marcador_mapa

  • Para o director do festival o grupo de convidados nesta edición demostra que toda temática, estética ou ambición creativa teñen cabida neste medio de expresión
  • Decenas de miles de visitantes gozaron xa nesta primeira semana das exposicións que conforman Viñetas 2015. Aínda que a presenza dos autores na cidade toca á súa fin, os seus orixinais permanecerán colgados ata o 20 se setembro

Viñetas 2015 toca ao seu fin pero só en parte. Mañá, cando os últimos autores invitados abandonen a cidade deixarán tras de sí decenas de orixinais das súas obras colgadas nas distintos espazos expositivos municipais. Non en van, as exposicións do Kiosco Alfonso, as salas municipais de Palexco, María Pita e Salvador de Madariaga, polas que xa pasaron nesta primeira semanas decenas de miles de visitantes, permanecerán abertas ata o próximo 20 de setembro.

Estamos ante unha feliz coincidencia e é que a maioría de idade de Viñetas chega ao tempo que a madureza do propio medio”, explica o debuxante Miguelanxo Prado, director do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Ao seu xuízo, a obra dos creadores convidados demostra que “toda temática, estética, toda ambición creativa, máis alá de xéneros e posicionamentos persoais, teñen cabida neste medio de expresión”. Ao peche de Viñetas 2015, Miguelanxo Prado destaca o afortunado deste festival nas súas dezaoito edicións, “porque todas as forzas políticas coruñesas entenderon sempre que estaba máis alá de cores ou posicionamentos ideolóxicos”.

Outro dos pratos fortes do Salón Internacional do Cómic, a Feira da Historieta, tamén pechará as súas portas mañá. Os participantes mostranse satisfeitos ao confirmarse unha recuperación nas vendas respecto a anos anteriores, segundo sinalaron os libreiros.

Ao longo destes días, a Ágora e o Forum tamén viviron instalados no espírito de Viñetas. As súas salas acolleron os distintos talleres para nenos e mozos programados pola organización do festival baixo a coordinación de Manel Cráneo; actividades formativas para crear afección, para fidelizar lectores e para descubrir futuros ilustradores ou creadores de banda deseñada.

As conversas distendidas entre os autores invitados e os seus seguidores, os encontros profesionais destes cos autores que están a empezar a achegarse a este difícil mercado, ou as tradicionais sesións de firmas, espertaron o interese de numeroso público, completándose en moitas ocasións o aforamento da sala de conferencias do Kiosco Alfonso. Como aconteceu o pasado ano, a parada zombie programada para esta tarde na carpa da Feira da Historieta apunta a ser un éxito. Unha maquilladora profesional transformará a todo aquel que o desexe nun morto vivente. E a pasear polos Xardíns.