Seguimos un día máis co noso Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

Este pasado xoves tivemos de novo unha xornada intensiva, gozando do mundo do cómic con numerosos eventos, tanto pola mañá, coa roda de prensa de Raquel Córcoles (Moderna de Poueblo) e Mai Egurza e o cedo encontro profesional protagonizado por Alfonso Zapico. Os autores gozaron ademais dunha experiencia inesquecible, grazas á cata de viños ofrecida pola D.O. «Valdeorras». A xornada continuou pola tarde, con dúas novas conferencias nas que, a pesar do mal tempo, a sala do Kiosco Alfonso estivo máis concorrida que nunca.

Joaquín López Cruces foi o primeiro protagonista da tarde. O debuxante andaluz compartiu con Carlos Portela, Miguelanxo Prado e o resto de asistentes curiosidades e detalles da súa traxectoria profesional. Unha traxectoria que, como o propio López Cruces admitiu, foi moito máis intermitente do que lle gustou, por diversas circunstancias persoais e profesionais.

AjbtqM729AEabaS3xiQTbtazZhin_FkjCOeOQFcxDYcE

O autor explicou algunhas das súas influencias, o seu método de traballo e, sobre todo, explicou a cadea de sucesos que levou á reedición dunha das súas obras cume, Sol Poniente, nun volume no que se realiza ademais unha comparación coa edición orixinal da obra. A humildad e a paixón deste artista polo seu traballo contaxiouse aos presentes, que se alegraron ao descubrir que Joaquín está comezando a traballar xa nunha nova historia.

Anaz3zKRoKHcLGxLhlv5sSniw-_XWiOspsCFwQS_vk9B

Coa sala completamente abarrotada chegou a segunda conferencia da tarde, co fenómeno Moderna de Pueblo como eixe central. Raquel Córcoles e Carlos Carrero realizaron unha presentación do seu proxecto profesional, o seu día a día e os seus plans futuros antes un gran número de afeccionados que demostraron que aínda que as modas veñen e van, Moderna e o resto de personaxes sempre estarán aí para sacar punta co seu humor a todas as ideas e correntes absurdas que nos rodean.

ApUhPr1CSmkrZSxYjRZCv4hjtvroKxvrnzi7cILBOoZZ

Aínda que ambos admitiron que o seu coñecemento do mundo do cómic aínda tiña que crecer máis (e con iso a narrativa e a forma de presentar a súa serie), o éxito do proxecto permitiulles encarar de diferente forma o futuro. Unha serie de animación baseada nos personaxes de Moderna de Pueblo está en camiño, e a súa idea pasa por continuar explotando o mundo das redes sociais, achegando esta forma de ver o cómic a cada vez máis público. Finalmente, Raquel e Carlos atenderon as preguntas dos moderadores e o público, e ata tiveron tempo de asinar algún exemplar da súa obra.

Ats5BYqj6pI1-9O7s4rc-OC5ly1nfIMDz0SYkuYM2hd8

Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, Venres 14 de Agosto de 2015. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa da BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuita. ¡Non dubidedes en visitalas! Recordámosvos ademais que hoxe terá lugar unha nova sesión de firmas oficial, nesta ocasión con todos os autores invitados, a excepción de Mai Egurza, que xa realizou a súa sesión de firmas o pasado mércores 12 de Agosto.

12:00 Encontro profesional, con Chloé Cruchaudet (só para profesionais acreditados)

18:00- 20:00 Sesión de firmas oficiais de Viñetas desde o Atlántico 2015, en PALEXCO

18:30 Presentación de «Subterfuge», en Kiosco Alfonso

19:45 Conferencia de Alfonso Zapico, en Kiosco Alfonso