Como xa aconteceu na edición 2014, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras ofrecerá este ano unha cata de presentación dalgúns dos seus mellores viños para os convidados oficiais de Viñetas desde o Atlántico. Esta denominación produce, entre outros viños, Godello, Mencía, Castes Nobres e escumoso de Godello, sendo unha das grandes denominacións de orixe galegas.