Como se pode comprobar na sección «Exposicións», engadimos unha nova mostra dentro do programa de Viñetas desde o Atlántico 2015. Trátase de Marcopola a illa remeira, dedicado a este exitoso cómic infantil e ao seu autor, Jacobo Fernández Serrano.
Esta exposición encádrase dentro das actividades paralelas de Viñetas desde o Atlántico 2015. Ademais, Jacobo Fernández é o responsable do taller infantil Un mar de viñetas coa illa remeira, un taller de iniciación ao cómic a través dos personaxes da súa serie A illa remeira.
Para coñecer o resto de talleres que se celebrarán durante esta edición do Festival Internacional da Historieta da Coruña, podedes consultar o seguinte enlace.