Iniciamos esta sección da web de Viñetas desde o Atlántico 2015, na que resumiremos os eventos máis destacados de cada xornada do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

No día de onte celebrouse no Kiosco Alfonso, a sede central de Viñetas 2015, a cerimonia de inauguración do festival.

Aq7DW_fTaNgtFk8D7dAwi1vfJEbw55ioYRhtjhtOT10eNo acto estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña, José Manuel Sande, o director de Viñetas desde o Atlántico, Miguelanxo Prado e o responsable das actividades paralelas e talleres, Manel Cráneo. Ademais, tamén estiveron presentes outras autoridades do concello da cidade, equipo de organización do festival e representantes da cultura da Coruña. E, por suposto, os autores invitados a esta edición de Viñetas desde ou Atlántico.

Miguelanxo Prado fixo especial fincapé na forma na que xurdiu o deseño da presente edición, que conta con máis autoras invitadas que autores invitados por primeira vez na historia do festival. Un feito, sen dúbida, producido polo fantástico estado de forma do mercado do cómic e os cambios sociais que se produciron, que lograron ao fin reivindicar a figura das mulleres tamén neste ámbito artístico.

Pola súa banda, Manel Cráneo destacou a presenza cada vez maior de participantes nas actividades paralelas, en especial nos talleres infantís que aglutinarán a máis de 200 infantes ao longo dos próximos días, en diferentes puntos da cidade, asegurando en certa forma o futuro destes eventos e da afección ao mundo do cómic.

Para rematar, José Manuel Sande destacou a importancia de Viñetas desde o Atlántico na historia cultural moderna da Coruña, e a experiencia e dedicación que o equipo de organización pon ao servizo do festival en cada edición.

Nada máis terminar os discursos, abríronse as portas do Kiosco Alfonso. O público que agardaba ás portas do edificio puido gozar ao fin das exposicións desta edición do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

No Facebook oficial dos compañeiros do Concello da Coruña podedes atopar ademais un completo álbum fotográfico da primeira xornada de Viñetas desde o Atlántico 2015.

Ahb9eefqoP53pXc3k3D4nTxDyJbeuwPsfXy1VHYWtQvY

Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, Martes 11 de Agosto de 2015. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa da BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuito. ¡Non dubidedes en visitalas!

12:00 Encontro Profesional- Keko (só para profesionais acreditados)
18:30 Conferencia Ana Oncina (Kiosco Alfonso)
19:45 Conferencia Mai Egurza (Kiosco Alfonso)