar os períodos de saída dos álbums e no que se atopa a historia de sete amigos ricos e de éxito que se reúnen cada ano para pasaren unha semana na que daren renda solta ao todos os seus desexos e excesos.

A mediados de 2017 chegaríanos un novo traballo en colaboración con David Muñoz, aínda que nesta ocasión o argumento sería obra de Cons. “Trackers, el arma perdida de los dioses”, primeiro álbum dunha triloxía, narra a epopea dun equipo de científicos ingleses da Royal Geographic Society que en 1664 prepara unha expedición até a península do Iucatán coa misión de capturar unha criatura saída das lendas maias, coñecida co nome do “Can cérbero dos deuses”.

Bibliografía esencial:

2005 – El ojo del diablo (Recerca).

2010 – A mansión dos murmurios (El Patito Editorial).

2013 – Las crónicas de Legión (Yermo Ediciones).

2016 – La casa de los  susurros (Yermo Ediciones).

2017 – Trackers (Yermo Ediciones).

2017 – Trackers (3 Pintamonas).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies