Continuamos anunciando a máis autores que tamén estarán presentes en Viñetas desde o Atlántico 2015, da man de editoriais e librarías.

Emma Ríos, unha das artistas nacionais máis destacadas dos últimos anos, tamén acudirá a Viñetas 2015 da man da editorial Astiberri.

Candidata ao Premio Eisner 2014 nas categorías de Mellor Debuxante e Mellor Portadista, polo seu traballo na colección Bella Muerte – xunto coa guionista Kelly Sue DeConnick-, Emma Ríos asinará exemplares da súa obra no stand de Astiberri. O horario desa sesión de firmas confirmarémosvolo nos próximos días.

Recordamos que os invitados non oficiais tamén enriquecen coa súa presenza o festival, participando en sesións de firmas e outras actividades desenvolvidas na Rúa da BD e organizadas polas editoriais ou librarías que os invitan. Estes invitados non participarán no programa oficial e polo tanto non terán exposición nin conferencia.

11780261_1161874747171725_481754614_o