Continuamos co noso Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

Onte celebráronse no Kiosco Alfonso o primeiro encontro profesional, protagonizado por Keko. Tamén tiveron lugar as dúas primeiras conferencias de Viñetas desde o Atlántico 2015, protagonizadas por Mai Egurza e Ana Oncina.

O encontro profesional con Keko, como adoita ser habitual nestes casos, estivo plagado de anécdotas e debates sobre técnicas, realización, produción e a cada vez máis importante «post-produción», é dicir, a promoción das obras de cada autor. Previamente, a primeira hora da mañá, Ana Miralles e Chloé Cruchaudet atenderon aos medios de comunicación presentes na roda de prensa oficial do día.

ArCfp88WTox2cYdSZfNUsToBmLRfgrqpA1W3HfBNwQNP

Xa pola tarde Mai Egurza e Ana Oncina convertéronse nas protagonistas absolutas do día en Viñetas desde o Atlántico. Malia os nervios (recordemos que ambas acoden ao festival cunha curta pero moi exitosa traxectoria profesional), as risas e o bo humor dominaron a sala desde os primeiros minutos de cada charla.

A conferencia de Mai Eugurza centrouse no seu traballo co guionista francés Zidrou na obra El Paseo de los Sueños (Norma Editorial). Un álbum que a autora tardou dous anos e medio en producir pero que, como destacaron todos os presentes, é unha das historias máis maduras a todos os niveis que realizou unha autora primeriza nos últimos anos. O deseño dos personaxes e a súa expresividade ocupou gran parte da conferencia, coas influencias de Mai Egurza como telón de fondo. A debuxante tamén explicou pormenores da complexa campaña de promoción da novela gráfica, que a levou a visitar diferentes puntos de Europa. Para rematar, todo parece indicar que a colaboración entre Zidrou e Mai Egurza estará asegurada nos próximos tempos, grazas á boa acolleita deste traballo e das ganas da nosa invitada neste Viñetas 2015 de continuar dedicándose, ao máximo, ao mundo da historieta.

AmfVoORqCL3UejYPUtqBv68lsQNdEWqE2jOaSm-G7IjR (1)

Doutra banda, a conferencia de Ana Oncina tamén estivo dominada polo bo ambiente, nunha sala do Kiosco Alfonso chea para a ocasión. Ademais, o público presente estivo moi participativo, con numerosas preguntas sobre as particularidades e curiosidades de Croqueta y Empanadilla, a parella protagonista da exitosa historia debuxada e guionizada pola convidada. O éxito da serie colleu un pouco de sorpresa a Ana Oncina, que admitiu que había ter un ano «de tolos», cheo de eventos e traballo. A súa intención é continuar traballando con estes personaxes, pero dándolles un respiro para evitar saturar ao público e poder traballar ademais noutras historias. Un público que, segundo contounos, é en grao sumo diverso e abarca todos os rangos de idades. A autora explicou o proceso creativo que se oculta en cada historia, na que se mesturan historias persoais con ficción. Como boa fan do mundo do cómic, contounos algunhas curiosidades sobre a súa asistencia a diversos salóns desde «o outro lado», como autora invitada.

AkdnMbCJ5vsz83uCZ-kY7f6NTeLqb8z-2lHuwC4_K0wI (1)

Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, Mércores 12 de Agosto de 2015. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa da BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuita. ¡Non dubidedes en visitalas! Recordámosvos ademais que hoxe terá lugar en PALEXCO a primeira sesión de firmas oficiais de Viñetas 2015, protagonizada por Mai Egurza, e a presentación, no Kiosco Alfonso, dun proxecto moi especial, Estirpe, la película

12:00 Encontro profesional con Ana Miralles (só para profesionais acreditados)

18:00 Firmas oficiais de Mai Egurza, en PALEXCO

18:00 Presentación de “Estirpe, la película”, no Kiosco Alfonso

18:30 Conferencia de Martín Romeu, no Kiosco Alfonso

19:45 Conferencia de Keko, no Kiosco Alfonso