ARTISTAS E ACTIVISTAS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL PRESENTAN MAÑÁ VENRES “NAI DOS DESTERRADOS”
A ONG edita por terceiro ano consecutivo esta banda deseñada da que se están a repartir un millar de exemplares.
A presentación será mañá, ás 18.30 horas, na caseta da Feira da Historietas de Viñetas desde o Atlántico.
Autores do fanzine “Nai dos Desterrados” e activistas do grupo local de Amnistía Internacional presentarán mañá a terceira edición desta banda deseñada. O acto terá lugar mañá, venres, ás 18.30 horas na feira Viñetas desde o Atlántico.
Esta iniciativa non podería ser posible sen a colaboración desinteresada de artistas como Xulia Pisón (portada);Uxía Larrosa; Paula Esteban; Miguel Angel Vilas; Lía Rodríguez; F. Peral; Diego Burdío e Senso (María Gil e Nour Al-Hussen). Coa súa particular visión, contan historias de defensores/as dos Dereitos Humanos como Atena Daemia, ou fan referencia ao cambio climático, Siria, migración, refuxiados ou Chealsea Manning, só por citar algunhas das temáticas elixidas.
Durante a presentación, os artistas participantes explicarán que lles levou a colaborar con este fanzine e por que optaron por unha determinada temática. Ao finalizar, firmarán exemplares.
Amnistía Internacional reparte un millar de exemplares de balde nas casetas e tendas físicas de Alita Cómics (A Coruña), A Gata Tola (Santiago de Compostela Banda Deseñada (Vigo), Libraría Paz (Pontevedra), Totem (Lugo) e Sindicato del Cómic (Ourense).
