
Cartel: Miguelanxo Prado

[ESP] – [GAL]
ALICIA JARABA
BORJA GONZÁLEZ
DANI BERMÚDEZ
DAVID RUBÍN
EMMA RÍOS
FERNANDO DE FELIPE
FIDEL DE TOVAR
JESÚS ALONSO IGLESIAS
JUAN DÍAZ CANALES
JUANJO GUARNIDO
MAYTE ALVARADO
PIERRE ALARY
SERGI SAN JULIÁN

“Viñetas desde o Atlántico” celébrase anualmente no mes de agosto na Coruña desde o ano 1998 e está dentro das actividades da Concellería de Cultura do Concello da Coruña.
O amplísimo conxunto de exposicións, artistas invitados, e charlas e conferencias pretenden dar unha visión o máis ampla posible do mundo do cómic a nivel internacional.
Estas actividades eminentemente culturais compleméntanse coa feira de libreiros e editores. Tamén nela se realizan presentacións de novidades editoriais e actividades lúdicas.
Durante a semana do festival, A Coruña vístese de cómic e toda a vida da cidade se contaxia do espírito da historieta.
O noso emblema é a Torre de Hércules, o faro máis antigo do mundo en funcionamento e Patrimonio da Humanidade.
A entrada ás exposicións (excepto Torre de Hércules) e conferencias, e o acceso á feira e as súas actividades, son totalmente gratuitos.