Need a new search?

If you didn't find what you were looking for, try a new search!

VIÑETAS 2017, A CONFIRMACIÓN DA BANDA DESEÑADA COMA UNHA FERRAMENTA IMPRESCINDIBLE PARA ENTENDERMOS O MUNDO

2017-08-14T09:50:30+02:00
  • Aínda que as actividades paralelas rematan hoxe domingo, as exposicións do XX Salón Internacional do Cómic poderanse visitar ata o 11 de setembro
  • Miguelanxo Prado: “A vixésima edición foi, coma cómpre, unha celebración; unha festa de aniversario na que quixemos ter connosco a todos os que foron fundamentais para Viñetas nestas dúas décadas; os autores consagrados, galegos e de fóra”
  • Unha mostra colectiva dos traballos do alumnado d’O Garaxe Hermético (12 horas, Rúa da BD), pon o punto final a sete días de charlas, conferencias, sinaturas e presentacións editoriais

A Coruña, domingo 13 de agosto de 2017Viñetas 2017 é unha festa de aniversario. Unha celebración por todo o alto, non só dos vinte anos que cumpre o Salón Internacional do Cómic que promove o Concello da Coruña, senón da propia evolución que experimentou nestas dúas décadas a banda deseñada, a galega e a española. “Nestes vinte anos de Viñetas desde o Atlántico –explica  Miguelanxo Prado, o seu director–, tivemos a sorte de asistir, e mesmo de participar no que cabe, na conquista da madurez por parte desta linguaxe universal que é o Cómic, igual que puidemos vivir a apertura de todas as vías posibles para o desenvolvemento das múltiples opcións creativas que a Banda Deseñada ofrece”. Aí está, como exemplo, o espectáculo audiovisual The Black Dog, os soños de Paul Nash que, a cargo do polifacético Dave McKean, abriu o luns 7 de agosto a programación de actos paralelos deste Salón.

Viñetas ten conseguido establecer co público do Festival” –engade Miguelanxo Prado- “unha relación que vai alén desa nostalxia da infancia perdida que hai anos podía suscitar o cómic, o que sempre foi, xustamente, o noso obxectivo, logo razón de máis para estarmos de festa”.

O programa desta vixésima edición é, na opinión do seu máximo responsable, o exemplo perfecto desa maioría de idade acadada polo Cómic e, asemade, da súa evolución creativa. “As dúas exposición colectivas (A banda deseñada galega nos vinte anos de Viñetas eDez anos de Premios Nacionais) son unha clara demostración da calidade e mais a importancia dos nosos creadores. Reflicten tamén cal foi o noso punto de partida á hora de estruturar os contidos desta vixésima edición do Festival: unha exaltación do que fomos conseguindo para a Historieta nestas dúas décadas”.

“Máis alá da excepcional programación que tivemos este ano co gallo de celebrar o vixésimo aniversario de Viñetas, estamos especialmente satisfeitos –remata Miguelanxo Prado– da incorporación ao Salón da Fundación Barrié e mais Afundación, así como da grande achega que fixeron, tanto a Concellaría de Cultura como a Deputación, para conseguirmos esa meta común que tiñamos todos: facer unha vez máis da Coruña o epicentro do Cómic, a súa cerna, durante estes sete días de agosto”.

Rúa da BD – exposicións

O XX Salón Internacional do Cómic pecha hoxe, domingo 13, a súa tradicional axenda de actividades paralelas. Unha presentación colectiva das obras do alumnado d’O Garaxe Hermético, a escola de cómic que dirixe Kiko da Silva en Pontevedra, porá a mediodía o punto e final a esta semana de charlas, conferencias, sinaturas de orixinais e presentación de novidades editoriais.

A Rúa da BD, isto é, a feira editorial que se celebrou en paralelo ao propio Festival, tamén fecha esta noite as súas portas.

Porén, todas as exposicións que conforman a edición número vinte permanecerán ata o día 11 de setembro nas respectivas sedes do Salón. Poderán ser visitadas ata esa data no horario habitual.

VIÑETAS 2017, A CONFIRMACIÓN DA BANDA DESEÑADA COMA UNHA FERRAMENTA IMPRESCINDIBLE PARA ENTENDERMOS O MUNDO2017-08-14T09:50:30+02:00

LA CANADIENSE JULIE ROCHELEAU (FANTOMAS) Y EL FRANCÉS NOB (NANETA) PROTAGONIZAN MAÑANA MIÉRCOLES LAS CHARLAS DE VIÑETAS 2017

2017-08-06T19:07:05+02:00
  • Será a partir de las seis y media de la tarde en el salón de actos de la sede central del Festival, el Kiosco Alfonso
  • La exposición de la obra de Nob se exhibe en la sala municipal de exposiciones de Palexco y la de Rocheleau en el Kiosco Alfonso
  • Prosiguen también las actividades para el público en la carpa de la feria editorial como los talleres para niños y niñas de distintas edades que dirige el dibujante gallego Xosé Tomás
  • En el Kiosco Alfonso tendrá lugar  a las 12.30 la presentación del libro BDG70 A revolta do cómic galego, un proyecto en el que está implicada la Universidad coruñesa

A Coruña, 8 de agosto de 2017. La dibujante canadiense Julie Rocheleau a cuyos lápices debemos la resurrección y éxito renovado del viejo supervillano Fantomas y el creador de Naneta y Dad, el francés Bruno Chevrier (Nob) serán los protagonistas mañana miércoles de las charlas de los autores invitados de la vigésima edición de Viñetas desde o Atlántico. Ambos departirán con el público en la sala de conferencias del Kiosco Alfonso (última planta). Rocheleau lo hará a partir de las 18,30 horas y la intervención de Nob comenzará a las 19.45.

En la jornada tendrá especial relevancia la presentación del libro BDG70 A revolta do cómic galego. Será las 12.30 horas, en la sala de conferencias del Kiosco Alfonso. El acto contará con la presencia de la vicerrectora de la Universidad de A Coruña y varios de los autores participantes. Se trata de un proyecto en el que está implicada la Universidad coruñesa. Prosiguen, por otro lado, la actividad paralela en la Rúa da BD con presentaciones como las de Xan Eguía e la de los nuevos números de la revista La Resistencia. Ya por la tarde continúa los talleres de dibujo para niños y niñas de distintas edades que dirige Xosé Tomás.

La canadiense Julie Rocheleau inició su carrera profesional en el mundo de la animación En el año 2010 da el salto a la historieta con la obra La fille invisible, basada en un guion de Emilie Villeneuve. Con ella ambas autoras ganaron el premio Bédéis Causa del Festival de Quebec. Ese mismo año Julie gana también el premio Joe Schuster a mejor colorista y es nominada también en la categoría de mejor dibujante. Su siguiente inmersión en el mundo del cómic llegaría con la multi-galardonada La cólera de Fantomas, una adaptación del guion de Olivier Bocquet, que supone una reinterpretación del celebérrimo e infame villano creado por los franceses Souvestre y Allain.

Nuevo Fantomas

El icónico y algo anticuado Fantomas es un personaje que bien podría considerarse como el predecesor de los supervillanos de cómic que cobró vida en más de una treintena de novelas de misterio a comienzos del pasado siglo. Ahora reengancha con una nueva generación de lectores gracias a la nueva serie de tres tomos de aventuras, donde el dibujo audaz y expresivo de la canadiense pone al día su leyenda.

El trabajo más reciente de Rocheleau, todavía no publicado en España, es La petite patrie, basado en la afamada novela autobiográfica de Claude Jasmin y adaptada por Grégoire Normand. Esta es una crónica de un popular barrio de Quebec visto a través de los ojos de un niño de ocho años, en los albores de los años 40. Rocheleau nos propone una historia con aires de nostalgia, en la que confluyen los recuerdos de su infancia: la guerra, la religión, los días jugando en las calles, el amor, la muerte y el fin de la inocencia.

En la actualidad Julie Rocheleau reside en Montreal, donde simultanea su trabajo como historietista con la ilustración de libros infantiles y carteles.

El padre de Naneta

Bruno Chevrier, o lo que es lo mismo, Nob dio sus primeros pasos como dibujante en un fanzine que él mismo creó durante sus años de instituto. Después de ganar el primer premio en un concurso para autores jóvenes, organizado por la editorial Glénat, se convierte en un autor habitual de la famosa cabecera francesa para niños Tchô! Aquí crea las aventuras de Bogzzz, justo antes de convertirse en redactor jefe de a pubicación, en el año 2003.

Poco tiempo después se embarca en la aventura de Mon ami Grompf: el yeti mascota, primero publicado por entregas y posteriormente como una exitosa colección infantil de Glénat, que incluso llegó a tener su propia serie de dibujos animados.

Con su creación Mamette (Naneta en España), la abuela que se comporta como una niña, le llega la consagración como autor. Esta obra le valió el premio Millepage, que conceden los libreros franceses. A los cinco tomos de lo serie inicial, le han seguido tres tomos de Los recuerdos de Naneta, que recoge las vivencias infantiles de su protagonista y con la que se trabaja ya para convertirla en una serie de animación para la televisión.

Durante este tiempo Nob también ha trabajado como colorista para el primer tomo integral de la famosa serie Titeuf: Dieu, le sexe et les bretelles, obra de su compañero Zep y para la serie Alice au pays des singes, de Keramidas y Tebo. Su más reciente creación es la hilarante serie Dad, que en la actualidad cuenta con tres tomos publicados. En ellos el dibujante francés retrata con mucha ironía y desenfado la vida de una familia poco convencional, encabezada por un desbordado padre que debe cuidar y redescubrir a sus tres jóvenes hijas.

 

LA CANADIENSE JULIE ROCHELEAU (FANTOMAS) Y EL FRANCÉS NOB (NANETA) PROTAGONIZAN MAÑANA MIÉRCOLES LAS CHARLAS DE VIÑETAS 20172017-08-06T19:07:05+02:00

RALPH MEYER (UNDERTAKER) E KIKO DA SILVA (O GARAXE HERMÉTICO) ABREN MAÑÁ AS CHARLAS CO PÚBLICO DE VIÑETAS 2017

2017-08-06T13:11:10+02:00

 

  • Os encontros cos autores serán no escenario habitual, o salón de actos do Kiosco Alfonso, sede central do Festival
  • Os dous debuxantes forman parte do elenco de persoas convidadas da vixésima edición do Salón Internacional coruñés
  • Tamén mañá comezan as actividades paralelas na carpa da Rúa da BD, entre elas, os obradoiros para cativos que dirixe de novo o debuxante galego Xosé Tomás 
  • Lembrar que este ano, por primeira vez, visitar as exposición de Viñetas ten premio. As 500 primeiras persoas que presenten o programa de man do Festival co selo de ter visitadas as mostras das seis salas obterán de balde o catálogo conmemorativo da edición

A Coruña, 7 de agosto de 2017. O debuxante francés, Raplh Meyer, un dos nomes imprescindibles do cómic europeo, e o galego Kiko da Silva, creador da escola de cómic e ilustración de Galicia O Garaxe Hermético, serán os encargados de abrir mañá o calendario de charlas da vixésima edición de Viñetas desde o Atlántico, que se inaugura esta tarde na Coruña. Ambos convidados departirán coa cidadanía e contestarán ás preguntas do público no salón de actos do Kiosco Alfonso. Meyer farao a partir de as 18.30 horas e a intervención de Kiko da Silva comezará ás 19.45. A obra destes dous autores convidados colga nas paredes do Kiosco Alfonso, sede central do Festival, promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento coruñesa.

A xornada de mañá martes ten outras citas. Comezan tamén as actividades na carpa da feira editorial (Rúa da BD) que como en anos anteriores desprégase nos Xardíns de Méndez Núñez. A primeira proposta neste escenario é un taller de Chapas de Asociación FunCómic, a partir das 12 horas. As 13 horas, presentarase os libros de Félix Carreira 850 Aniversario y Lágrimas de Neón. No mesmo lugar, xa pola tarde, Carreira firmará exemplares no stand de Kikomic (20 horas) e darán comezo os obradoiros para cativos e cativas de distintas idades que dirixe un ano máis o debuxante galego Xosé Tomás.

Por vez primeira o folleto informativo do Festival incluirá un apartado especial deseñado para reunir o selo da visita a seis das exposicións do Salón. As primeiras 500 persoas que se acheguen até a caseta de información da Rúa da BD co documento selado na súa totalidade recibirán o catálogo conmemorativo deste 2017, ano no que Viñetas cumpre o seu 20 aniversario. O documento conterá un apartado especial con seis espazos  nos que a veciñanza poderá certificar, coa axuda do persoal das salas, a súa visita: o Kiosco Alfonso, o Pazo Municipal de María Pita, a Sala Municipal de Exposicións Palexco, a Casa de Cultura Salvador de Madariaga, a Sala AFundación e a Fundación Barrié; espazos nos que, precisamente, este folleto estará á disposición do público. Unha vez teña completo o documento acreditativo, a cidadanía poderá achegarse até a caseta de Información para obter o catálogo.

O debuxante de Undertaker

Raplh Meyer, que actualmente vive en Barcelona, é o debuxante de Undertaker (O enterrador), unha lúgubre e trepidante balada que nos devolve á senda do máis xenuíno western. A obra é froito do dúo que protagoniza co tamén francés Xavier Dorison, autor do guión, e co que xa publicou en 2012 o díptico Asgard, un relato co que nos mergulla nas paisaxes e mitoloxía nórdicos. Tamén asinaron xuntos con anterioridade o best-seller XIII Mystery, que lle valería a honra de alzarse co premio Saint Michel ao mellor debuxante, un recoñecemento que outorga anualmente a cidade de Bruxelas no ámbito da historieta.

Dos lápis de Meyer saíron con anterioridade outras obras imprescindibles do cómic europeo como a triloxía Nana asesina e a celebrada obra de ciencia ficción IAN, que narra as aventuras dunha intelixencia artificial que habita baixo unha pel de humán e que supuxo, de feito, o despegue meteórico da súa carreira. No 2010 enfrontou un dos maiores retos artísticos, a obra Página negra, de Frank Giroud e Denis Lapière, onde o seu debuxo compartimentado en dúas metades supoñería un radical xiro no seu estilo gráfico.
Un clásico galego

O vigués Kiko da Silva é historietista, ilustrador e director editorial. Publicou o seu primeiro libro ilustrado con só 16 anos. A súa produción está ligada á ilustración infantil con títulos como A memoria das árbores, Moncho e a mancha, e Que contan as ovellas para durmir.

En 2001 fundou xunto ao libreiro pontevedrés Cano Paz a revista BD Banda, que se converteu en 2005 na primeira revista en lingua galega en recibir o Premio do Xurado do Salón Internacional de Cómic de Barcelona. En 2007 lanza a primeira revista satírica en galego, Retranca, unha das publicacións humorísticas máis lonxevas, polémicas e vendidas de Galicia, que chegaría a gañar o Premio do público do Salón Internacional de Cómic de Barcelona á mellor revista e o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa de Galicia no ano 2010.

Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético (Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa), con mestres profesionais galegos da talla de Fernando Igresias, Fernando Llor, Fran Bueno, Miguel Porto, Rodrigo Cota ou Miguelanxo Prado. A escola é hoxe un dos referentes formativos do cómic en España.

Da Silva encárgase, desde 2013, da sección de cómic de Oink!, a revista do Xabarín Club (Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa 2013). Tamén en 2014 alzouse co Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña coa inusual obra O inferno do debuxante, editada en galego polo organismo provincial coruñés e en castelán pola editorial Dibbuks.

RALPH MEYER (UNDERTAKER) E KIKO DA SILVA (O GARAXE HERMÉTICO) ABREN MAÑÁ AS CHARLAS CO PÚBLICO DE VIÑETAS 20172017-08-06T13:11:10+02:00

UN ESPECTÁCULO AUDIOVISUAL DE BALDE DO DEBUXANTE BRITÁNICO DAVE MCKEAN ABRIRÁ O LUNS AS ACTIVIDADES DE VIÑETAS 2017

2017-08-06T12:46:24+02:00
  • A cidadanía poderá facerse cas invitacións (dúas por persoa) nas taquillas do IMCE, no quiosco da praza de Ourense
  • Terá lugar as 21 horas na sede da Fundación Barrié, espazo que este vixésimo aniversario se suma os escenarios do Festival Internacional coruñés do Cómic

A Coruña, 5 de agosto de 2017. Viñetas desde o Atlántico 2017 abre o luns o seu calendario de actividades cun espectáculo audiovisual do debuxante británico Dave Mackean. Será as 21 horas na sede da Fundación Barrié, que este ano se suma aos escenarios do Festival Internacional promovido polo Concello da Coruña. A proposta é de balde pero precisa entrada. As invitacións están ao dispor da cidadanía dende hoxe mesmo, sábado, nas taquillas do IMCE, no quiosco da Praza de Ourense. A organización ofrece un total de 300 pases, dos que cada persoa interesada poderá retirar un máximo de dous.

O espectáculo Black Dog, the dreams of Paul Nash é unha sesión de música en vivo con proxección das imaxes que ilustran a novela gráfica que publicou McKean ao redor do Paul Nash, un dos nomes claves no nacemento dos movementos modernista e surrealista. Trátase da primeira vez que o programa de Viñetas desde o Atlántico inclúe unha proposta así. Forma parte das novidades do Festival por mor do seu vixésimo aniversario.

Dave McKean é unha das voces creativas máis destacadas do Reino Unido. Este debuxante, pintor, deseñador gráfico, fotógrafo, cineasta e músico, deixou unha pegada indeleble no mundo da banda deseñada. É o responsable de proxectos como Sandman. Os traballos para esta mítica colección levaron a McKean a alzarse co World Fantasy Award de 1991 ao mellor artista, e a gañar o Premio Eisner 1993 ao mellor deseño de publicación. A McKean debemos tamén a obra de creación propia Cages, novela gráfica merecedora dos premios Harvey, Ignatz, Eisner e Alph-Art. Black Dog: The Dreams of Paul Nash, é un dos seus proxectos máis recentes.

Inauguración oficial

A inauguración oficial de Viñetas 2017 terá lugar dúas horas antes da celebración do espectáculo de McKean, ás 19 horas, no Kiosco Alfonso. Correrá a cargo do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e do director do Salón Internacional Miguelanxo Prado. Participará tamén o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande.

Viñetas contará, como cada ano, cun cadro de persoas convidadas da máxima categoría:  Eduardo Risso, Ralph Meyer, Javi Rey, Cameron Stewart, Kiko da Silva, Natacha Bustos, Nob (Bruno Chevrier), Rayco  PulidoJulie Rocheleau e Dave McKean.

Esta vixésima edición do Salón Internacional do Cómic coruñés amplía a súa oferta habitual con propostas como a exposición A banda deseñada galega nos vinte anos de Viñetas, unha mostra retrospectiva-comparativa das autoras e autores galegos que participaron no Festival nestes vinte anos (Fran Jaraba, Fernando Iglesias, Xaquín Marín, DasPastoras, Fran Bueno, Alex Cal, Emma Ríos, Víctor Rivas, David Rubín, José Domingo, Fausto Isorna, Jano, Martín Romero e Ramón Marcos).

Tamén é unha novidade a mostra Dez anos de Premios Nacionais. Será a primeira vez que se poderán ver xuntos os dez traballos premiados co Premio Nacional de Cómic que concede cada ano, dende hai dez, o Ministerio de Cultura. Aí estarán dende as páxinas do primeiro agasallado, Max, en 2007, ata as do último premiado polo de agora, Pablo Auladell (2016). Ademais de Auladell, estarán en Viñetas boa parte dos galardoados: Juanjo Guarnido, Antonio Altarriba, Juan Díaz Canales, Santiago Valenzuela, Alfonso Zapico, e o propio Miguelanxo Prado, director do Salón.

Os escenarios destas dúas exposicións serán, respectivamente, a sede de Afundación e mais a da Fundación Barrié, espazos que se suman este ano aos de costume: Kiosco Alfonso, Pazo Municipal de María Pita, Sala Municipal de Exposicións Palexco e a Casa de Cultura Salvador de Madariaga. Na Torre de Hércules exhíbense os carteis das vinte edicións do Festival; entre eles, o deste 2017, que asina o debuxante galego DasPastoras.

UN ESPECTÁCULO AUDIOVISUAL DE BALDE DO DEBUXANTE BRITÁNICO DAVE MCKEAN ABRIRÁ O LUNS AS ACTIVIDADES DE VIÑETAS 20172017-08-06T12:46:24+02:00

Sesións de firmas oficiais en Viñetas desde o Atlántico 2017

2017-08-11T14:17:33+02:00

Chega un momento moi esperado! Xa coñecemos os horarios das sesións de firmas oficiais que se celebrarán na edición 2017 de Viñetas desde o Atlántico!

Este ano, a diferenza das pasadas entregas do Festival Internacional da Historieta da Coruña, as sesións de firmas celebraranse simultáneamente no Kiosco Alfonso e na sala municipal de exposicións PALEXCO. Como xa sabedes, nesta edición 2017 cúmprense 20 anos de Viñetas desde o Atlántico. Unha sinalada data que celebraremos recibindo cos brazos abertos a un bo número de autores, que farán as delicias dos asistentes. Así, por cuestións loxísticas, co obxectivo de que tanto profesionais como visitantes gocen de Viñetas da forma máis cómoda posible, a organización do festival decidiu habilitar ambos espazos para as sesións de firmas oficiais, cuxas datas e horarios pasamos a detallar a continuación:

  • Venres 11 de agosto, de 18:00 a 20:00 horas, en Kiosco Alfonso e PALEXCO.
  • Sábado 12 de agosto, de 12:00 a 14:00 horas, en Kiosco Alfonso e PALEXCO.

A distribución dos autores en cada espazo é a seguinte:

Aproveitamos para recordar algunhas normas básicas, xa tradicionais, destas sesións oficiais de firmas:

  • Os autores asinarán e debuxarán únicamente en exemplares das súas obras e no catálogo oficial de Viñetas 2017, a non ser que indiquen expresamente o contrario.
  • O público asistente deberá formar unha fila ordenada á entrada de cada recinto.
  • Á hora indicada abriranse as portas de cada recinto. En cada entrada estarán indicados os lugares exactos de cada edificio nos que se realizarán as firmas.
  • Unha vez dentro do recinto, o público interesado deberá formar unha fila ordenada en cada posición, na mesa do autor cuxa asina desexe obter.
  • As sesións de firmas terminarán ás horas previstas, de maneira que as filas pecharanse uns minutos antes, para evitar aglomeraciones e confusións.

Trátase dunhas normas básicas que teñen como único obxectivo evitar malentendidos e que todo o mundo que o desexe poida levarse un recordo do seu autor favorito.

Sesións de firmas oficiais en Viñetas desde o Atlántico 20172017-08-11T14:17:33+02:00

A OFERTA DE VIÑETAS 2017 INCLÚE UNHA MOSTRA DAS DEZ OBRAS GALARDOADAS POLO DE AGORA CO PREMIO NACIONAL DE CÓMIC

2017-07-22T19:19:32+02:00
    • A exposición colgará na sede da Fundación Barrié que este ano súmase aos espazos expositivos do Salón Internacional coruñés
    • A cidadanía poderá contemplar por primeira vez xuntos os traballos agasallados nos dez anos de existencia do galardón, desde o primeiro, asinado por Max, en 2007, ata o último, obra de Pablo Auladell (2016)
    • Na axenda da vixésima edición do Festival de Cómic da Coruña hai, asemade, unha mostra sobre o proceso de adaptación de novelas de éxito ao cómic como Intemperie, de Jesús Carrasco, ou a Trilogía del Batzan, de Dolores Redondo, na sala Salvador de Madariaga 
    • Tamén, nas paredes de Salvador de Madariaga, exhibirase Fóra do Mapa, de Emilio Fonseca Martín, obra galardoada co último premio Castelao, que outorga a Deputación da Coruña.

A Coruña, 19 de xullo de 2017.  Viñetas desde o Atlántico 2017 (do 7 ao 13 de agosto) cumpre vinte anos. Dúas décadas de celebración ininterrumpida desta cita estival coa banda deseñada e que converte á cidade da Coruña, cada mes de agosto, no epicentro do mundo da historieta. Para celebrar este vinte aniversario, a oferta do Salón Internacional coruñés, promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, vén cargada de actividades e novidades. Entre elas, a conmemoración tamén do décimo aniversario dos Premios Nacionales de Cómic, que concede anualmente o Ministerio de Cultura. Unha exposición mostrará, por primeira vez xuntos, os traballos premiados nestas dez edicións e un nutrido grupo de agasallados co premio formará parte do plantel de creadores que estarán e participarán nesta vixésima edición de Viñetas.

A mostra, titulada Dez anos de Premios Nacionais, exhibirase nunha das sedes que se suman este ano (tamén novidade) aos espazos expositivos do Salón Internacional, a Fundación Barrié. Na súa sala de exposicións colgarán orixinais de El Paraiso Perdido(2016) de Pablo AuladellLas Meninas (2015) de Javier Olivares e Santiago GarcíaBlacksad, Amarillo (2014) de Juanjo Guarnido e Juan Díaz CanalesArdalén, (2013) de Miguelanxo PradoDublinés (2012) de Alfonso ZapicoPlaza Elíptica (2011) de Santiago ValenzuelaEl arte de volar, (2010) de Antonio Altarriba e KimLas Serpientes Ciegas (2009) de Bartolomé Seguí e Felipe Hernández CavaArrugas (2008) de Paco Roca e Hechos, dichos, ocurrencias y andanzas de Bardín el superrrealista (2007) de Max.

Non só o traballo de todos eles estará en Viñetas 2017, tamén se deixarán ver pola Coruña durante a celebración do Salón un bo número de premios nacionais como ZapicoAltarriba,Díaz CanalesGuarnidoValenzuela, ademais, está claro, do único galego que obtivo de momento o galardón, Miguelanxo Prado, director e alma máter de Viñetas desde o Atlántico desde o seu comenzo.

Novela e cómic

Singular será tamén a mostra que se poderá ver na sala municipal Salvador de Madariaga (Durán Loriga): Da novela ao cómic. Coincidindo coa exposición que mostrará o traballo dun dos autores convidados, Javi Rey, adicarase un apartado á adaptación de novelas de éxito ao cómic. Falamos da transformación en viñetas de Intemperie, de Jesús Carrasco, realizada polo propio Javi Rey (un proxecto polo que recibiu o premio autor revelación do Salón Internacional del Cómic de Barcelona 2017), e da exitosísima Trilogía del Batzan, deDolores Redondo, convertida en historieta por Ernest Sala. Ambas adaptacións teñen o selo da editorial Planeta, que quixo sumarse así á celebración do vixésimo aniversario de Viñetas desde o Atlántico.

Premio Castelao

Nas paredes de Salvador de Madariaga exhibirase simultaneamente Fóra do Mapa, de Emilio Fonseca Martín, obra galardoada co Premio Castelao de Banda Deseñada no 2016, que outorga a Deputación de A Coruña. Como vén sendo habitual, durante o desenvolvemento de Viñetas desde o Atlántico, hase fallar o premio. O director de Viñetas Miguelanxo Prado, e algúns dos artistas convidados ao Salón, integrarán o xurado que elexirá, un ano máis, a obra gañadora.

A OFERTA DE VIÑETAS 2017 INCLÚE UNHA MOSTRA DAS DEZ OBRAS GALARDOADAS POLO DE AGORA CO PREMIO NACIONAL DE CÓMIC2017-07-22T19:19:32+02:00

O DEBUXANTE DE “EL ENTERRADOR” UN DOS CÓMICS MÁIS RELEVANTES DO PANORAMA EUROPEO ACTUAL, CONVIDADO DE VIÑETAS 2017

2017-07-12T17:03:35+02:00
  • O francés Ralph Meyer traballa neste momento no terceiro tomo desta exitosa serie
  • Outro prato forte do Salón do Cómic coruñés, o canadense Cameron Stewart, achegará aos afeccionados ao mundo dos superheróes mais emblemáticos (Scooby-Doo, Superman e Os Invisibles). Tamén é o artífice do relanzamento de Batgirl, convertendo a serie nunha das grandes revelacións de DC Comics.
  • O polifacético Dave McKean presentará en Viñetas un espectáculo audiovisual sobre a súa novela gráfica Black Dog: The dreams of Paul Nash
  • O arxentino Risso chega a Viñetas co resucitado Torpedo nas mans, mentras que a canadense Julie Rocheleau contará coma devolveu a vida a un personaxe esquecido, Fantomas.

A Coruña, 12 de xullo de 2017. O carácter e a vocación internacional de Viñetas desde o Atlántico, promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, non ten discusión. Foi unha aposta desde a súa primeira edición, ala polo 1998, e niso segue empeñado o seu director, Miguelanxo Prado. Para o vinte aniversario o listón do plantel de persoas convidadas tiña que manter o nivel. Os nomes elexidos confirman o acerto: o arxentino Eduardo Risso e o francés Sánchez Abulí, o inglés Dave McKean, os canadenses Cameron Stewart e Julie Rocheleau e os franceses Ralph Meyer e Nob (Bruno Chevier). Esa é a oferta de alén das nosas fronteiras.

Os afeccionados poderán coñecer no Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico 2017 a Ralph Meyer, quen co tamén francés Xavier Dorison, son os pais de El enterrador (Undertaker), unha das obras de máis sona do cómic europeo dos últimos anos. Tratase dunha lúgubre e trepidante balada que leva ao lector á senda do mais xenuino western. Fincado en Barcelona, traballa neste momento no quinto tomo da serie. Meyer é o artífice, tamén, de IAN, a intelixencia artificial que habita baixo a pel dun humano, ou o debuxante de Página Negra.

Cameron  Stewart representa  na  vixésima  edición  de  Viñetas  desde  o  Atlántico aos debuxantes de superheróes mais recoñecidos en todo o planeta. Stewart  participou na recreación e modernización do personaxe Batgirl para DC e destaca, na súa faceta como autor independente, por títulos coma El Club de la Lucha 2 ou Sin Títuto. Levan a sua pegada  Scooby Doo, Superman Adventures e Os  Invisibles.

Outra convidada é a tamén canadense Julie Rocheleau, quen resucitou a Fantomas, o auténtico predecesor dos súper viláns de cómic. Rocheleau destacou na escea da novela gráfica con “A petite patrie”, unha obra baseada na autobiografía de Claude Jasmin. Nas súas páxinas fai unha crónica da vida nun popular barrio de Quebec nos anos 40 desde a mirada dun neno de oito anos.

Risso e Abulí, un bo tándem para un gran personaxe, Torpedo

A vixésima edición do Salón contará con unha das vacas sagradas do mundo do cómic, Eduardo Risso, considerado por moitos un dos mellores debuxantes do mundo. Risso, gañador de catro Premios Eisner, foi o elexido para  resucitar a Torpedo, man con man co seu guionista, Abulí. Ambolos dous contarán aos seus seguidores o proceso creativo desta obra.

Dave McKean, unha das voces creativas máis destacadas do Reino Unido (debuxante, pintor,  deseñador  gráfico,  fotógrafo,  cineasta  e  músico) é outro dos popes convidados de Viñetas.  MacKean chega con un espectáculo audiovisual co cómic como protagonista. Trátase do “Black Dog, the dreams of Paul Nash” unha sesión de música en vivo con proxección das imaxes que ilustran a novela gráfica que publicou ao redor do británico Paul Nash, un dos nomes claves no nacemento dos movementos modernista e surrealista.

O espectáculo terá lugar o propio día da inauguración do Salón Internacional do Cómic 2017, o luns 7 de agosto, na Fundación Barrié.O acceso será mediante invitación. Mesmo así, as ilustracións que compoñen a obra do polifacético McKean si se poderán visitar durante todo Viñetas no Kiosco Alfonso.

Cómic para nenos, unha avoa trapalleira

O cómic para nenos terá tamén peso en Viñetas 2017 e da man dun dos mais reputados dos seus creadores. Desde Francia virá Nob (Bruno Chevrier), o pai de Mamette  (Naneta, en España) a  avoa  que  se  comporta  como  unha  nena, obra que o consagrou  como  autor e que xa vai por cinco tomos.  Con ese título  obtivo  ademais o  premio  Millepage,  outorgado polos libreiros franceses.

 

 

O DEBUXANTE DE “EL ENTERRADOR” UN DOS CÓMICS MÁIS RELEVANTES DO PANORAMA EUROPEO ACTUAL, CONVIDADO DE VIÑETAS 20172017-07-12T17:03:35+02:00

Benvidos a Viñetas 2017!

2017-07-07T10:32:00+02:00

Por vixésimo ano consecutivo, A Coruña volverá converterse na capital do cómic da man do festival Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará entre os días 7 e 13 de agosto de 2017.

Como é tradición, neste espazo web manterémosvos informados puntualmente de todas as novidades de Viñetas 2017. É un bo momento para recordar tamén a nosa presenza en redes sociais, nas que daremos a coñecer o día a día desta imprescindible cita. Síguenos en Facebook, Twitter e Instagram!

Na portada da web tedes todos os detalles sobre os invitados desta edición, sobre os que falaremos con máis detalle nos próximos días. ¡Un gran elenco formado por Bruno Chevrier – Nob, Cameron Stewart, Eduardo Risso, Julie Rocheleau, Kiko Da Silva, Natacha Bustos, Pablo Auladell, Ralph Meyer, Rayco Pulido, Javi Rey, Dave Mckean, e Enrique Sánchez Abulí!

Así mesmo, na sección exposicións xa podedes consultar a ubicación exacta das mostras de Viñetas 2017.

Para rematar, non podemos esquecernos da nosa sección histórica, con información sobre as edicións previas de Viñetas desde o Atlántico. Como novidade, este ano incorporamos o listado de todos os autores invitados de cada edición.

Contamos co voso apoio! Esperámosvos!

Benvidos a Viñetas 2017!2017-07-07T10:32:00+02:00

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 ABRE LAS PUERTAS EL LUNES ACERCÁNDONOS UNA VARIADA REALIDAD DEL CÓMIC INFANTIL Y JUVENIL NACIONAL E INTERNACIONAL

2020-08-18T12:03:35+02:00

O Salón Internacional do Cómic da Coruña chega a súa vinte e tres edición

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 ABRE AS PORTAS O LUNS PARA ACHEGARNOS A VARIADA REALIDADE DO CÓMIC INFANTIL E XUVENIL TANTO NACIONAL COMA INTERNACIONAL

A sede central do festival, o Kiosco Alfonso, mostrarán a obra de Alessandro  Barbucci, Enrique Vegas,  Pau e  Xulia Vicente 

Palexco vaise encher dunha variadísima colección de orixinais de diversos autores, seleccionados polas principais editoriais de banda deseñada infantil e xuvenil, Brúfalo Lector/Cúpula, Astronave/Norma, Astiberri , Mamut/Bang e Nuevo Nueve.  

A Sala de Exposicións do Palacio de María Pita conterá os orixinais da novela gráfica “MIES” o  biopic que Agustín Ferrer Casas publicou sobre o arquitecto Mies van  der  Rohe, último director da Bauhaus, a escola berce da arquitectura moderna 

A carpa de actividades acollerá unha mostra dos orixinais que ao longo de varios números veñen dando corpo ao fanzine que publica Amnistía Internacional sobre ás violacións que sofren os Dereitos Humanos no mundo e a súa obrigada defensa.  

O cartel anunciador deste XXIII Viñetas leva a rúbrica do mexicano Tony  Saldoval, convidado o salón do pasado ano. 

A Coruña, 14 de agosto de 2020

Con máscaras, distancia de seguridade e todas as medidas que as autoridades sanitarias impoñen na loita contra o impacto que o coroavirus está a ter no mundo enteiro, o luns,Viñetas desde o Atlántico abrirá ás súas portas.

Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico centrarase nesta ocasión no espazo temporal no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil. Para iso, son varias as editoriais que nos achegan orixinais dos seus principais creadores. Brúfalo Lector/ La Cúpula exporá a obra de Katie O’Neill, Astronave/Norma mostra pezas de Bonache, Ricardo Peregrina, David Ramírez e láminas de La Guerra de Catherine de Julia Billet e Claire Fauvel. Pola súa banda, Astiberri achegaranos ao talento creativo de Ana Miralles e Emilio Ruiz, Lorena Álvarez, e Adrien Albert, mentres que Mamut/Bang colgará orixinais de Babita, de Natalia Colombo, Astroratón, de Fermín Solís, deSuperpatata, de Artur Laperla, e de Marcopola de Jacobo Fernández. Por último, a editorial Nuevo Nueve vainos permitir mergullarnos na obra Shaker Monster de Mathilde Domecq e Mr. Tan, ao tempo que fará ás delicias dos cativos cunha mostra colectiva de Marsupilami. 

Pola súa banda. o Kiosco Alfonso cederá gustosamente as súas paredes a catro debuxantes de peso. O primeiro deles, o xenovés  Alessandro Barbucci, creador das series mundialmente coñecidas Sky Dolls  W.I. T. C. H (protagonizada por cinco rapazas adolescentes con poderes) ambas en tándem coa guionista Bárbara  Canepa. Tamén no corazón expositivo de Viñetas colgarán os orixinais de Enrique Vegas, o historietista segoviano famoso polas súas versións paródicas de películas e cómics de éxito,  Spider-Man,  Hulk, X-Men,  Hellboy, Piratas del Caribe,  Star  Wars…cuxos protagonistas son aquí gordechos e cabezóns.

Completan a oferta do Kiosco Alfonso o mallorquino  Pau e a coruñesa  Xulia VicentePau é un recoñecido creador, autor de Las vacas chechenas, con historietas e portadas sucesivas publicadas en revistas como a belga  Spirou ou a española Nosotros somos los muertos. O seu salto internacional chega coa saga de Atlas & Axis e  Ze  Jacky  Touch.

Xulia Vicente, que acaba de sorprender co seu último traballo, no que por encargo do Consello  Galego de Cultura levou á linguaxe da banda deseñada a historia de amor e liberdade de Elisa e Marcela, ten xa unha traxectoria asentada. É a autora da novela gráfica Anna  Dédalus: el misterio de la mansión quemada, xunto a Miguel Angel  Giner e Nuria  Tamarit, coa que tamén asinou o cómic Duerme pueblo. Esta creadora coruñesa colaborou coa revista  Jot Down,  Arrós  NegreLis en  Fleur ou  Meinstrim e é cofundadora do  fanzine  Sapoconcho.

A Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá os orixinais da novela gráfica MIES  biopic publicado por Agustín Ferrer Casas sobre o arquitecto Mies van der Rohe, o derradeiro director da Escola Bauhaus, berce da arquitectura moderna, que o pasado ano cumpliu cen anos de existencia.

Este ano ademáis, a carpa de presentacións que se instala diante do Kiosco será tamen espazo expositivo. As súas paredes acollerán a mostra dos orixinais que compoñen o fanzine que Amnistía Internacional ven publicando os últimos anos coa Defensa dos Dereitos Humanos coma fio argumental. Nel participan un bo número de creadores que altruistamente ceden á organización a súa particular visión das violacións que sofren en distintas partes do mundo os Dereitos Humanos e a defensa que particulares, organizacións e movementos fan deles.  

Igual ca en anteriores edicións, a Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga, acollerá os últimos premios Castelao de Banda Deseñada da  Deputación da Coruña, coa mostra dos orixinais das obras de Alberto Vázquez e Martín Romero, gañadores da edición  XIV do certame nas súas correspondentes convocatorias xeral e infantil-xuvenil. Alberto Vázquez, dono de tres Premios Goya por obras como  Birdboy,  Psiconautas ou Decorado, é un dos autores máis recoñecidos no panorama galego. O Premio Castelao foille outorgado pola obra A Caza, na que o xurado destacou o “sólido grafismo utilizado, coa técnica do  sumi-e e tinta chinesa, ademais do debuxo expresivo co que xera unha unidade narrativa e un mundo propio e persoal”. O ilustrador Martín Romero fíxose co Castelao infantil e xuvenil con  Uxio, que explota “as posibilidades narrativas do medio e fai un acertado uso humorístico da filosofía da vida cotiá”.

O fanzine sobre Dereitos Humanos que ven publicando Amnistía Internacional nos últimos anos terá tamén protagonismo no Viñetas 2020. A carpa de actividades e presentacións será este ano un espazo expositivo máis do festival. Nas súas paredes penderán os orixinais que ao longo dos últimos anos veñen cedendo varios creadores á ong, nos que plasman a súa visión particular sobre as violacións dos Dereitos Humanos que, desgrazadamente, sucédense no mundo enteiro, e tamén das historias de superación e de defensa deles.

A Torre de Hércules será, un ano máis, outra das singulares salas de exposición de Viñetas. Alí, como nun xogo de espellos, poderase facer un percorrido polos carteis da historia de Viñetas desde o Atlántico: lembremos que a única condición que se lle impón aos autores convidados á hora de deseñar o cartel é que na súa proposta figure o faro. Vinte e tres xoias en gran formato rubricadas por algúns dos debuxantes máis reputados do panorama nacional e internacional. A última, o cartel anunciador do presente Salón, é obra do mexicano Tony Sandoval, convidado do Viñetas desde o Atlántico no 2019.

Sempre que a evolución da pandemia así o permita e respetando todas as medidas ditadas polas autoridades sanitarias, na semana grande deViñetas desde o Atlántico 2020 (do luns 17 ao 23 de agosto) o festival será espazo de presentacións editoriais. Asemade, programaranse charlas cos autores invitados e a Rúa dá  BD ofrecerá as últimas novidades publicadas. Igual ca sempre, tamén, o fiel exército de personaxes de cómic de todos os tempos xa tomou a cidade. Nesta ocasión e por seguridade pandémica, moitos deles decidiron mergullarse no estanque do Kiosco Alfonso para non tentar ao público a arrechegarse a eles.

Logo de rematar a vertixe comiqueira que vivirá a cidade esta semana, as exposicións continuarán abertas ao público ata o 13 de setembro.

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 ABRE LAS PUERTAS EL LUNES ACERCÁNDONOS UNA VARIADA REALIDAD DEL CÓMIC INFANTIL Y JUVENIL NACIONAL E INTERNACIONAL2020-08-18T12:03:35+02:00

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 VOLVE A MIRADA CARA AO CÓMIC INFANTIL E XUVENIL, A ORIXE NA QUE PRENDE SOLIDAMENTE A AFECCIÓN POLA BANDA DESEÑADA

2020-08-07T11:36:57+02:00

O  XXIII Salón Internacional do Cómic da Coruña abrirá as súas portas do 17 ao 23 de agosto

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 VOLVE A MIRADA CARA AO CÓMIC INFANTIL E XUVENIL, A ORIXE NA QUE PRENDE SOLIDAMENTE A AFECCIÓN POLA BANDA DESEÑADA

As paredes do Kiosco Alfonso mostrarán a obra de  Alessandro  Barbucci, Enrique Vegas,  Pau e  Xulia Vicente.

Este ano Palexco vaise encher dunha variadísima colección de orixinais de diversos autores, seleccionados por catro das principais editoriais de banda deseñada infantil e xuvenil, Cúpula,  Astronave, Astiberri e  Mamut.

Sen querer deixar pasar por alto o centenario da  Bauhaus (2019), a Sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita conterá os orixinais da novela gráfica “MIES” o  biopic que Agustín Ferrer Casas publicou sobre o arquitecto Mies van  der  Rohe, último director desa escola berce da arquitectura moderna.

O cartel anunciador deste XXIII Viñetas leva a rúbrica do  mexicano Tony  Saldoval, convidado o salón do pasado ano, quen nos fixo gozar das súas obras El cadáver y el Sofá, Epidemia de Melancolía ou La serpiente de agua.

A Coruña,  7 de agosto de 2020

Os personaxes enmascarados transitan decote polo mundo do cómic infantil e xuvenil. As ameazas globais e os inimigos invisibles son carne ben frecuente de guión. Así que, tal e como explica o seu director, Miguelanxo Prado, non parecía moi lóxico que a pandemia do coroavirus obrigase aos miles de afeccionados a renunciar a Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional coruñés que este agosto alcanza a súa edición número vinte e tres. Con todas as medidas necesarias, tanto sanitarias como sociais, e adaptando esta proposta cultural do Concello da Coruña á excepcional situación en que se atopa o mundo enteiro, Viñetas desde o Atlántico abrirá as súas portas o luns 17 de agosto.

Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico centrarase nesta ocasión no espazo temporal no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil. Para iso, catro das principais editoriais dedicadas a ese segmento, Cúpula, Astronave, Astiberri e  Mamut, encherán de orixinais dos seus principais creadores a sala de exposicións de Palexco. Cúpula, por exemplo, achegará aos afeccionados que visiten Viñetas a obra de  Katie O’Neil, a ilustradora  neocelandesa autora de Érase una vez dos princesasBahía  AcuicornioLa Sociedad de los  Dragones de Té (galardoada con dous premios Eisner) e da súa segunda entrega El Festival de los  Dragones de Té.

Pola súa banda. o Kiosco Alfonso cederá  gustosamente as súas paredes a catro debuxantes de peso. O primeiro deles, o xenovés  Alessandro  Barbucci, creador das series mundialmente coñecidas Sky Dolls  W.I. T. C. H (protagonizada por cinco rapazas adolescentes con poderes) ambas en tándem coa guionista Bárbara  Canepa. Tamén no corazón expositivo de Viñetas colgarán os orixinais de Enrique Vegas, o  historietista segoviano famoso polas súas versións paródicas de películas e cómics de éxito,  Spider-Man,  Hulk, X-Men,  Hellboy, Piratas del Caribe,  Star  Wars…cuxos protagonistas son aquí gordechos e cabezóns.

Completan a oferta do Kiosco Alfonso o mallorquino  Pau e a coruñesa  Xulia VicentePau é un recoñecido creador, autor de Las vacas chechenas, con historietas e portadas sucesivas publicadas en revistas como a belga  Spirou ou a española Nosotros somos los muertos. O seu salto internacional chega coa saga de Atlas & Axis e  Ze  Jacky  Touch.

Xulia Vicente, que acaba de sorprender co seu último traballo, no que por encargo do  Consello  Galego de Cultura levou á linguaxe da banda deseñada a historia de amor e liberdade de Elisa e Marcela, ten xa unha traxectoria asentada. É a autora da novela gráfica Anna  Dédalus: el misterio de la mansión quemada, xunto a Miguel Angel  Giner e Nuria  Tamarit, coa que tamén asinou o cómic Duerme pueblo. Esta creadora coruñesa colaborou coa revista  Jot Down,  Arrós  NegreLis en  Fleur ou  Meinstrim e é cofundadora do  fanzine  Sapoconcho.

A Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá os orixinais da novela gráfica MIES  biopic publicado por Agustín Ferrer Casas sobre o arquitecto Mies van der Rohe, o derradeiro director da Escola Bauhaus, berce da arquitectura moderna, que o pasado ano cumpliu cen anos de existencia.

Igual ca en anteriores edicións, a Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga, acollerá os últimos premios Castelao de Banda  Deseñada da  Deputación da Coruña, coa mostra dos orixinais das obras de Alberto Vázquez e Martín Romero, gañadores da edición  XIV do certame nas súas correspondentes convocatorias xeral e infantil-xuvenil. Alberto Vázquez, dono de tres Premios Goya por obras como  Birdboy,  Psiconautas ou Decorado, é un dos autores máis recoñecidos no panorama galego. O Premio Castelao foille outorgado pola obra A Caza, na que o xurado destacou o “sólido  grafismo utilizado, coa técnica do  sumi-e e tinta chinesa, ademais do debuxo expresivo co que xera unha unidade narrativa e un mundo propio e persoal”. O ilustrador Martín Romero fíxose co Castelao infantil e xuvenil con  Uxio, que explota “as posibilidades narrativas do medio e fai un acertado uso humorístico da filosofía da vida cotiá”.

A Torre de Hércules será, un ano máis, outra das singulares salas de exposición de Viñetas. Alí, como nun xogo de espellos, poderase facer un percorrido polos carteis da historia de Viñetas desde o Atlántico: lembremos que a única condición que se lle impón aos autores convidados á hora de deseñar o cartel é que na súa proposta figure o faro. Vinte e tres xoias en gran formato rubricadas por algúns dos debuxantes máis reputados do panorama nacional e internacional. A última, o cartel anunciador do presente Salón, é obra do mexicano Tony Sandoval, convidado do Viñetas desde o Atlántico no 2019.

Viñetas desde o Atlántico 2020 será tamén espazo de presentacións editoriais, como é o caso do  fanzine de Amnistía Internacional sobre Dereitos Humanos. Igual ca sempre, o exército de personaxes de cómic de todos os tempos tomará as rúas da cidade, programaranse charlas cos autores invitados e a Rúa dá  BD ofrecerá as últimas novidades publicadas… Sempre, tal e como sinalan desde a organización, baixo as condicións que impoña asegurar a protección social e sanitaria fronte ao coroavirus. Logo de rematar a vertixe comiqueira que vivirá a cidade entre o 17 e o 23 de agosto, as exposicións continuarán outro mes abertas ao público.

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 VOLVE A MIRADA CARA AO CÓMIC INFANTIL E XUVENIL, A ORIXE NA QUE PRENDE SOLIDAMENTE A AFECCIÓN POLA BANDA DESEÑADA2020-08-07T11:36:57+02:00
Go to Top