inicio Viñetas desde o Atlántico

TONY SANDOVAL

Biografía

Tony Sandoval (Ciudad Obregón, México, 1973) é un autor mexicano afincado en Europa. Debutou no mundo do fanzinismo co seu cómic Nocturno, ao que seguirán diversas historietas de complemento até ser o debuxante titular na serie Tinieblas, dedicada a un famoso loitador mexicano. O éxito do seu personaxe Blacky, un gato con inquietudes románticas e temperamento melancólico, pono no punto de mira de varias editoriais de libros infantís e revistas mexicanas. Participa en antoloxías como Pulpo ComicsCon SecuenciasUrban Dreams y Meathaüs, mentres publica Johnny Caronte e El revólver, con editoriais como Alias Enterprises nos Estados Unidos e Recerca en España.

En 2005 é contratado por Paquet Editions para realizar Vielle Amerique, que se publica en Suíza, Francia e Bélxica e, máis adiante, publica o seu grande éxito,   en 2007, editado en España por La Cúpula. El cadáver y el sofá dá boa conta do que será o estilo de Sandoval, que se acaba de asentar en Epidemia de melancolía, publicada en 2011, unha colección de historias onde se dan cita paxaros devoradores de homes ou tétricos encontros entre namorados da internet. Todo un catálogo de horror e melancolía. A estas alturas, Sandoval xa configurou un universo gráfico e temático completamente persoal e recoñecible a simple vista. Un universo infantil e mitolóxico a cabalo entre a fantasía de terror e o estraño cotián.

Tras Epidemia Melancólica, viría o díptico de Nocturno, en que se inclúen El que camina con los muertos e El espíritu del viento. Unha historia que Sandoval levara consigo durante moito tempo e onde se mesturan a mística dos loitadores mexicanos e a enerxía do heavy metal, que dan lugar a unha fabulosa historia de horror gótico contemporáneo. Despois do tour de forcé que supuxo Nocturno, chegaría  La serpiente de agua en 2014. A historia de amizade entre Mila e Agnes, dúas mozas que se coñecen cerca dun río. Coa salvidade de que Agnes non é unha moza normal e conduce a súa nova amiga a un soño estraño por un mundo perturbador potenciado polo extraordinario traballo coas acuarelas de Sandoval.

Mil tormentas, producido para o mercado francés, de novo para a Paquet Editions e editado no noso país por Dibbuks en 2015, volve a manifestar o gusto pola épica escura e o xogo de mundos que se moven entre a realidade e a fantasía tan queridas polo autor. Por én, a súa obra máis recente supón un cambio radical na súa temática habitual, Cita en Phoenix, relato autobiográfico onde o autor nos conta a conmovedora viaxe en que se embarcou para cruzar de forma ilegal a fronteira estadounidense. Cun rotulador, un pouco diñeiro e moitas esperanzas, deixou atrás a súa patria para buscar o gran soño americano. Pero o que de forma inxenua e idealista pensou que sería algo rápido e sinxelo, tornouse nun pesadelo que parecía non ter fin. Tony Sandoval proporciónanos aquí unha visión persoal dos padecementos polos que pasan os ilegais na súa viaxe cara a unha vida mellor.

En paralelo aos seus proxectos de cómic, continúa colaborando con distintos selos de América do Sur e Europa como ilustrador, asinando portadas de libros e discos.

Bibliografía esencial

2007 – El cadáver y el sofá (Ediciones La Cúpula)

2009 – Nocturno 1, El que camina con los muertos (Ediciones La Cúpula)

2009 – Nocturno 2, El espíritu del viento (Ediciones La Cúpula)

2011 – Epidemia de melancolía (Ediciones La Cúpula)

2014 – La serpiente de agua (Dibbuks)

2015 – Mil tormentas (Dibbuks)

2016 – Cita en Phoenix (Dibbuks)

Facebook

Instagram

Tony Sandoval