JAVI REY 2017-07-07T19:17:15+00:00
JAVI REY

Javi Rey (Bruselas, 1982)

Inicia a súa formación artística na emblemática Escola Joso de Barcelona, onde o ambiente pronto lle imbúe unha gran paixón polo mundo do cómic, afirmándose ao final dos seus anos de formación na convicción de querer dedicarse a contar historias.

Así, no ano 2007 e da man de Santi Navarro, participa por vez primeira no libro colectivo Lovexpress (Kaleidoskope/Escola Joso).

Malia todo, a súa actividade profesional comeza principalmente vinculada ao mundo da animación independente, traballando como debuxante de preprodución (deseño de personaxes e fondos), para o estudio Yankipay durante a produción da serie 240, el nen clònic. Con posterioridade tamén traballa como ilustrador de libros de texto para a editora Digital Text; ou como storyboarder para diversas axencias de publicidade. A súa oportunidade definitiva chega durante o Salò del Cómic de Barcelona do ano 2011, por mor dunha cita cun editor francés que lle abriu a posibilidade de converterse no debuxante de ¡Adelante! (Éditions Dupuis), sobre un guión de Frank Giroud, e cuxa acción transcorre durante a guerra da independencia española, coa loita de clases como pano de fondo e un intrépido bandoleiro no rol protagonista.

A súa segunda obra de longa duración, Un maillot pour l’Algérie (Éditions Dupuis), aborda a historia da creación do primeiro equipo nacional de fútbol alxerino durante a guerra franco-alxerina, guionizado para a ocasión por Kris e Bertrand Gallic.

Tamén participou na realización de varias historias breves como Esqueixada dentro do libro colectivo Web Trip. Relatos y recetas (Planeta Cómic); Ils sont entrés xunto ao prolífico guionista Zidrou, dentro do suplemento de actualidade Groom (revista Spirou); e Malala, en colaboración con C. Loizeau para a revista infantil Images Doc.

O seu traballo máis recente é a adaptación ao cómic da novela Intemperie (Planeta Cómic) do escritor Jesús Carrasco, un proxecto polo que Rey recibiu o premio autor revelación do Salò Internacional del Cómic de Barcelona 2017.

BIBLIOGRAFÍA ESENCIAL

2015

¡Adelante! Edición integral (Norma Editorial).

2015

Esqueixada (Planeta).

2016

Intemperie (Planeta).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies