O XXIII Salón Internacional do Cómic da Coruña enfronta o seu ecuador no medio, e a pesares, das especiais condicións que impón a pandemia do coronavirus

AS PRINCIPAIS EDITORIAIS ESPECIALIZADAS EN CÓMIC INFANTIL E XUVENIL ACHÉGANOS NA SALA PALEXCO Á VARIADA OFERTA DE BANDA DESEÑADA ADICADA AOS MÁIS NOVOS 

Este ano, sen dúbida, a máis especial da súa historia, Viñetas pon o foco no espazo temporal no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil.

Palexco acolle unha variadísima colección de orixinais de diversos autores, seleccionados polas editoriais Brúfalo Lector/Cúpula,  Astronave/Norma, Astiberri, Mamut/Bang e Nuevo Nueve.

As exposicións da sala do porto coruñés mostran creacións de Katie O’Neill, Bonache, Ricardo Peregrina, David Ramírez, Ana Miralles Emilio Ruiz, Lorena Álvarez, Adrien Albert, Julia Billet, Claire Fauvel, Ana Miralles e Emilio Ruiz, Lorena Álvarez, Adrien Albert, Natalia Colombo, Fermín Solís, Artur Laperla, Jacobo Fernández, Mathilde Domecq e Mr. Tan.

A organización lembra ao público a obrigatoriedade de cumprir con todas as normas que impoñen as autoridades sanitarias: lavado de mans, uso obrigatorio de máscara, manter a distancia de seguridade e respeto ao límite de aforo. 

A Coruña, 19 de agosto de 2020.

O Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico enfronta o ecuador da súa XXIII edición, condicionado pola pandemia que estamos a sufrir e, a pesar da cal, mantén a súa cita anual, baixo a premisa, eso sí, do respeto riguroso a todas as medidas impostas polas autoridades sanitarias. Nesta edición, sen dúbida, a máis espacial da súa historia a causa da Covid-19, Viñetas pon o foco no espazo temporal no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil. As principais editoriais españolas, Brúfalo lector/La Cúpula, Astronave/Norma, Astiberri, Mamut/Bang e Nuevo Nueve, especializadas en publicacións tanto nacionais como internacionais dirixidas aos lectores máis novos, expoñen na Sala Municipal de Exposicións Palexco (Muelle de Transatlánticos) orixinais de obras dirixidas a este segmento do público, asinadas polos seus creadores máis destacados.

As paredes da sala do porto coruñés están cheas dun auténtico “catálogo” da variada oferta editorial que hai no mercado para o público infantil e xuvenil. “A exposición mostra toda as opcións. Pode axudar a moitos adultos que a vexan a elexir a opción máis axeitada para introducir aos séus fillos, netos, sobriños, amigos…no mundo da banda deseñada”, sinala o director do Festival, Miguelanxo Prado.

Brúfalo Lector/ La Cúpula expon a obra de Katie O’Neill, ilustradora neozelandesa autora de Érase una vez dos princesas, Bahía Acuicornio, La Sociedad de los Dragones de Té (galardonada con dous premios Eisner) e El Festival de los Dragones de Té. Astronave/Norma mostra pezas de Bonache, Ricardo Peregrina, David Ramírez e láminas de La Guerra de Catherine de Julia Billet e Claire Fauvel.

Pola súa banda, Astiberri achegaranos ao talento creativo de Ana Miralles e Emilio Ruiz, Lorena Álvarez, e Adrien Albert, mentres que Mamut/Bang colga orixinais de Babita, de Natalia Colombo, Astroratón, de Fermín Solís, de Superpatata, de Artur Laperla, e de Marcopola de Jacobo Fernández. Por último, a editorial Nuevo Nueve permítenos mergullarnos na obra Shaker Monster de Mathilde Domecq e Mr. Tan, e ao tempo deleitar aos máis pequenos cunha mostra colectiva de Marsupilami.

A organización lembra ao público que se achegue a ver esta exposición e o resto das mostras de Viñetas desde o Atlántico a obrigatoriedade de cumprir con todos as normas que impoñen as autoridades sanitarias: lavado de mans, uso obrigado de máscara, manter a distancia de seguridade e respeto ao límite de aforo. O chan da sala Palexco ten marcado o percorrido de entrada é saída ao recinto, o que fai a visita ordenada e segura para os afeccionados. Ata o de agora, e tal e coma resalta a organización de Viñetas desde o Atlántico, o comportamento e a compricidade do público está a ser exemplar.