O encontro coa xoven autora de Elisa e Marcela será retransmitido en liña a través da páxina web do Festival

CON UN AFORO MOI LIMITADO POR MOR DA PANDEMIA, OS AFECCIONADOS PODERÁN DISFRUTAR MAÑÁ DA PRIMEIRA CHARLA COLOQUIO DE VIÑETAS 2020, NESTA OCASIÓN COA DEBUXANTE GALEGA XULIA VICENTE
Os pases para asistir ao vivo á charla, só dezaoito, repartiránse na entrada do Kiosco Alfonso por riguroso orden de chegada desde media hora antes e, unha vez completado o aforo, impedirase o acceso á sala.
Tamén mañá venres presentarase o cuarto número do fanzine de Amnistía Internacional Nai dos Desterrados, sobre as violacións dos Dereitos Humanos no mundo e cuxos orixinais móstranse na carpa de actividades do Festival. A presentación será nese mesmo recinto, ás 19 horas.
A organización recomenda ao público non deixar de visitar, na Sala de Exposicións do Pazo de María Pita, a mostra de orixinais da novela gráfica “MIES”, o biopic que Agustín Ferrer Casas publicou sobre o arquitecto Mies van der Rohe, último director da Bauhaus, a escola berce da arquitectura moderna.
De visita obrigada é, asemade, a exposición dos últimos premios Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, outorgados a Alberto Vázquez e Martín Romero, na Sala Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga.
A Coruña, 20 de agosto de 2020.
Ainda que con un calendario e un aforo moi reducido, a 23 edición de Viñetas desde o Atlántico, marcada polas restricións que impón a pandemia causada polo coroavirus, non renuncia a unha das súas señas de identidade, ofrecer aos afeccionados a posibilidade de departir cos autores. A debuxante galega, Xulia Vicente, protagonizará mañá venres a primeira das charlas coloquio. Será a partir das 19.30 horas, na Sala de Conferencias da sede central do Festival Internacional, o Kiosco Alfonso.
O aforo do recinto estará limitado a un máximo de 18 persoas, polo que a organización ven de arbitrar un sistema de entradas para poder acceder ao mesmo. Os pases repartiránse no acceso ao Kiosco por riguroso orden de chegada desde media hora antes e, unha vez repartidos e completado o aforo impedirase o acceso á sala. De calquer xeito, os interesados en escoitar á autora convidada poderán facelo en liña, a través da páxina web do Festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com
A pesar da súa xuventude (Cariño,1993), Xulia Vicente, que acaba de sorprender co seu último traballo, no que por encargo do Consello Galego de Cultura levou á linguaxe da banda deseñada a historia de amor e liberdade de Elisa e Marcela, ten xa unha traxectoria asentada. É a autora da novela gráfica Anna Dédalus: el misterio de la mansión quemada, xunto a Miguel Angel Giner e Nuria Tamarit, coa que tamén asinou o cómic Duerme pueblo. Esta creadora coruñesa colaborou coa revista Jot Down, Arrós Negre, Lis en Fleur ou Meinstrim e é cofundadora do fanzine Sapoconcho.
Presentación do Fanzine “Nai dos Desterrados” de Amnistía Internacional
Tamén mañá venres, ás 19 horas, presentarase na carpa de actividades do Festival (na Rúa da BD, fronte ó Kiosco Alfonso) o cuarto número do fanzine de Amnistía Internacional sobre Dereitos Humanos no mundo titulado Nai dos Desterrados. Ademáis, e por primeira vez, os orixinais da publicación colgan este ano das paredes da carpa, formando parte da oferta expositiva desta edición do Salón. No fanzine participan de maneira altruista un bo número de creadores, que ceden á organización a súa particular visión das violacións que sofren en distintas partes do mundo os Dereitos Humanos e a defensa que particulares, organizacións e movementos fan deles. Neste cuarto número participan os artistas Blanca Vila, Faks, Ness Morais, Ismael López, Xela G. Carballo, Miguel Cuba, Cristina López (Venus Edge), Rubén Rial y Luis Sendón.
A organización de Viñetas recomenda ao público que non deixe de visitar a Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita onde colgan os orixinais da novela gráfica MIES, biopic publicado por Agustín Ferrer Casas sobre o arquitecto Mies van der Rohe, o derradeiro director da Escola Bauhaus, considerada berce da arquitectura moderna que o pasado ano cumpliu cen anos de existencia. “Unha auténtica ledicia e un manual de como facer unha biografía en cómic”, en palabras do director do Festival, Miguelanxo Prado.
Tamén é de visita obrigada a exposición dos últimos premios Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, outorgados aAlberto Vázquez e Martín Romero, cuxas obras colgan na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga. Alberto Vázquez, dono de tres Premios Goya por obras como Birdboy, Psiconautas ou Decorado, é un dos autores máis recoñecidos no panorama galego. O ilustrador Martín Romero é o primeiro premiado co Castelao infantil e xuvenil.
A Torre de Hércules é outra das singulares salas de exposición do Salón Internacional. Alí, como nun xogo de espellos, pódese facer un percorrido polos carteis da historia de Viñetas desde o Atlántico: lembremos que a única condición que se lle impón aos autores convidados á hora de deseñar o cartel é que na súa proposta figure o emblemático faro. Vinte e tres xoias en gran formato rubricadas por algúns dos debuxantes máis reputados do panorama nacional e internacional. A última, o cartel anunciador da presente edición, é obra do mexicano Tony Sandoval, convidado do Viñetas desde o Atlántico 2019.