- O francés Ralph Meyer traballa neste momento no terceiro tomo desta exitosa serie
- Outro prato forte do Salón do Cómic coruñés, o canadense Cameron Stewart, achegará aos afeccionados ao mundo dos superheróes mais emblemáticos (Scooby-Doo, Superman e Os Invisibles). Tamén é o artífice do relanzamento de Batgirl, convertendo a serie nunha das grandes revelacións de DC Comics.
- O polifacético Dave McKean presentará en Viñetas un espectáculo audiovisual sobre a súa novela gráfica Black Dog: The dreams of Paul Nash
- O arxentino Risso chega a Viñetas co resucitado Torpedo nas mans, mentras que a canadense Julie Rocheleau contará coma devolveu a vida a un personaxe esquecido, Fantomas.
A Coruña, 12 de xullo de 2017. O carácter e a vocación internacional de Viñetas desde o Atlántico, promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, non ten discusión. Foi unha aposta desde a súa primeira edición, ala polo 1998, e niso segue empeñado o seu director, Miguelanxo Prado. Para o vinte aniversario o listón do plantel de persoas convidadas tiña que manter o nivel. Os nomes elexidos confirman o acerto: o arxentino Eduardo Risso e o francés Sánchez Abulí, o inglés Dave McKean, os canadenses Cameron Stewart e Julie Rocheleau e os franceses Ralph Meyer e Nob (Bruno Chevier). Esa é a oferta de alén das nosas fronteiras.
Os afeccionados poderán coñecer no Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico 2017 a Ralph Meyer, quen co tamén francés Xavier Dorison, son os pais de El enterrador (Undertaker), unha das obras de máis sona do cómic europeo dos últimos anos. Tratase dunha lúgubre e trepidante balada que leva ao lector á senda do mais xenuino western. Fincado en Barcelona, traballa neste momento no quinto tomo da serie. Meyer é o artífice, tamén, de IAN, a intelixencia artificial que habita baixo a pel dun humano, ou o debuxante de Página Negra.
Cameron Stewart representa na vixésima edición de Viñetas desde o Atlántico aos debuxantes de superheróes mais recoñecidos en todo o planeta. Stewart participou na recreación e modernización do personaxe Batgirl para DC e destaca, na súa faceta como autor independente, por títulos coma El Club de la Lucha 2 ou Sin Títuto. Levan a sua pegada Scooby Doo, Superman Adventures e Os Invisibles.
Outra convidada é a tamén canadense Julie Rocheleau, quen resucitou a Fantomas, o auténtico predecesor dos súper viláns de cómic. Rocheleau destacou na escea da novela gráfica con “A petite patrie”, unha obra baseada na autobiografía de Claude Jasmin. Nas súas páxinas fai unha crónica da vida nun popular barrio de Quebec nos anos 40 desde a mirada dun neno de oito anos.
Risso e Abulí, un bo tándem para un gran personaxe, Torpedo
A vixésima edición do Salón contará con unha das vacas sagradas do mundo do cómic, Eduardo Risso, considerado por moitos un dos mellores debuxantes do mundo. Risso, gañador de catro Premios Eisner, foi o elexido para resucitar a Torpedo, man con man co seu guionista, Abulí. Ambolos dous contarán aos seus seguidores o proceso creativo desta obra.
Dave McKean, unha das voces creativas máis destacadas do Reino Unido (debuxante, pintor, deseñador gráfico, fotógrafo, cineasta e músico) é outro dos popes convidados de Viñetas. MacKean chega con un espectáculo audiovisual co cómic como protagonista. Trátase do “Black Dog, the dreams of Paul Nash” unha sesión de música en vivo con proxección das imaxes que ilustran a novela gráfica que publicou ao redor do británico Paul Nash, un dos nomes claves no nacemento dos movementos modernista e surrealista.
O espectáculo terá lugar o propio día da inauguración do Salón Internacional do Cómic 2017, o luns 7 de agosto, na Fundación Barrié.O acceso será mediante invitación. Mesmo así, as ilustracións que compoñen a obra do polifacético McKean si se poderán visitar durante todo Viñetas no Kiosco Alfonso.
Cómic para nenos, unha avoa trapalleira
O cómic para nenos terá tamén peso en Viñetas 2017 e da man dun dos mais reputados dos seus creadores. Desde Francia virá Nob (Bruno Chevrier), o pai de Mamette (Naneta, en España) a avoa que se comporta como unha nena, obra que o consagrou como autor e que xa vai por cinco tomos. Con ese título obtivo ademais o premio Millepage, outorgado polos libreiros franceses.