Por vixésimo ano consecutivo, A Coruña volverá converterse na capital do cómic da man do festival Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará entre os días 7 e 13 de agosto de 2017.
Como é tradición, neste espazo web manterémosvos informados puntualmente de todas as novidades de Viñetas 2017. É un bo momento para recordar tamén a nosa presenza en redes sociais, nas que daremos a coñecer o día a día desta imprescindible cita. Síguenos en Facebook, Twitter e Instagram!
Na portada da web tedes todos os detalles sobre os invitados desta edición, sobre os que falaremos con máis detalle nos próximos días. ¡Un gran elenco formado por Bruno Chevrier – Nob, Cameron Stewart, Eduardo Risso, Julie Rocheleau, Kiko Da Silva, Natacha Bustos, Pablo Auladell, Ralph Meyer, Rayco Pulido, Javi Rey, Dave Mckean, e Enrique Sánchez Abulí!
Así mesmo, na sección exposicións xa podedes consultar a ubicación exacta das mostras de Viñetas 2017.
Para rematar, non podemos esquecernos da nosa sección histórica, con información sobre as edicións previas de Viñetas desde o Atlántico. Como novidade, este ano incorporamos o listado de todos os autores invitados de cada edición.
Contamos co voso apoio! Esperámosvos!