O debuxante galego falará do seu último traballo, unha triloxía sobre o mito maia do “cancerbeiro dos deuses”. Durán e Giner farano da súa última colaboración, que trata do accidente do metro de Valencia.
CONS, DURÁN E GINER SERÁN ESTE MÉRCORES OS PROTAGONISTAS DOS ENCONTROS COS AFECCIONADOS
A charla de Tirso Cons será de 18.15 h a 19.15 h, e a do tándem Durán-Giner, entre as 19.30 h e as 20.30 h; as dúas, na sala de conferencias do Kiosco Alfonso.
-
Mañá comezan as actividades na carpa do Festival, instalada na Rúa da BD, onde tamén se celebra a tradicional feira editorial que aglutina a máis dunha trintena de librarías e editoriais chegadas de toda España. Abrirá o calendario, ás 12 horas, a presentación de «Unha historia de Vimianzo», do debuxante Rubén Rial con textos de Manuel Rial. Ás 13 horas será o turno para «As mellores viñetas de Santy Gutiérrez.
O creador galego Tirso Cons abrirá mañá mércores as charlas cos afeccionados en Viñetas desde o Atlántico. A continuación será a quenda do tándem creativo que forman os valencianos Cristina Durán e Miguel Ángel Giner. Ademais de falar de toda a súa traxectoria, estes tres invitados do Festival que promove o Concello coruñés afondarán nos seus traballos máis recentes. Cons contará detalles do seu último proxecto, no que se achega a un dos mitos da cultura maia, “o cancerbeiro dos deuses”, e Durán e Giner da súa última creación conxunta El día 3, cuxa temática é o accidente de metro de Valencia e mais todo o que pasou despois. A charla do debuxante galego será a partir das 18.15 h e a dos autores valencianos a partir das 19.30 h; todas na sala de conferencias do Kiosco Alfonso.
Tirso Cons, pontevedrés afincado en Madrid, deuse a coñecer internacionalmente con La casa de los susurros (Lles Humanoïdes Associés), baixo guións do madrileño David Muñoz e a cor de Javi Montes. Desa obra editáronse tres álbums. Unha curiosidade: a primeira edición integral apareceu en lingua galega (Patito Editorial) e mesmo antes que en Francia, onde se publicou orixinalmente. Tras este traballo, sacou do prelo Las crónicas de la Legión, co coñecido guionista francés Fabien Nury, unha reviravolta orixinal ao tema vampírico. Desde 2017 traballa en Trackers, o arma perdida dos deuses, de novo con Muñoz, unha triloxía sobre a procura do mito maia do “Cancerbeiro dos deuses”.
Cristina Durán e Miguel Ángel Giner teñen unha biografía creativa e un estudio común. Ambos os dous son autores de varias novelas gráficas como Una posibilidad entre mil, La máquina de Efrén e Cuando no sabes qué decir. A principios deste ano publicaron a obra El día 3, que asinan coa xornalista Laura Ballester. Trata, como xa se mencionou, do accidente de metro de Valencia. Tamén publicaron outros cómics coma son Pillada por ti, Vicente Blasco Ibáñez. Una vida apasionante, e participaron no álbum colectivo Viñetas de vidapara Oxfam Intermón (Astiberri). En 1993 crearon LaGRÚAestudio, onde traballan desde entón como debuxantes de cómic e ilustradores. Os dous están ligados á Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV), que presidiron en distintos momentos. Giner escribiu tamén o libro-cómic Anna Dédalus detective. El misterio de la mansión quemada, e xa como debuxante Astucia Laperla. Luna roja, corazón negro. Tamén é profesor na Facultade de Belas Artes e na Escuela Superior de Arte e Tecnoloxía de Valencia. Os dous están ligados á Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV).
As exposicións que exhiben o traballo de Tirso Cons, Cristina Durán e Miguel Ángel Giner están na Sala Municipal de Palexco. O horario de visitas é de 12 h a 14 h y de 18 h a 22 horas.
Rúa dá BD
Mañá abrirán tamén as actividades na carpa do Festival, instalada na Rúa dá BD, onde se celebra a feira editorial. Ás 12 preséntase «Unha historia de Vimianzo», de Rubén e Manuel Rial. Ás 13 horas, Manel Cráneo presentará “As mellores viñetas de Santy Gutiérrez”, co propio Santy Gutiérrez.