
Komic Librería e Demo Editorial presentan, dentro da programación oficial, un fantástico concerto de Banda Aparte
Komic Librería e Demo Editorial, comprácense en presentarvos un fantástico concerto de Banda Aparte dentro do programa oficial do Viñetas Dende o Atlántico 2011.
A banda ofrecerá o seu mellor repertorio movéndose a ritmo do mellor rithm&blues, soul e funky.
Organizado por Komic Librería e Demo Editorial e patrocinado por sete editoriales presentes na Rúa da BD,citámosvos para o vindeiro xoves 11as 23:00 na coñecida sala coruñesa Garufa.
As limitadas dimensións da sala obrigaron a reducir a impresión de entradas polo que aconxellamos,
os que teñades interese, reservarlas ou mercalas nos primeiros días do salón. O prezo é de 5 euros.