marcador_mapa

  • Un dos pratos fortes do día será a parada zombie.Todos os que queiran transformarse en mortos viventes teñen unha cita coa maquilladora de cine Ana Lema, na Feira Editorial a partir das 18 horas
  • Tamén haberá unha nova sesión de firmas dos autores invitados, entre as 12 y as 13.30 horas. As mesas despregaranse na primeira planta de Palexco

A debuxante francesa Chloé Cruchaudet e a española Ana Miralles pecharán mañá os actos da XVIII edición de Viñetas desde o Atlántico. Previamente, xunto cos outros autores invitados, participarán na segunda sesión de firmas que se desenvolverá entre as 12 e as 13.30 horas, na primeira planta de Palexco. Outro prato forte do día será a sesión de maquillaxe zombie, unha proposta que forma parte do programa de actividades paralelas do Salón Internacional dende o pasado ano e que tivo un éxito rotundo entre os seguidores. Os interesados en converterse en mortes viventes, por obra e graza dunha espectacular transformación con pinturas, teñen que achegarse ata a carpa da Feira Editorial, instalada diante do Kiosco Alfonso.

A autora de “Degenerado“, Chloé Cruchaudet,  departirá cos afeccionados que se acheguen ao Kiosco Alfonso, entre as 18.30 e 19.30, e Ana Miralles farao entre as 19.30 e as 21 horas. Será como todos os días na última planta da sede central do Festival Internacional.

Cruchaudet é unha das revelacións do cómic francobelga. A nova debuxante francesa cegou a crítica e o público europeo con “Degenerado“. A obra obtivo o pasado ano 2014 o Premio do público do Salón do Cómic de Angoulema e tamén o ACBD, que outorga a crítica especializada gala. Narra a sorprendente historia de Paul Grappe e Louise Landy, unha parella parisiense que casa pouco antes da Primeira Guerra Mundial. Paul é chamado a filas, pero decide desertar ante os horrores que vive nas trincheiras. Para fuxir do castigo e a clandestinidade, traviste se de muller e vive durante dez anos co nome de Suzanne Landgard. A historia rematará traxicamente tras un proceso criminal que acaparou gran popularidade e fama no París dos anos vinte.

Ana Miralles é un dos nomes imprescindibles do cómic español das últimas décadas e tamén autora de referencia da historieta en Europa. Miralles comezou a súa andaina profesional a principios dos oitenta en revistas como Rambla, Madriz e Cairo, posicionándose nun tipo de historieta erótica e intimista. Ana Miralles fíxose un nome no difícil mercado francés coa triloxía de corte fantástico “Eva Medusa“, (guión de Antonio Segura), obra que supuxo o seu recoñecemento internacional.