Lugar

Sala Filomatic, Praza de San Andrés e outras localizacións

Datas

11 e 12 de agosto 2023

Horario

Venres 11, desde ás 18.30 h.
Sábado 12, de 12.00 a 01.00 h.

Viñetas desde o Atlántico propón unha edición 2023 que pon en valor o sector e as autorías locais, erixíndose como o paraugas que arroupa todo o que sucede na Coruña ao redor do cómic e que tende pontes con iniciativas da cidade como Autobán e a súa coidada proposta de fanzine de banda deseñada alternativa.

Programa

Venres 11 de agosto | 18.30h | Presentación de Autobán 2023 (Sala Filomatic)

Procederemos á apertura de portas e á presentación da edición 2023 do festival de autoedición e BD da Coruña Autobán.

 

Venres 11 de agosto | 19.00h | Autobombo

O Autobombo consiste nunha trintena de presentacións rápidas a cargo de persoas participantes no Mercado de Autoedición do Autobán 2023 que queren amosar as súas obras e produtos. O formato que escollemos é de 11×11: cada presentación terá 11 imaxes e cada unha aparecerá durante 11 segundos, acompañada das explicacións de cada fanzineiro e fanzineira. É un xeito ameno e rápido de coñecer as propostas do Autobán.

 

Venres 11 de agosto | 21.00h | Combate de debuxantes

Oito debuxantes entran, un sae… e levase o trofeo e o megapremio do Autobán 2023. Este ano repetimos o popular evento de ‘belixerancia dibuxeira’, pero, nesta ocasión, contamos con novos combatentes que veñen dispostos a zurrarse (metaforicamente) e a suar tinta (literalmente). Incriblemente presentado por Miguel Sekone.

 

Sábado 12 de agosto | 12.00 a 22.00h | MERCADO DE AUTOEDICIÓN (Praza de San Andrés)

O Mercado de Autoedición de Autobán ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano conta con máis de 70 propostas chegadas de toda a Península.

O mercado desenvolverase na Praza de San Andrés coa inestimable axuda da Galería Grelería e contará con música ao longo de todo día a cargo de Pinchos e Pinchadas, Willy the Squid, PUTA PUTA PUTA, Pandereperras e outras artistas. Non faltarán á cita delicias veganas e unha cata de cervexas artesás de Alé Alé.

 

Sábado 12 de agosto | 12.30h | MINIBÁN

Sen pés nin testa!

Obradoiro de fanzine DADA para cativos e non tan cativos. Impartido por Julia Abalde.

Neste obradoiro para cativos e maiores crearemos empregando os métodos dos dadaístas, uns artistas pillabáns que querían rirse da arte seria e atoparon liberdade no absurdo. Probaremos técnicas variadas como o collage, o debuxo aleatorio ou a escritura automática, para romper co pensamento lóxico e xogar co azar e co disparate!

Sen pés nin testa! é unha actividade gratuíta e aberta ao público cativo e non tan cativo.

 

Sábado 12 de agosto | 19.00h | OBRADOIRO

Obradoiro 2×1: Crea un fanzine e un póster dunha sentada!

Impartido por Ro Ledesma.

En este obradoiro, a ilustradora Ro Ledesma nos guiará na creación dun fanzine desplegable que se converte en poster. Será un espazo dirixido á experimentación e á creatividade, non fai falta ter coñecementos previos e o material está incluido. A duración aproximada do obradoiro é unha hora.

Obradoiro 2×1 é unha actividade gratuíta e aberta ao público para toas as idades.

 

Sábado 12 de agosto | 20.00h I EXPOSICIÓN

Inauguración da exposición de Edmon na Galería Grelería

Edmon estudou Belas Artes en Granada e o Máster en Deseño e Ilustración da Univesitat Politécnica de València. Realizou traballos de ilustración e animación para clientes como El País, Penguin Random House, Reebok ou artistas como Foyone, entre outros. Amante da autoedición, é habitual velo por festivais do circuíto como GRAF e Posto. Actualmente residente en Mataró (Barcelona) e traballa no seu primeiro cómic longo.

 

Sábado 12 de agosto | 01.00 h. | FESTÓN POSTAUTOBÁN

Festa de peche do Autobán 2023 no Bar 13 (rúa Orzán, 115).

 

Outras actividades de Autobán

 

De luns 7 a xoves 31 de agosto | EXPO RETROSPECTIVA

El Café de Macondo (rúa San Andrés, 106)

Exposición retrospectiva de nove anos de Autobán. O público poderá ver os deseños de oito edicións de verán, sete edicións de inverno e unha edición dixital por mor da pandemia. E, ademais das imaxes dos carteis, tamén mostraranse fotos emblemáticas dos eventos e mostras de merchandising de cada ano do festival.

 

De luns 7 a xoves 31 de agosto | OBRADOIROS NA TOBEIRA

A Tobeira de Oza (rúa da Merced, 24)

 

De luns 7 a xoves 10 de agosto | De 9.00 a 14.00h | Serigrafía DIY

Curso intensivo de 20 horas impartido por Sien para aprender como facer serigrafía coas túas propias ferramentas. Clases de 5 horas cada unha, en horario de 9.00 a 14.0h, de luns a xoves. Aprende a imprimir en serigrafía, montar o teu propio taller e a funcionar por libre.

Máis información e reservas en www.zuloazul.com  ou escribindo ao correo electrónico drsienra@gmail.com.

 

Venres 11 de agosto | De 12.00 a 13.00h | Obradoiro de anaglifos

Un obradoiro impartido por Sien no que só é necesario acudir co teu portátil ou tablet e dispoñer dunha hora do teu tempo. Crearemos as nosas propias gafas para poder visualizar as imaxes en estéreo e aprenderás a a transformar os teu deseños en imaxes estereoscópicas. Máis información e reservas en www.zuloazul.com  ou escribindo ao correo electrónico drsienra@gmail.com até o sábado 5 de agosto.

 

Mércores 9 de agosto | De 18.00 a 20.00h | Carva o teu selo persoal!

Prezo: 25€ (materiais incluídos)

Obradoiro de carvado e estampación manual impartido por Xoana Pousa (Cuchiflainas). Deseñarás un selo propio que te represente e que poidas empregar para firmar as túas creacións ou, incluso, para intercambiar estampas. Poderás coleccionar na túa libreta os selos de outras persoas e, tamén, facer un pequeno parche-etiqueta para as túas prendas. Material incluído para facer o selo e estampar, ademais de libreta A6 e diferentes teas e papeis para estampar. Máis información e reservas escribindo ao correo electrónico elcuchicorreo@gmail.com até o luns 7 de agosto.

Máis información
Promove

Asociación Autobán

Outras actividades recomendadas

Filtro

Concerto de Hongo

Ilustrado por Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde 7 de agosto 2023

Comicteca

Espazo infantil 8 ao 13 de agosto 2023

Visita ‘¡Mujercitas del mundo entero, uníos!’

Visita guiada polos comisarios á exposición 8 de agosto 2023