Moi boas a todos e benvidos a esta sección da web de Viñetas desde o Atlántico 2015
Neste apartado informarémosvos de todas as novidades desta edición do Festival Internacional da Historieta da Coruña, que se celebrará entre os días 10 e 16 de Agosto.
Nas últimas semanas fómosvos informando de todo puntualmente a través das nosas redes sociais, Facebook e Twitter.
Na web xa está envorcada toda a información que vos fomos proporcionando, empezando polos convidados desta edición. Na sección «Convidados» podedes ler unha completa biografía de cada artista que nos acompañará nesta entrega do certame.
Tamén podedes consultar xa, na sección «Exposicións», a situación de cada unha das mostras que estarán abertas ao público a partir do próximo 10 de Agosto.
Por outro lado, para profesionais do mundo do cómic, está habilitada a sección «Encontros profesionais», con todos os datos destas sesións que se desenvolverán durante a semana de Viñetas.
Para rematar, como curiosidade, podedes ver e gozar de todos os carteis das edicións anteriores de Viñetas desde o Atlántico nun apartado especial ao que podedes acceder a través deste link.
Iremos actualizando a web e as redes sociais nos próximos días. Para calquera cuestión, podedes contactar connosco nas direccións que vos indicamos na sección «Contacto» ou a través das mencionadas redes sociais.
A conta atrás para Viñetas desde o Atlántico 2015 comezou!