Continuamos co noso Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña.
Este pasado venres celebrouse o último encontro profesional de Viñetas 2015, coa presenza de Chloé Cruchaudet. Ademais, Keko e Joaquín López Cruces atenderon ás preguntas dos medios de comunicación durante a roda de prensa oficial.
Pola tarde chegou un dos eventos máis esperados por todos os afeccionados: unha nova sesión oficial de firmas, coa presenza de todos os autores invitados. A diferenza dos pasados anos, esta sesión realizouse no PALEXCO, un cambio que foi recibido con alegría por moitos dos que onte acudiron a por un recordo do seu autor favorito. O público concentrouse especialmente ante dous das máis novas artistas invitadas nesta edición de Viñetas 2015, Raquel Córcoles (Moderna de Pueblo) e Ana Oncina, aínda que todos en maior ou menor medida tiveron unha tarde ocupada e entretida, gozando en compañía de todos os lectores e compartindo curiosidades e anécdotas. Agradecémosvos unha vez máis a paciencia demostrada durante as esperas.
Ao mesmo tempo que se producía esta sesión de firmas, no Kiosco Alfonso continuaba a actividade, coa conferencia do Premio Nacional de Cómic, Alfonso Zapico, que finalizou anticipadamente a súa sesión de firmas para poder chegar a tempo a esta cita. Alfonso Zapico fixo un repaso por toda o seu exitosa carreira, prestando especial atención a obras que marcaron un antes e un despois na historia recente do cómic español, como é o caso de Dublinés. Tamén houbo tempo para repasar os seus últimos traballos, como La Balada del Norte, e para explorar o seu faceta como ilustrador.
Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, Sábado 15 de Agosto de 2015, a última xornada oficial de Viñetas desde o Atlántico 2015. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa da BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuito. Non dubidedes en visitalas! Recordámosvos ademais que na mañá de hoxe terá lugar/tivo lugar unha nova sesión de firmas oficial, nesta ocasión con todos os autores invitados, a excepción Mai Egurza, que xa realizou a súa sesión de firmas o pasado mércores 12 de Agosto.
12:00- 13:30 Sesión de firmas oficiais de Viñetas desde o Atlántico 2015, en PALEXCO
18:30 Conferencia de Chloé Cruchaudet, en Kiosco Alfonso
19:45 Conferencia de Ana Miralles, en Kiosco Alfonso. Último acto de Viñetas 2015