Need a new search?

If you didn't find what you were looking for, try a new search!

Diario Viñetas 2016: Domingo, 14 de agosto (Última entrada)

2017-05-26T00:52:28+02:00

Última entrada do Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

Unha vez máis os autores invitados foron os grandes protagonistas na xornada, desde cedo, coa última sesión oficial de firmas desta edición de Viñetas desde o Atlántico. Os artistas envorcáronse en facer que todo todo aquel que fixera cola levásese un recordo, o que provocou que nalgún caso como o de Daniel Torres ou Miguelanxo Prado, director do festival, a sesión tivese que terminar incluso máis aló do horario habitual. Unha anécdota que demostra o tirón e a paixón que estes profesionais desprenden, ante un público que esperaba xa desde bastante antes das 12:00 a apertura das portas.

Xa pola tarde…Chegou o prato forte da xornada! A sala de conferencias do Kiosco Alfonso colgou o cartel de completo para recibir ao mismísimo Chris Claremont, lendario guionista de Patrulla-X, entre outros moitos títulos do mercado norteamericano e de editoriais como Marvel ou DC. Durante máis de dúas horas, o denominado Patriarca Mutante deleitou aos presentes con multitude de anécdotas e un humor do que era imposible non contaxiarse. Sensacións imposibles de reproducir neste diario, pero que, estamos seguros, xa están na memoria de todos os asistentes.

IMG-20160813-WA0016

O autor comezou percorrendo os seus inicios trala universidade e a súa peculiar entrada en Marvel Comics, como unha especie de “mozo para todo” das oficinas, unha especie de becario do mundo actual. O propio Stan Lee, segundo conta, chamoulle para contratalo, aínda que non sería ata meses despois que recibiu o seu primeiro (e tamén peculiar) encargo, tras detectar un erro nun cómic protagonizado polo Sarxento Furia. Aos poucos foi tomando conciencia das posibilidades que ofrecía o ser guionista, aproveitando ademais a mencionada experiencia universitaria e as súas viaxes de mocidade. Xogar con todas as posibilidades que ofrece unha situación, facendo preguntas, mesturando conceptos reais con fantasía, unha especie de What if? (Que pasaría si??) constante. Así é como Claremont definiu o seu estilo á hora de abordar a escritura.

IMG-20160813-WA0010

Tamén houbo tempo para falar sobre o mundo do cine e a súa relación cos cómics. Para Claremont, estamos nun momento no que, para os guionistas, resulta moi complicado innovar. Nese sentido, ofreceu un amplo resumo da súa relación cos estudos FOX a raíz da súa participación nas películas de X-Men, e a forma na que ditas películas acabaron afectando aos autores, recordando as consecuencias que tivo para Marvel a venda de certos dereitos sobre os personaxes a finais dos 90. Claremont recorda con agarimo as súas etapas en X-Treme X-Men e Los 4 Fantásticos, aínda que ao final volvese unha vez máis a Franquicia Mutante. Para rematar compartiu unha serie de reflexións sobre os títulos mutantes, sobre a súa versión desas historias. Imprescindibles:

A conferencia finalizou cunha espectacular ovación:

Só quédanos despedirnos coas palabras do director de Viñetas desde o Atlántico 2016, que podedes ler en leste enlace, que serven ademais de balance final para esta edición. Desexamos que gocedes tanto como nós desta gran semana, na que A Coruña converteuse unha vez máis na capital internacional do mundo do cómic. foi unha semana chea de actividades oficiais, pero tamén con numerosos eventos paralelos que achegaron o mundo do cómic a todo tipo de públicos.

Hoxe, domingo 14 de agosto, como xa sabedes xa non se celebrará ningún evento oficial de Viñetas 2016. Pero a actividade na feira non cesa. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa dá BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuita, ata o próximo 8 de setembro. ¡Non dubidedes en visitalas!

Diario Viñetas 2016: Domingo, 14 de agosto (Última entrada)2017-05-26T00:52:28+02:00

Diario Viñetas: Venres, 14 de Agosto

2017-05-26T00:52:33+02:00

Seguimos un día máis co noso Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

Este pasado xoves tivemos de novo unha xornada intensiva, gozando do mundo do cómic con numerosos eventos, tanto pola mañá, coa roda de prensa de Raquel Córcoles (Moderna de Poueblo) e Mai Egurza e o cedo encontro profesional protagonizado por Alfonso Zapico. Os autores gozaron ademais dunha experiencia inesquecible, grazas á cata de viños ofrecida pola D.O. “Valdeorras”. A xornada continuou pola tarde, con dúas novas conferencias nas que, a pesar do mal tempo, a sala do Kiosco Alfonso estivo máis concorrida que nunca.

Joaquín López Cruces foi o primeiro protagonista da tarde. O debuxante andaluz compartiu con Carlos Portela, Miguelanxo Prado e o resto de asistentes curiosidades e detalles da súa traxectoria profesional. Unha traxectoria que, como o propio López Cruces admitiu, foi moito máis intermitente do que lle gustou, por diversas circunstancias persoais e profesionais.

AjbtqM729AEabaS3xiQTbtazZhin_FkjCOeOQFcxDYcE

O autor explicou algunhas das súas influencias, o seu método de traballo e, sobre todo, explicou a cadea de sucesos que levou á reedición dunha das súas obras cume, Sol Poniente, nun volume no que se realiza ademais unha comparación coa edición orixinal da obra. A humildad e a paixón deste artista polo seu traballo contaxiouse aos presentes, que se alegraron ao descubrir que Joaquín está comezando a traballar xa nunha nova historia.

Anaz3zKRoKHcLGxLhlv5sSniw-_XWiOspsCFwQS_vk9B

Coa sala completamente abarrotada chegou a segunda conferencia da tarde, co fenómeno Moderna de Pueblo como eixe central. Raquel Córcoles e Carlos Carrero realizaron unha presentación do seu proxecto profesional, o seu día a día e os seus plans futuros antes un gran número de afeccionados que demostraron que aínda que as modas veñen e van, Moderna e o resto de personaxes sempre estarán aí para sacar punta co seu humor a todas as ideas e correntes absurdas que nos rodean.

ApUhPr1CSmkrZSxYjRZCv4hjtvroKxvrnzi7cILBOoZZ

Aínda que ambos admitiron que o seu coñecemento do mundo do cómic aínda tiña que crecer máis (e con iso a narrativa e a forma de presentar a súa serie), o éxito do proxecto permitiulles encarar de diferente forma o futuro. Unha serie de animación baseada nos personaxes de Moderna de Pueblo está en camiño, e a súa idea pasa por continuar explotando o mundo das redes sociais, achegando esta forma de ver o cómic a cada vez máis público. Finalmente, Raquel e Carlos atenderon as preguntas dos moderadores e o público, e ata tiveron tempo de asinar algún exemplar da súa obra.

Ats5BYqj6pI1-9O7s4rc-OC5ly1nfIMDz0SYkuYM2hd8

Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, Venres 14 de Agosto de 2015. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa da BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuita. ¡Non dubidedes en visitalas! Recordámosvos ademais que hoxe terá lugar unha nova sesión de firmas oficial, nesta ocasión con todos os autores invitados, a excepción de Mai Egurza, que xa realizou a súa sesión de firmas o pasado mércores 12 de Agosto.

12:00 Encontro profesional, con Chloé Cruchaudet (só para profesionais acreditados)

18:00- 20:00 Sesión de firmas oficiais de Viñetas desde o Atlántico 2015, en PALEXCO

18:30 Presentación de “Subterfuge”, en Kiosco Alfonso

19:45 Conferencia de Alfonso Zapico, en Kiosco Alfonso

Diario Viñetas: Venres, 14 de Agosto2017-05-26T00:52:33+02:00

VIÑETAS ENFRONTA MAÑÁ VENRES A SÚA RECTA FINAL CUNHA DAS CONVOCATORIAS MÁIS ESPERADAS DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES: A PRIMEIRA SESIÓN DE FIRMAS COS AUTORES INVITADOS

2021-08-12T14:34:37+02:00

A charla do día (19.30 horas) estará protagonizada polos gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada 2020, Begoña García-Alén e Andrés Magán Zamorano

VIÑETAS ENFRONTA MAÑÁ VENRES A SÚA RECTA FINAL CUNHA DAS CONVOCATORIAS MÁIS ESPERADAS DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES: A PRIMEIRA SESIÓN DE FIRMAS COS AUTORES INVITADOS

Segundo estea a tarde, as mesas nas que asinarán exemplares das súas obras os debuxantes que viaxaron ata Coruña nesta 24 edición, colocaranse ou ben no corredor de saída da feira editorial ou ben na propia carpa de actividades do recinto, nos Xardíns de Méndez Núñez. A primeira sesión de sinaturas desenvolverase mañá venres entre as 18 e as 20 horas, sempre coas limitacións impostas pola situación sanitaria. Só poderá acceder un número concreto de persoas e por estrita orde de chegada, igual que ocorre no resto das actividades do programa. 

Os orixinais das obras coas que García-Alén e Magán obtiveron o Premio Castelao que concede a Deputación Provincial da Coruña, “ Adeus amigos” e “As aventuras de Passer P. Malta”, están ao dispor do público na sala Salvador de Madariaga, unha das catro sedes expositivas do Salón  

O debuxante galego Das Pastoras, que no puido desprazarse á Coruña para participar nas charlas nin asistir á sesión de sinaturas, é o autor de “Hércules 1417”, presente no Pazo de María Pita 

A 24 edición de Viñetas desde o Atlántico enfronta a súa recta final. Malia que as restricións derivadas da pandemia obrigaron á organización a prescindir dalgunhas actividades, o festival mantén as súas achegas esenciais; as sesións de sinaturas, por exemplo. A primeira terá lugar mañá venres entre a 18 a as 20 horas. Todos os debuxantes que viaxaron estes días a Coruña estarán ao dispor do público para asinarlle exemplares das súas obras. A cita será, en principio, no corredor de saída da feira editorial, nos Xardíns. Só se a climatoloxía impedise facelas no exterior a sesión se trasladaría á propia carpa de actividades. Unicamente poderá acceder un número concreto de afeccionados, por estrita orde de chegada. Os autores e autoras atenderán unha persoa de cada vez. O resto dos privilexiados haberá de agardar a súa quenda fóra, sempre provistos de máscara e mantendo a distancia obrigada de seguridade.

A charla do día

A charla de mañá venres estará protagonizara polos gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada 2020, Begoña García-Alén González e Andrés Magán Zamorano. O encontro con ambos os debuxantes será a partir das 19.30 horas no salón de actos do Kiosco Alfonso.

Unha vez máis, soamente accederán ao recinto, por rigorosa orde de chegada, un máximo de dezaoito persoas. Os interesados terán que apañar os pases no Kiosco media hora antes da charla. Non se expedirán máis entradas. Aqueles que non asistan persoalmente poden seguila e mesmo parolar en directo con García-Alén e Magán por youtube a través do portal do festival vinetasdesdeoatlantico.com. Igual que pasou co resto das charlas, o coloquio do venres quedará aloxado na web, para ser revisitado en calquera momento.

Begoña García-Alén González e Andrés Magán Zamorano son os autores galardoados na penúltima edición do Premio Castelao que concede a deputación provincial da Coruña nas modalidades xeral e mais infantil e xuvenil. Os orixinais das obras premiadas, Adeus amigos e As aventuras de Passer P. Malta, están na sala municipal Salvador de Madariaga. Ambos os autores comparten unha traxectoria similar. Naceron no mesmo ano, formáronse na facultade de Belas Artes de Pontevedra e comezaron a publicar banda deseñada no ano 2014. Sobre a obra de Begoña García-Alén, o xurado dos Castelao destacou “a súa aposta gráfica experimental”. García-Alén publicou outros títulos coma Perlas do Inferno, O Espectador, Nova Mística de Vigo e Unha porta moi pequena nun cuarto. Andrés Magán é ilustrador e deseñador e coma autor de banda deseñada ten, entre outros, Griza Zono, Conto do Neno Bo/Conto do neno malo, A Friend e mais Is your Journey Really Necessary? A obra coa que se alzou co Castelao é, segundo o xurado, “un conto divertido, surrealista e máxico”.

O Hércules de Das Pastoras

Aínda que o debuxante galego Das Pastoras non puidese desprazarse ata Coruña para participar nas charlas e na sesión de sinaturas, os seus seguidores e os afeccionados en xeral teñen a ocasión de admirar no Pazo municipal de María Pita a grandiosidade da súa última obra, “Hércules 1417”. Loada pola crítica e mais o público, vén de chegar este mesmo ano ás librarías. Cualificada xa coma una obra mestra, o libro de Das Pastoras conta as fazañas deste heroe da mitoloxía grega, tan achegado á cidade da Coruña, a partir da obra que Enrique de Villena escribiu en 1417 e modernizou o escritor Pedro Víllora. Mesmo se o volume de Das Pastoras non alude á xesta do fillo de Zeus fronte ao xigante Xerión alá por Brigantium, Hércules retorna á cidade que, segundo a lenda, creara para conmemorar a súa vitoria; unha fazaña que, dende hai séculos, se encarga de nos lembrar a torre faro que leva o seu nome.

VIÑETAS ENFRONTA MAÑÁ VENRES A SÚA RECTA FINAL CUNHA DAS CONVOCATORIAS MÁIS ESPERADAS DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES: A PRIMEIRA SESIÓN DE FIRMAS COS AUTORES INVITADOS2021-08-12T14:34:37+02:00

Sinaturas

2021-08-11T20:14:15+02:00

SINATURAS

Todos os invitados estarán a asinar os días:

Venres 13 | 18.00 a 20.00 horas

Sábado 14 | 12.00 a 13.30 horas

Carpa actividades (detrás da caseta de información) na RÚA DA BD

Despois de valoradas as limitacións por razóns sanitarias, e analizadas as posibles opcións para desenvolver as sesións de firmas, estableceranse 8 colas – 1 por autor/a ou tándem -.

Debido ás limitacións de espazo e tempo, tentando que poidan acceder ás firmas o maior número posible de persoas, as quendas estableceranse por estrita orde de chegada á cola correspondente, e desde media hora antes do inicio das sesión de firmas.

A cada firma só poderá asistir unha persoa.

Lamentamos que todas estas medidas poidan parecer restritivas, pero a delicada situación sanitaria obríganos a todos a ser precavidos. Grazas pola vosa comprensión e complicidade.

#viñetas2021.

Sinaturas2021-08-11T20:14:15+02:00

OS ILUSTRADORES QUE ASINAN A NOVELA GRÁFICA “DUNE”, RAÚL ALLÉN E PATRICIA MARTÍN E MAIS A DEBUXANTE NÚRIA TAMARIT CHARLARÁN MAÑÁ XOVES COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS

2021-08-11T11:48:47+02:00

A charla de ambos os dous debuxantes valisoletanos será a partir das 18.30 horas e o encontro con Tamarit comezará ás 19.30. Terán lugar no escenario habitual, o salón de actos do Kiosco Alfonso, a sede central do festival coruñés

OS ILUSTRADORES QUE ASINAN A NOVELA GRÁFICA “DUNE”, RAÚL ALLÉN E PATRICIA MARTÍN E MAIS A DEBUXANTE NÚRIA TAMARIT CHARLARÁN MAÑÁ XOVES COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS

Raúl Allén e Patricia Martín, tándem creativo desde hai anos, foron os elixidos para levar a cabo a primeira adaptación ao cómic da novela Dune, de Frank Herbert, un clásico da literatura de ciencia ficción que marcou para sempre a narrativa das aventuras espaciais

A debuxante, ilustradora e rotulista Núria Tamarit ten, a pesar da súa mocidade, unha importante traxectoria profesional que comezou coa súa participación en numerosos fanzines. A autora de Avery’ s Blues, expón nesta 24 edición de Viñetas orixinais da obra que lle valeu o primeiro Premio Valencia de Novela Gráfica en 2018. Trátase de “Dos monedas”, unha historia que retrata a realidade africana e a cooperación humanitaria

As medidas covid limitan o aforo, por rigorosa orde de chegada, a só 18 persoas. De calquera xeito, todos os interesados poden seguir as charlas en liña a través da web do festival

O tándem que forman desde hai varios anos os ilustradores Raúl Allén e Patricia Martín será mañá xoves o protagonista das charlas de Viñetas desde o Atlántico. Tamén compartirá espazo cos afeccionados a autora de Avery’ s Blues, a debuxante valenciana Núria Tamarit. Os encontros terán lugar no escenario habitual, o salón de actos do Kiosco Alfonso. Os dous autores valisoletanos departirán co público a partir das 18.30 horas e desde as 19.30 será a quenda de Tamarit. A organización do festival lembra que o acceso aos encontros está suxeito ás restricións pola pandemia. Poderán acceder á sala, por rigorosa orde de chegada, só 18 persoas. Para iso terán que recoller os pases media hora antes das charlas no propio Kiosco Alfonso. Unha vez entregados eses 18, a organización non expedirá ningún máis. Os interesados en seguir as conferencias dos autores que non poidan acceder ao recinto teñen a oportunidade de facelo en liña a través da páxina web vinetasdesdeoatlantico.com, que a retransmiten en directo.

Raúl Allén e Patricia Martín non só comparten cidade de nacemento, Valladolid, senón tamén numerosos nomeamentos aos premios Harvey. Desde 2014 colaboran en múltiples proxectos, fundamentalmente para o mercado americano. Os dous  ilustradores traballan para Universo Valiant, o terceiro máis importante de superheroes xunto con Marvel e DC. Igual asinan xuntos o traballo que lles trae á vixésima cuarta edición de Viñetas desde o Atlántico: a primeira adaptación ao cómic da mítica novela Dune, de Frank Herbert, un dos grandes clásicos da literatura de ciencia ficción que cambiou para sempre a narrativa das aventuras espaciais. A versión española Dune. A novela gráfica chegou ás librarías do noso país a principios deste ano da man de Norma Editorial e coa firma de ambos os dous ilustradores españois. Foi un dos acontecementos literarios deste especial período pandémico.

A debuxante Núria Tamarit ten xa unha importante traxectoria profesional que comezou a fraguar en publicacións de tipo colectivo como Socoponcho, Nimio e Voltio. A publicación de Avery’ s Blues, con guión de Angux, supuxo un salto de xigante na súa carreira. Deulle a Tamarit no ano 2017 numerosos recoñecementos e nomeamentos, por exemplo o premio á Mellor Autora Revelación na I edición dos premios Carlos Giménez dos Heroes Cómic Con Madrid. Tamén en 2018 obtivo o primeiro Premio Valencia de Novela Gráfica coa obra Dos Monedas, un achegamento á realidade africana a través dunha adolescente que viaxa a Senegal coa súa nai, cooperante nunha organización humanitaria. A exposición que nos achega o traballo desta debuxante, ilustradora e rotulista está no Kiosco Alfonso.

Amnistía Internacional presenta o seu quinto “Nai dos desterrados” adicado aos coidados

Protocolos sanitarios discriminatorios, atención a persoas trans, a protección ás persoas maiores nas residencias, á precarización dos coidados –labores desempeñadas por mulleres, migrantes ás que non se lles recoñece os seus dereitos-… Son algunhas das temáticas que nove artistas elixiron para colaborar de forma altruísta no quinto fanzine Nai dos Desterrados, que Amnistía Internacional presentará mañá xoves, ás 19.00 horas, en Viñetas desde o Atlántico. No acto participarán os autores Israel Valmar e Manel Cráneo, así como activistas de Amnistía Internacional.

Por quinto ano consecutivo, a ONG publica unha banda deseñada coa que quere achegar os dereitos humanos a través dunha linguaxe innovadora e dunha maneira lúdica. Nesta edición, a temática principal é a importancia dos coidados e a súa relación coas campañas desenvolvidas por AI. “Queremos concienciar e tratar de que saia da pandemia unha sociedade máis xusta”, afirma Marga González, voceira de AI A Coruña, e recorda que se a OMS “recomendar destinar o 25% do gasto sanitario á Atención Primaria, en España o investimento en 2019 e 2018 foi do 13,9%”.

Este fanzine, que se repartirá como cada ano de forma gratuíta nas librarías Alita Cómics (A Coruña), A Gata Tola (Santiago de Compoostela) e Paz (Pontevedra), non sería posible sen a participación desinteresada dos e das artistas: Manel Cráneo (portada), María Brenn (El Abrazo I e II), Román Cuadrado (Capacitismo), Adri Seara (Os que estorban), Isra Valmar (Luz), Paula Cheshire (El mensaje), Mariña Rey (Unha pinga no mar), Greta Debelius (Diatriba trans) e Paz Rodríguez (Alleo).

OS ILUSTRADORES QUE ASINAN A NOVELA GRÁFICA “DUNE”, RAÚL ALLÉN E PATRICIA MARTÍN E MAIS A DEBUXANTE NÚRIA TAMARIT CHARLARÁN MAÑÁ XOVES COS AFECCIONADOS DE VIÑETAS2021-08-11T11:48:47+02:00

OS DEBUXANTES TYTO ALBA, AUTOR DE “WHITMAN” E JAIME MARTÍN, DE “SIEMPRE TENDREMOS 20 AÑOS”, PROTAGONIZARÁN MAÑÁ MÉRCORES AS CHARLAS DE VIÑETAS

2021-08-11T09:33:05+02:00

As medidas fronte ao covid limitan o aforo a só 18 persoas. De calquera xeito, todos os interesados poderán seguir as charlas en liña a través da web quedando ademáis grabadas para que podan ser vistas polos afeccionados en calquera momento.

OS DEBUXANTES TYTO ALBA, AUTOR DE “WHITMAN” E JAIME MARTÍN, DE “SIEMPRE TENDREMOS 20 AÑOS”, PROTAGONIZARÁN MAÑÁ MÉRCORES AS  CHARLAS DE VIÑETAS

Tyto Alba expón no Festival de Cómic coruñés orixinais da súa última obra que ten como protagonista ao poeta americano Walt Whitman e o seu papel na guerra de secesión. Nas súas obras anteriores, o debuxante catalán xa plasmara en cómic aspectos da vida de coñecidos personaxes do século XX como Frida Kalho, Pablo Picasso ou Federico Fellini

O tamén debuxante catalán Javier Martín achega á 24 edición de Viñetas os orixinais da última entrega da súa triloxía sobre a recente historia de España: Guerra Civil, Ditadura e Transición, protagonizada pola súa familia e mais el. A obra, publicada en pandemia, obtivo o Premio a Mellor Obra de autor español no Festival de Barcelona deste ano

A charla con Tyto Alba comezará ás 18.15 horas e Javier Martín departirá cos afeccionados a partir das a 19.30. O escenario será o habitual, o salón de actos do Kiosco Alfonso

Os debuxantes Tyto Alba e Jaime Martín departirán mañá mércores cos afeccionados de Viñetas. Ambos os invitados protagonizarán as segundas charlas vespertinas que forman parte da esencia do Festival Internacional coruñés. Serán, coma sempre, no salón de actos do Kiosco Alfonso. Alba estará co público a partir das 18.15 horas e Martín das 19.30. Imponse lembrarlles aos interesados que o acceso aos encontros está suxeito ás restricións covid vixentes. Poderán acceder, por rigorosa orde de chegada, 18 persoas, o número que admite o recinto mantendo as distancias de seguridade obrigatorias. O público debe recoller os pases no Kiosco media hora antes das charlas. Unha vez  acadada a cota de 18 xa non se expedirá ningún máis. Quen non acade o pase ten a alternativa de seguilas en liña, a través da páxina web do Festival (vinetasdesdeoatlantico.com) ou velas en diferido pois quedarán grabadas para desfrute dos afeccionados.

Tyto Alba chega a Viñetas desde o Atlántico coa súa última obra, publicada en tempos de Covid-19, e que versa sobre o famoso poeta americano Walt Whitman. Relata a vida do escritor estadounidense a través do seu papel na guerra de secesión dos Estados Unidos. Ademais de Whitman, cuxos orixinais están na sala de exposicións do Kiosco Alfonso, nas súas obras anteriores o debuxante catalán xa nos achegara en cómic a vida de emblemáticos personaxes do século XX coma Frida Kahlo, Chavela Vargas, Picasso, Fellini ou Balthus.

Nestes tempos convulsos de pandemia mundial, Jaime Martín, pechou o seu tríptico sobre a recente historia de España, protagonizado por el e a súa familia. Siempre tendremos 20 anos é a obra que culmina o seu repaso pola Guerra Civil, a Ditadura e a Transición e cuxos orixinais poden contemplarse na sala de exposicións municipal Palexco. Esta obra deulle a Martín o Premio á Mellor Obra de Autor Español na edición (virtual) do festival de Barcelona deste ano, que por terceira vez premia unha aposta do debuxante. O libro achéganos á vida do propio autor e a súa xeración na España dos anos oitenta. A primeira entrega da saga, Las guerras silenciosas, describe o servizo militar do seu pai en Ifni e a segunda, Jamás tendré 20 anos, a historia dos seus avós, que escaparon da morte durante a Guerra Civil e sufriron o franquismo.

Os horarios de visita desta semana nas catro salas que albergan as exposicións da vixésimo cuarta edición de Viñetas desde o Atlántico (Kiosco Alfonso, Palexco, Pazo de María Pita e Salvador de Madariaga), van de 12 a 14 horas e pola tarde, desde as 18 ás 22 horas.

OS DEBUXANTES TYTO ALBA, AUTOR DE “WHITMAN” E JAIME MARTÍN, DE “SIEMPRE TENDREMOS 20 AÑOS”, PROTAGONIZARÁN MAÑÁ MÉRCORES AS CHARLAS DE VIÑETAS2021-08-11T09:33:05+02:00

OS AUTORES DE “SUBNORMAL”, MIGUEL PORTO E FERNANDO LLOR, E O DEBUXANTE DE “LAS MENINAS”, JAVIER OLIVARES, ABREN MAÑÁ MARTES O CALENDARIO DE CHARLAS DE VIÑETAS 2021

2021-08-09T12:33:59+02:00

Do mesmo xeito que na edición 2020, as medidas fronte ao covid obrigan á organización a limitar a 18 o número de persoas que poden acceder ao recinto dos encontros. De calquera xeito, todos os interesados poderán seguilos en directo a través da web e mais as redes sociais do festival

OS AUTORES DE “SUBNORMAL”, MIGUEL PORTO E FERNANDO LLOR, E O DEBUXANTE DE “LAS MENINAS”, JAVIER OLIVARES, ABREN MAÑÁ MARTES O CALENDARIO DE CHARLAS DE VIÑETAS 2021

A obra que asinan os galegos Llor (guión) e Porto (debuxo) aborda o acoso escolar. Está baseada na historia real do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, quen a pesar de posuír un físico portentoso sufriu bullying no colexio. Os orixinais desta obra de denuncia social están na sala municipal de exposicións Palexco

Outro protagonista dos primeiros encontros cos autores convidados da XXIV edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, Javier Olivares, deleitará aos afeccionados cos pormenores do seu último traballo “La Cólera” e tamén da exitosa “Las Meninas”, Premio Nacional de Cómic 2015; as dúas con guión de Santiago García

A charla de Porto e Llor comezará ás 18.15 horas e a de Javier Olivares será a partir das 19.30. Os encontros desenvolveranse, como é habitual, no salón de actos do Kiosco Alfonso, sede central do festival coruñés, coas condicións de aforo que permiten as medidas sanitarias

Os autores do cómic Subnormal, os galegos Miguel Porto (debuxo) e Ferando Llor (guión), e o debuxante de Las Meninas e La Cólera, Javier Olivares, serán os encargados de abrir mañá martes,10 de agosto, o calendario de charlas coloquio da XXIV edición de Viñetas desde o Atlántico, que desde onte tingue de cómic a cidade da Coruña. Porto e Llor departirán cos afeccionados a partir das 18.15 horas e Olivares, desde as 19.30. Serán coma sempre no salón de actos do Kiosco Alfonso, sede central do festival. O acceso aos encontros está suxeito ás restricións derivadas da pandemia. Poderán acceder, por rigorosa orde de chegada, 18 persoas, o número que admite o recinto mantendo as distancias de seguridade obrigatorias. Os interesados deben recoller os pases no Kiosco media hora antes das charlas. Unha vez acadada a cota de 18 xa non se expedirá ningún máis. Os que non poidan acceder contan coa alternativa de seguilas en liña, poderán facelo a través de youtube con un sinxelo acceso a través da páxina web do festival (vinetasdesdeoatlantico.com) .

Subnormal, cuxos orixinais están na sala municipal Palexco, representa nesta edición o cómic de denuncia social. A obra asinada por ambos os dous autores galegos está baseada na historia real do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, quen a pesar de posuír un poderoso físico sufriu bullying durante a súa etapa no colexio. O cómic narra unha crúa historia de acoso escolar, que contou coa supervisión do propio protagonista.

No Kiosco Alfonso exhíbese a obra do tándem creativo e tremendamente exitoso que forman o debuxante Javier Olivares e o guionista Santiago García. Olivares falará mañá cos afeccionados sobre as obras que levan a súa pegada: Las Meninas, que nos mergulle no universo Velázquez e La Cólera, unha recreación de parte da historia de Aquiles. Estas propostas están consideradas pola crítica e o público como dúas das mellores obras de cómic publicadas no noso país nos últimos anos. Trátase dunha cualificación que avalan os numerosos galardóns que obtiveron. Las Meninas foi Premio Nacional de Cómic no 2015, ademais de obter ese mesmo ano o Premio á mellor obra española do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. En 2018, a súa versión en inglés Ladies in Waiting, estivo nomeada a Mellor edición estadounidense de material internacional nos Premios Eisner, os Nobel do sector. La Cólera, publicada en 2020, o ano do confinamento que paralizou o mundo, obtivo tamén recoñecementos como o Premio Zona Cómic- CEGAL á mellor obra nacional de 2020, o Premio Lorna ao mellor cómic nacional de 2020, Mellor Obra Nacional nos Premios do Cómic Aragonés 2020 e Mellor Obra Nacional nos Premios da Crítica de Dolmen 2020.

Todas as muestras

Os orixinais de Viñetas ocupan as catro principais salas de exposicións municipais, o Kiosco Alfonso, Palexo, Pazo de María Pita e Salvador de Madariaga. Todas estarán abertas ao público esta semana entre as 12 e as 14 horas e, xa en sesión de tarde, entre as 18 e as 22 horas. Nas paredes do Kiosco están as obras de Núria Tamarit, Tyto Alba, Teresa Valero, e de Javier Olivares e Santiago García. En Palexco, ademais dos orixinais de Subnormal, os visitantes poden recrearse coa versión en novela gráfica de Dune, que asinan Raúl Allen e Patricia Martín, e tamén coa cota habitual de superheroes que nesta ocasión son os personaxes debuxados por Pepe Larraz para o universo Marvel.

A sala de exposicións do Pazo de María Pita amosa os impresionantes orixinais do Hércules de Das Pastoras, que mesmo se non é a versión da xesta que venceu a Gerión na Coruña, trae ao mítico superheroe á cidade onde está a Torre que lle rende homenaxe. Na sala Salvador de Madariaga exhíbense as obras de Begoña García- Alén González e Andrés Magán Zamorano, Premios Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña 2020. Como en anos anteriores, a Torre de Hércules é outra das salas de exposición, seguramente a máis singular. Dado que a única condición que se lle impón aos autores á hora de deseñar o cartel é que na súa proposta figure o faro, que mellor espazo que a Torre para recompilalos. Completan a oferta deste Viñetas desde o Atlántico 2021 as 38 casetas da feira editorial, que permanecerán ata o vindeiro domingo nos Xardíns de Méndez Núñez, diante do Kiosco Alfonso.

OS AUTORES DE “SUBNORMAL”, MIGUEL PORTO E FERNANDO LLOR, E O DEBUXANTE DE “LAS MENINAS”, JAVIER OLIVARES, ABREN MAÑÁ MARTES O CALENDARIO DE CHARLAS DE VIÑETAS 20212021-08-09T12:33:59+02:00

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2021 ABRE O LUNS CUNHA ESCOLMA DE AUTORES NOVEIS E TAMÉN CONSAGRADOS QUE NOS ASOMAN Á REALIDADE DO CÓMIC MÁIS ACTUAL

2021-08-09T12:31:06+02:00

O Salón Internacional do Cómic da Coruña, que alcanza neste agosto post covid a súa vixésimo cuarta edición, encherá a cidade de historias contadas en viñetas a toda cor

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2021 ABRE O LUNS CUNHA ESCOLMA DE AUTORES NOVEIS E TAMÉN CONSAGRADOS QUE NOS ASOMAN Á REALIDADE DO CÓMIC MÁIS ACTUAL

Outro ano máis e xa van vinte catro. Viñetas desde o Atlántico inaugurarase este luns, 9 de agosto, ás sete da tarde. Teresa Valero, convidada do Salón, é a autora do cartel desta edición 2021. 

Das Pastoras é o artífice de que Hércules volva á cidade. Os orixinais do seu último traballo, “Hércules 1417” –con guión de Pedro Villora- dedicado ás fazañas dese mito tan vinculado a Coruña, estarán na Sala de Exposicións do Pazo Municipal. Outros invitados son Raúl Allen e Patricia Martín, que achegarán á cidadanía a súa exquisita adaptación de “Dune”. Xa os adictos aos súper heroes do universo Marvel teñen ao seu dispor a exposición de Pepe Larraz, mentres aqueles interesados na temática e os problemas sociais contarán co “Subnormal”, a obra coa que Fernando Llor e Miguel Porto mergullan na durísima realidade do bullying. 

Tamén veñen a Viñetas 2021 Núria Tamarit e a súa “Dos monedas” e Jaime Martín coa súa triloxía sobre a recente historia de España, en tanto Javier Olivares e Santiago García traen ao Kiosco Alfonso orixinais dos seus “Las  Meninas” e “La Cólera”. Tyto Alba, a través de quen os afeccionados contemplarán as vidas de Casagemas, Picasso, Fellini, Balthus ou  Whitman, é outro dos autores presentes.

O luns pola tarde abrirán as portas da 24 edición de Viñetas desde o Atlántico. Unha inauguración que chega entre un Salón Internacional do Cómic desenvolvido no medio dunha pandemia mundial (2020) e a edición que vai conmemorar o seu primeiro cuarto de século ás costas. Segundo o director de Viñetas, Miguelanxo Prado, “este é o salón da supervivencia positiva, o que discorrerá nunha fase próxima á normalización absoluta e o que nos permitirá asomar á celebración do noso 25 aniversario”. Por iso, á hora de deseñar o programa, decidiuse cubrir as áreas que de sempre deron forma a cada edición –súper heroes, temática social, obra de autor, charlas, feira da historieta…- e asemade convidar a certos autores e autoras, tanto noveis como consagrados, cuxos traballos expresan a realidade do mellor cómic nacional nestes tempos convulsos.

O cartel do XXIV Viñetas desde o Atlántico leva a sinatura de Teresa Valero, a autora que vén de impactar no público e mesmo no sector co seu último traballo, “Contrapaso”, nomeado aos Premios Eisner 2021. Os orixinais de “Contrapaso. Los hijos de los otros”, unha novela negra ambientada no Madrid dos anos 50, veranse no Kiosco Alfonso. Os afeccionados terán a oportunidade de contrastar opinións coa autora, que estará na Coruña. Tamén se celebrará a tradicional Feira da Historieta, o espazo de venda e intercambio que cada ano concentra nos Xardíns de Méndez Núñez ás principais librarías e editoriais especializadas.

Aínda que o Salón recupera este 2021 certa normalidade, o seu programa se vai seguir adaptando á realidade que as autoridades sanitarias determinen acotío. Así, as charlas, reunións e sesións de sinaturas cos creadores convidados terán lugar aplicando as medidas que sexan recomendadas.

O Kiosco Alfonso cede as súas paredes a un grupo de creadores cuxos orixinais van concitar o interese do público, Núria Tamarit, Tyto Alba, Teresa Valero e Javier Olivares e Santiago García. Os afeccionados mergullarán no universo de “Dos Monedas” de Tamarit; coñecerán o corpo e mais o alma cos que Das Pastoras dotou ao xigante Hércules; viaxarán ao Madrid dos anos 50 con Teresa Valero ou camiñarán da man de Picasso, Fellini, Balthus e Whitman grazas aos trazos de Tyto Alba. A visión do universo velazqueño e da historia de Aquiles que recompilan Javier Olivares e Santiago García nas súas obras “Las Meninas” (Premio Nacional de Cómic) e “La Cólera” son outras das propostas.

Palexco será parada imprescindible para os amantes dos grandes clásicos da literatura de ciencia ficción. A cita é con “Dune”, a adaptación autorizada da inmortal novela de Frank Herbert que asinan Raúl Allen e Patricia Martín.

Non hai viñetas sen súper heroes. Este ano é a quenda de Marvel e as personaxes deseñadas por Pepe Larraz, quen revitalizou o universo dos mutantes con “House of X” e ademais está a piques de publicar o seu último proxecto, “X of Swords”.

A temática social está presente en Viñetas 2021. Igual que a memoria do que fomos. Fernando Llor (guión) e Miguel Porto (debuxos) amosarán en Palexco os orixinais da súa obra “Subnormal”, que conta a historia do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, vítima de acoso na súa infancia malia a súa envergadura física. Jaime Martín permitiranos percorrer a Guerra Civil, a posguerra e a transición sen saírmos do Palexco. Os visitantes terán ao seu dispor os orixinais que compoñen a triloxía autobiográfica que comezou a publicarse en 2014 con “Las guerras silenciosas” e “Nunca tendrán 20 años”, e que pechou co máis novo “Siempre tendremos 20 años”.

A Sala do Pazo Municipal dará cabida aos orixinais cos que Das Pastoras dá vida ás fazañas de Hércules, o mito tan estreitamente ligado á cidade. A Sala Salvador de Madariaga acollerá “Adeus amigos”, de Begoña García-Alén González e “As aventuras de Passer P. Malta”, de Andrés Magán Zamorano, Premios Castelao de Banda Deseñada 2020 da Deputación da Coruña.

Igual que ocorrera en anos anteriores, a Torre de Hércules será outro espazo expositivo do Salón. Ao cabo, a única condición que se impón aos autores que deseñan cada ano o cartel de Viñetas é que a súa achega inclúa o faro. Haberá, logo, a oportunidade de botar unha ollada aos 24 carteis do Salón coruñés.

Viñetas desde o Atlántico 2021 ofrecerá, asemade, presentacións editoriais, mentres o consolidado e pacífico exército de personaxes sairá de novo ás rúas.

Unha vez remate a semana grande do Salón, do 9 ao 15 de agosto, as exposicións continuarán abertas ao público ata o día 5 de setembro.

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2021 ABRE O LUNS CUNHA ESCOLMA DE AUTORES NOVEIS E TAMÉN CONSAGRADOS QUE NOS ASOMAN Á REALIDADE DO CÓMIC MÁIS ACTUAL2021-08-09T12:31:06+02:00

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2021 CONVOCA AOS AUTORES NOVEIS E CONSAGRADOS QUE NESTES TEMPOS CONVULSOS CONFORMAN CO SEU TRABALLO A REALIDADE DO COMIC MÁIS ACTUAL

2021-07-27T11:45:40+02:00

O Salón Internacional do Cómic da Coruña, que chega á súa vixésimo cuarta edición este agosto poscovid, abrirá as súas portas do 9 ao 15 de agosto.

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2021 CONVOCA AOS AUTORES NOVEIS E CONSAGRADOS QUE NESTES TEMPOS CONVULSOS CONFORMAN CO SEU TRABALLO A REALIDADE DO COMIC MÁIS ACTUAL

Hércules volta á cidade. E nada menos que da man de Das Pastoras. Os orixinais do seu último traballo, “Hércules 1417”, con guión de Pedro Villora e dedicado ás fazañas deste mito tan estreitamente ligado á nosa cidade, estarán na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita.

Entre os convidados, Raúl Allén e Patricia Martín traerán a Coruña a súa exquisita adaptación de “Dune”. Os adictos aos súper heroes do universo Marvel gozarán da exposición de Pepe Larraz, mentres a temática social e os problemas que están a preocupar actualmente á cidadanía terán o seu marco en “Subnormal”, o traballo co que Fernando Llor e Miguel Porto afondan na dura realidade do acoso escolar.

A este Viñetas 2021 chegarán tamén autores como Núria Tamarit e a súa premiada obra “Avery’s Blues” e Jaime Martín coa súa triloxía sobre a recente historia de España, mentres que Javier Olivares e Santiago García amosarán os orixinais das súas obras “Las Meninas” e “La Cólera” no Kiosco. Outro dos invitados é Tyto Alba, a través de quen nos achegaremos ás vidas de Casagemas e Picasso, Fellini, Balthus ou Whitman.

É un pracer anunciar un novo Salón Internacional do Cómic, o vixésimo cuarto, entre o Viñetas do 2020 desenvolvido no medio dunha pandemia mundial e mais esoutro que, o ano que vén, conmemorará o cuarto de século de existencia da clásica cita coruñesa co cómic mundial. É a lectura que fai o director da feira internacional, Miguelanxo Prado. “Este Viñetas 2021 é o da supervivencia positiva, o salón que se executará nunha fase próxima á normalización absoluta e fará de ponte coa celebración do 25 aniversario de Viñetas no 2022”. É por iso que, á hora de deseñar o programa, o XXIV Salón do Cómic foi organizado arredor deses dous eixos esenciais de referencia e mesmo cubrindo todas as áreas: súper heroes, temas sociais, obra de autor, charlas, a feira de banda deseñada… e con convidados, tanto novos coma consolidados, cuxas obras configuran a realidade da banda deseñada nacional nestes tempos convulsos.

O cartel do XXIV Viñetas desde o Atlántico leva a sinatura de Teresa Valero, a autora que acaba de impactar no público e no sector co seu último traballo, “Contrapaso”, nomeado aos Premios Eisner 2021. Os orixinais de “Contrapaso. Los hijos de los otros”, unha novela gráfica negra ambientada no Madrid dos anos 50, veranse no Kiosco Alfonso. Os afeccionados poderán gozar da presenza da autora na Coruña.

A pesar de que, tras da restritiva edición do 2020, o Salón recupera a normalidade, o seu programa adaptarase á realidade que as autoridades sanitarias determinen nesas datas (do 9 ao 15 de agosto). Así, as charlas, reunións e sesións de sinatura cos creadores convidados terán lugar aplicando as medidas que recomenden. Tamén se celebrará a tradicional Feira da Historieta, o espazo que cada ano concentra nos Xardíns de Méndez Núñez ás principais librarías e editoriais especializadas.

O Kiosco Alfonso cede as súas paredes a un grupo de creadores cuxos orixinais van concitar o interese do público. Núria Tamarit, Tyto Alba, Teresa Valero e Javier Olivares e Santiago García. Os afeccionados penetrarán no universo de “Avery’s Blues” de Tamarit; coñecerán o corpo e mais o alma cos que Das Pastoras dotou ao xigante Hércules; viaxarán ao Madrid dos anos 50 con Teresa Valero ou camiñarán da man de Picasso, Fellini, Balthus e Whitman grazas aos trazos de Tyto Alba. Tamén a visión do universo velazqueño e da historia de Aquiles que teñen Javier Olivares e Santiago García nas súas obras “Las Meninas” (Premio Nacional de Cómic) e “La Cólera” .

Palexco será parada imprescindible para os amantes dos grandes clásicos da literatura de ciencia ficción. A cita é con “Dune”, a adaptación autorizada da inmortal novela de Frank Herbert que asinan Raúl Allén e Patricia Martín.

Sabémolo. Non hai viñetas sen súper heroes. Este ano é a quenda de Marvel e as personaxes deseñadas por Pepe Larraz, quen revitalizou o universo dos mutantes con “House of X” e ademais está a piques de publicar o seu último proxecto, “X of Swords”.

A realidade social e os problemas que máis preocupan á cidadanía actualmente están presentes en Viñetas 2021. Igual que a memoria do que fomos. Fernando Llor (guión) e Miguel Porto (debuxos) exhibirán en Palexco os orixinais da súa obra “Subnormal”, que conta a historia do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, vítima de acoso na infancia a pesar da súa envergadura física. Jaime Martín permitiranos percorrer a Guerra Civil, a posguerra e a transición sen saírmos do Palexco. Os visitantes verán os orixinais que compoñen a triloxía autobiográfica que comezou a publicarse en 2014 con “Las guerras silenciosas”, “Nunca tendrán 20 años” e que pechou co máis novo “Siempre tendremos 20 años”.

A Sala do Pazo Municipal dará cabida aos orixinais dos orixinais con que Das Pastoras da vida ás fazañas de Hércules, o mito tan estreitamente ligado á nosa cidade. A Sala Salvador de Madariaga acollerá “Adeus amigos”, de Begoña García-Alén González e “As aventuras de Passer P. Malta”, de Andrés Magán Zamorano, Premios Castelao de Banda Diseñada 2020 da Deputación da Coruña.

Igual que en anos anteriores, a Torre de Hércules será outro dos espazos expositivos do Salón. Ao cabo, a única condición que se impón aos autores que deseñan cada ano o cartel de Viñetas é que a súa achega inclúa o faro. Os afeccionados terán a oportunidade de botar unha ollada aos 24 carteis do Salón.

Viñetas desde o Atlántico 2021 ofrecerá, coma sempre, presentacións editoriais, e mentres, o consolidado e pacífico exército de personaxes sairá de novo ás rúas coruñesas. Unha vez remate a semana grande do Salón, do 9 ao 15 de agosto, as exposicións continuarán abertas ao público ata o día 5 de setembro.

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2021 CONVOCA AOS AUTORES NOVEIS E CONSAGRADOS QUE NESTES TEMPOS CONVULSOS CONFORMAN CO SEU TRABALLO A REALIDADE DO COMIC MÁIS ACTUAL2021-07-27T11:45:40+02:00

JAIME MARTÍN

2021-07-27T12:59:02+02:00

JAIME MARTÍN

JAIME MARTÍN

Biografía

Jaime Martín (Hospitalet de Llobregat, 1966), afeccionado á banda deseñada desde moi novo, comezou a traballar profesionalmente no cómic á metade dos anos oitenta colaborando co autor e editor Josep Maria Beà no seu selo Intermagen, en revistas como Caníbal y Bichos.

Entre 1986 e 1990, pasou a debuxar bandas deseñadas de humor para cabeceiras como Humor a tope, pero destacou sobre todo polas súas achegas para A Cúpula desde que en 1987 comezará a aparecer a súa sinatura na revista El Víbora, en cuxas páxinas desenvolveu graficamente series que profundaban nas experiencias dunha mocidade que vivía tanto experiencias cómicas como dramáticas: con guión de Alfredo Pons, Onliyú e con guión propio Sangre de barrio, que se estendeu entre 1989 e 2005 e pola que conseguirá o premio ao autor revelación no Salón internacional do cómic de Barcelona no ano 1990.

Durante os noventa desenvolveu series que entroncaban co seu interese polo costumismo social pero que xa apuntaban cara a outros horizontes, como o da memoria histórica: Los primos del parque, La memoria oscura e Infierno.

Tras publicar a obra Invisible en 2004, decidiu dar o salto ao mercado francés, asinando un contrato con  Dupuis para publicar Lo que el viento traeque verá a luz en España en 2008 publicada por Norma Editorial e que supón un punto e á parte na súa carreira. Nesta nova liña de exploración dramática, abordaría logo a obra Todo el polvo del camino, publicada no 2010, ambientada nos anos da Gran Depresión e que contará con guión de Wander Antunes.

En 2014 publica Las guerras silenciosas, obra entre o relato histórico, a crónica familiar e a autoficción. A través do relato das peripecias do seu propio pai, descubrimos as desventuras dos soldados españois destinados á rexión de Sidi- Ifni, Marrocos; un lugar miserable castigado por unha guerra que empezara en 1957 contra o Exército de Liberación Marroquí, pero que foi ocultada polo réxime franquista e que consagra como un grande autor de cómic europeo.

Las guerras silenciosas é o xerme da que, sen dúbida, é a súa triloxía máis importante ata a data. Tras ela, a finais de 2016 utilizando unha fórmula similar publica Jamás tendré 20 años. Cronoloxicamente, esta nova obra é anterior a Las guerras silenciosas e céntrase nos seus avós maternos, a pesar de que ambas comparten diversos personaxes e algúns feitos chéganse a solapar. A memoria familiar do debuxante de l’Hospitalet volve protagonizar un cómic e de novo ese relato tan persoal é fiel reflexo de toda unha época e de toda unha xeración: os que sufriron e perderon a guerra e despois tiveron que sufrir para sobrevivir ás represalias e á fame da posguerra.

Se Las guerras silenciosas tivera unha moi boa acollida por parte de crítica e público, Jamás tendré 20 años convértese nun éxito absoluto atesourando varios premios entre os que destaca o de Mellor obra de Autor Español no Salón internacional do cómic de Barcelona.

Finalmente en 2020 aparece Siempre tendremos 20 años, o terceiro libro que pecha a súa famosa triloxía e no que relata a súa infancia e mocidade durante a transición e que, desde outra óptica, entronca con Los primos del parque e Sangre de barrio. Por esta obra recibiu recentemente o premio a Mellor Obra de Autor Español no Salón internacional do cómic de Barcelona.

Bibliografía esencial

1992 | Los primos del parque (Ediciones La Cúpula)

2008 | Lo que el viento trae (Norma Editorial)

2010 | Todo el polvo del camino (Norma Editorial)

2012 | Sangre de Barrio. Integral (Norma Editorial)

2014 | Las guerras silenciosas (Norma Editorial)

2016 | Jamás tendremos 20 años (Norma Editorial)

2020 | Siempre tendremos 20 años (Norma Editorial)

Máis info en…

JAIME MARTÍN2021-07-27T12:59:02+02:00
Go to Top