AS VIÑETAS AMBIENTAIS DE JUAN LÓPEZ RICO ATERRAN EN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO
O sábado, ás 18.45 horas, preséntase ¡Houston, tenéis un problema! na caseta de actividades da Rúa dá BD, fronte ao Kiosco Alfonso.
Interveñen:
- Juan López Rico, xornalista e humorista gráfico, autor do libro.
- Arturo Larena, director de EFEverde e prologuista do libro.
- Cristina Benito, editora de Silsania
O libro
¡Houston, tenéis un problema! é unha recompilación de viñetas de temática ambiental publicadas por López en diferentes medios, impresos e dixitais, ao longo de varios anos. Nelas, o seu autor ínstanos a reflexionar sobre o noso insólito comportamento cara ao planeta que habitamos.
As escenas ou diálogos representados viran ao redor dos principais problemas que afectan o medio ambiente e, por tanto, a nosa propia subsistencia: cambio climático, xestión dos recursos, contaminación, política enerxética ou destrución do planeta.
O autor
Juan López Rico, López, naceu en Ribadeo (Lugo) en 1955. É xornalista, profesor de aikido e humorista gráfico. Como xornalista desenvolveu todo o seu labor profesional na Axencia EFE, da que foi delegado en Galicia durante oito anos.
Comezou a publicar os seus debuxos no Correo Gallego a mediados dos anos oitenta. Desde entón, colaborou como humorista gráfico en diversos medios, como Galicia Hoxe, Galegos, Longa Lingua, EFEverde ou Galicia Confidencial.


