BRUNO CHEVRIER (NOB) 2017-07-07T19:10:24+00:00
BRUNO CHEVRIER (NOB)

*fotografía © Chloé_Vollmer_Lo

BRUNO CHEVRIER – NOB (Tours, 1973)

Este autor precoz dá os seus primeiros pasos como debuxante nun fanzine que el mesmo crea durante os seus anos de instituto. Grazas a gañar o primeiro premio nun concurso para autores novos que organiza a editorial Glénat, pasa a converterse nun autor habitual da famosa cabeceira francesa para nenos Tchô!. Alí é onde tamén crea as aventuras de Bogzzz, xusto antes de converterse en redactor xefe no ano 2003

Pouco tempo despois embárcase na aventura de Mon ami Grompf: el yeti mascota, primeiro publicado por entregas e que se converteu posteriormente nunha célebre colección infantil de Glénat, que mesmo chegaría a contar coa súa propia serie de debuxos animados.

Coa súa creación Mamette (Naneta en España), a avoa que se comporta como unha nena, chégalle a consagración como autor, publicándose cinco tomos da serie principal, pola que leva o Premio Millepage, á que lle seguen os tres tomos de Los recuerdos de Naneta, que recolle as vivencias da súa protagonista cando era nena. No 2013 publícase o seu correspondente tomo de receitas e na actualidade tamén se está a traballar nunha serie de animación para a televisión.

Durante este tempo tamén traballou como colorista para o primeiro tomo integral da famosa serie Titeuf: Dieu, le sexe et les bretelles, obra do seu compañeiro Zep; ou para a serie Alice au pays des singes, de Keramidas e Tebo.

A súa creación máis recente é a hilarante serie Dad, que na actualidade conta con tres tomos publicados, nos que o francés se atreve a retratar con moita ironía e desenfado a vida dunha familia pouco convencional, encabezada por un desbordado pai que debe coidar e redescubrir as súas tres fillas novas.

BIBLIOGRAFÍA ESENCIAL

2013

Marieta: los recuerdos de Naneta 1. La vida en el campo (Dibbuks).
Marieta: los recuerdos de Naneta 2. Camino de la escuela (Dibbuks).

2014

Marieta: los recuerdos de Naneta 3. La buena estrella (Dibbuks).
La cocina de Naneta (Dibbuks).

2015

Dad 1. Niñas de papá (Dibbuks).

2016

Dad 2. Secretos de familia (Dibbuks).

2017

Dad 3. Con los nervios a flor de piel (Dibbuks).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies