Lugar
Palco da Música
(Avenida Xardíns de Méndez Núñez, 1. 15003 – A Coruña)
Palco da Música
(Avenida Xardíns de Méndez Núñez, 1. 15003 – A Coruña)
Do 7 ao 13 de agosto 2023
Luns, ás 19.00 h.
Martes a venres, ás 18.00 e 19.00 h.
Sábado e domingo, ás 12.00, 18.00 e 19.00 h.
Viñetas desde o Atlántico estrea unha nova actividade lúdica orientada ao público infantil este 2023. A iniciativa Viñetas Lab reúne un total de 15 obradoiros, dunha hora de duración, que celebraranse no Palco da Música Xardíns de Méndez Núñez, especialmente decorado e acondicionado para a ocasión. O programa de Viñetas Lab extenderase ao largo de todo o festival, do 7 ao 13 de agosto.
As protagonistas das actividades serán as famosas esculturas de Viñetas desde o Atlántico que reproducen personaxes de tebeo como Lucky Luke, Os Simpson, Pitufina, Carpanta, Esther, Spiderman, Batman ou Mortadelo e Filemón, entre moitos outros, todas elas presentes nos xardíns onde terán lugar os obradoiros.
A dinámica da actividade consistirá nun xogo colaborativo no que as nenas e os nenos introduciranse nos universos creativos destas personaxes de ficción, para logo desenvolver as súas propias historietas, nas que mesturarán estes personaxes que nunca antes conviviron todas xuntas nun mesmo tebeo.
Comezaremos por unha presentación das personaxes, con tarxetas descritivas (a modo de cartas de rol) para logo formular unha dinámica de xogo que rematará na creación dunha historieta propia. Para facilitarlles o traballo e que se centren na narrativa e na mestura de caracteres, traballarán con fondos deseñados polo propio educador e autocolantes que terán que recortar. Os fondos estarán estruturados en “viñetas” con “bocadillos” expresivos que lles orientarán narrativamente. Os autocolantes presentarán as diversas personaxes en diferentes planos e xesticulacións, para que escollan as que mellor se adapten á súa historia.
Máximo 15 prazas en cada obradoiro, con inscrición previa a través do correo electrónico ludidactica@gmail.com. Apertura de inscricións: xoves 3 de agosto, 10.00h. Se o aforo dalgún obradoiro non estivera cuberto coas reservas realizadas a través do correo electrónico, a inscrición poderá facerse, tamén, in situ, por orde de chegada, no propio Palco da Música.
De 6 a 12 anos