O  XXIII Salón Internacional do Cómic da Coruña abriu onte as portas pese a pandemia

AS VIÑETAS MÁIS TENTADORAS DE BARBUCCI, VEGAS, PAU, E XULIA VICENTE ENCHEN AS PAREDES DO KIOSCO PARA FACER SUCUMBIR AO PÚBLICO INFANTIL Á ARTE DA BANDA DESEÑADA

Estes días, a sede central de Viñetas desde o Atlántico, o Kiosco Alfonso, fará ás delicias de cativos e maiores. As condicións para disfrutar das pezas destes catro creadores son ben doadas, só hai que seguir as indicacións marcadas no chan e manter a distancia de seguridade e a mascara posta.

Traballo de Enrique Vegas

A Coruña, 18 de agosto de 2020

O centro neurálxico de Viñetas desde o Atlántico, o Kiosco Alfonso, contén unha oferta ben tentadora. As obras de Alessandro Barbucci, Xulia Vicente, Enrique Vegas e Pau farán as delicias de cantos cativos se acheguen a botar unha ollada as exposicións que, de seguro, sucumbirán á arte da Banda Deseñada para sempre.

O concello da Coruña e o equipo de Viñetas desde o Atlántico fixo unha aposta inequívoca para que a XXIII edición do Salón Internacional do Cómic poidera abrir as súas portas pese ao coroavirus. Por iso agradecen desde xa a compricidade do público con Viñetas e o seu respeto ás normas impostas polas autoridades sanitarias. Disfrutar das exposicións é doado. Só hai que seguir as indicacións do percorrido fixadas no chan das salas, manter a distancia de seguridade e ter sempre a máscara posta. A cambio dese pequeno esforzo, á arte da Banda Deseñada colga ante os ollos de cantos se acheguen estes días ás mostras de orixinais alí expostas. O Kiosco Alfonso alberga a obra do xenovés Alessandro  Barbucci, creador das series mundialmente coñecidas Sky Dolls  e W.I.T.C.H. (protagonizada por cinco rapazas adolescentes con poderes) ambas en tándem coa guionista Bárbara Canepa. Tamén no corazón expositivo de Viñetas colgan os orixinais de Enrique Vegas, o historietista segoviano famoso polas súas versións paródicas de películas e cómics de éxito, Spider-Man, Hulk, X-Men, Hellboy, Piratas del Caribe, Star Wars… cuxos protagonistas son aquí gordechos e cabezóns.

Os asistentes poderán tamén descubrir á obra do mallorquino Pau, un recoñecido creador, autor de Las vacas chechenas, con historietas e portadas sucesivas publicadas en revistas como a belga  Spirou ou a española Nosotros somos los muertos. O seu salto internacional chega coa saga de Atlas & Axis e  Ze  Jacky  Touch.

Xulia Vicente, completa o cadro de autores que expoñen no Kiosco. A coruñesa acaba de sorprender co seu último traballo, no que por encargo do Consello Galego de Cultura levou á linguaxe da banda deseñada a historia de amor e liberdade de Elisa e Marcela, ten xa unha traxectoria asentada. Pero a súa traxectoria xa é longa e conta con premios de recoñecemento internacional. É a autora da novela gráfica Anna Dédalus: el misterio de la mansión quemada, xunto a Miguel Angel Giner e Nuria Tamarit, coa que tamén asinou o cómic Duerme pueblo. Esta creadora coruñesa colaborou coa revista Jot Down, Arrós  Negre, Lis en Fleur ou Meinstrim e é cofundadora do fanzine Sapoconcho.

Todas as exposicións de Viñetas desde o Atlántico permanecerán abertas ao público ata o 13 de setembro.

Traballo de Xulia Vicente