Xosé Tomás2018-08-06T22:52:55+00:00

Bibliografía esencial:

2008 – Tolos (Universidad de la Coruña).

2011 – Nómades (Editorial Galaxia).

2018 – Animalia 1. Verde (Edicións Xerais).

CONFERENCIA

VENRES 10 – 18.15h

Kiosco Alfonso | Xardins de Méndez Núñez, 3

XOSÉ TOMÁS

Xosé Tomás (Betanzos, 1971)

Ilustrador, humorista gráfico e profesor de inglés de ensino secundario no CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, o seu campo de traballo diversifícase en diferentes campos: o groso da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil, onde traballou para editoriais como Xerais, Edebé, Baía, Galaxia, Parramón, Bromera ou Planeta. Dos máis de trinta libros que ilustrou, salienta a serie Rodribico, con textos de Manuel Guisande, da que publicou media ducia de títulos.

En cómic realizou a obra “Tolos”para a Universidade da Coruña, e tamén “Compañeiros. Homenaxe ás vítimas do Portiño”, encargo da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, así como o “Proxecto Terra”para o Colexio de Arquitectos de Galicia, ou a serie “Preventigirl”. Tamén foi un dos autores habituais nas dúas épocas da revista de cómic Golfiño.

Publica diariamente unha viñeta cómica para La Voz de Galicia e realiza colaboracións habitualmente para este diario. Tamén fai humor gráfico para as revistas Tempos Novose a Revista Galega de Educación. Traballa igualmente o cartelismo didáctico e estende o seu labor ao mundo dos materiais multimedia, con traballos para a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña, deputacións e concellos e diversas empresas editoriais. Imparte con regularidade obradoiros de ilustración e de cómic en centros de ensino primario e secundario para profesorado e alumnado, e colabora na formación dos docentes (a través dos centros de formación do profesorado e de movementos de renovación pedagóxica) nos usos didácticos da banda deseñada e a ilustración.

Foi enviado pola Xunta de Galicia como ilustrador infantil á Feira do Libro de La Habana para representar o panorama da ilustración infantil galega e para impartir diversas charlas e obradoiros didácticos. En 2010 a Embaixada de España en Nixeria convocouno para impartir un curso de ilustración infantil a profesionais nixerianos e interveu no Colexio Español de Lisboa coa celebración de actividades didácticas a escolares arredor da ilustración e o cómic.

En 2011, publicou“Nómades”(Editorial Galaxia), unha novela gráfica sobre oito mulleres que o arriscan todo para poder mellorar as súas vidas e as das súas familias. Estruturado en varias historias curtas, a obra constitúe un excelente retrato das migrantes africanas e a súa loita por saíren adiante en todas as súas facetas.

En 2017, publicado por Estudio Rosetta e, con guión de Rafael Marín, faría unha nova incursión na historieta creando “El tebeo mágico”. O seu último traballo no mundo do cómic é “Animalia”, unha serie de tres libros de historietas autoconclusivas dunha páxina protagonizadas por animais de diversos hábitats

realizados para Edicións Xerais. O primero, Animalia 1. Verde, localizada na selva, acaba de ver a luz e están previstos outros dous: Animalia 2. Branco, no mundo do mar e da auga; e un terceiro, protagonizado por animais domésticos. Animalia é unha reflexión sobre o xénero humano e a civilización desde a caracterización humorística que ofrece o mundo animal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies