Iniciamos a semana cunha nova gran actualización da nosa web.
Na sección «Conferencias» podedes consultar xa as actividades que se realizarán no Kiosco Alfonso entre os días 10 e 16 de Agosto. Iremos desgranando todos estes contidos ao longo da semana.
Doutra banda, en «Encontros Profesionais» os profesionais do mundo do cómic interesados xa poden consultar o calendario destas reunións que se celebrarán en horario de mañá durante Viñetas desde ou Atlántico 2015. Nesta sección tamén atoparán os interesados as indicacións para poder apuntarse a estes eventos especiais.