Continuamos co noso Diario Viñetas, no que resumimos a actividade diaria do Festival Internacional da Historieta da Coruña

Na xornada de onte tivemos non houbo un minuto de descanso dentro das actividades de Viñetas 2015. Ao longo da mañá e da tarde sucedéronse os eventos. A primeira hora do día Alfonso Zapico, Ana Oncina e Martín Romero atenderon aos medios de comunicación na roda de prensa oficial celebrada no Kiosco Alfonso. Pouco despois, Ana Miralles foi a protagonista nese mesmo espazo, cun novo encontro profesional na que a artista explicou algunhas interioridades do seu proceso de creación e o tratamento da súa obra.

ApbzYywATBuG_-PDRqa6cCorwDcrlawbYSrfXY6xg38L

Pola tarde, os mozos de Estirpe, a película, proxectaron o moi esperado tráiler do seu proxecto cinematográfico. Foi un evento algo accidentado, debido a algúns problemas técnicos alleos á organización de Viñetas 2015, que provocaron certo atraso no horario previsto. Por sorte, todo puido solucionarse, e trala presentación, os presentes puideron gozar das primeiras imaxes en movemento da película.

Av9bYWKdePDGwjzaDkYzMriDf5jA-Wz5noo2o9VGaI85

Ao mesmo tempo, no PALEXCO, Mai Egurza protagonizó a primeira sesión de firmas oficial desta edición de Viñetas 2015. Recordade que todas as sesións de firmas oficiais celebraranse neste espazo, tanto o venres como o sábado. Tedes toda a información neste enlace. A debuxante de El Paseo de los Sueños asinou algúns exemplares da súa obra e ata tivo tempo de compartir algunhas curiosidades cos lectores, como foi o caso dun dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da cidade que aproveitaron para sacarse unha foto coa autora.

CMOf6u1WoAAfi7Q

Sobre as 19:00 comezou a primeira conferencia do día, protagonizada por Martín Romero. O xove autor galego falou sobre diversos aspectos das súas obras máis coñecidas e sobre o proceso de creación. Malia a súa mocidade, Martín ha cosechado un gran éxito tanto fose como dentro de España, grazas entre outras cousas a un elemento do que se falou moito e moi ben durante a conferencia: ese subtexto que sempre aparece en todas as súas historias, case de xeito involuntario, e que outorga a cada historia unha segunda lectura, como é o caso dos orixinais Episodios Lunares. Martín falou ademais da súa experiencia na Casa dos Autores de Angoulême, unha das capitais mundiais do mundo do cómic.

At173DHZ39ghjeZB6QdXvJTUnLwcF9F9ipaoNiIaUWc3

Para pechar o día, tamén no Kiosco Alfonso celebrouse a conferencia protagonizada por Keko. Ante un salón de actos abarrotado, Keko compartiu anécdotas sobre a súa extensa carreira, os seus encargos para diversos medios e numerosas curiosidades sobre o proceso de traballo, antes e logo de “era do ordenador”. Aínda que houbo tempo para citar e comentar detalles de toda o seu bibliografía, Yo, Asesino, a novela gráfica que realizou xunto con Antonio Altarriba, centro a atención durante boa parte do tempo. Keko comentou que espera volver colaborar co guionista, aínda que non ten claro si será unha segunda parte de Yo, Asesino ou ben unha historia completamente diferente. A conferencia finalizou tras abordar diversos aspectos sobre os paralelismos entre a realidade e a ficción, o xénero negro, curiosidades sobre a portada do libro e sobre a dinámica de traballo con Altarriba.

AkPqnY3ZKvJ6iiH3XLYOKvXFCk_4NHTyfsXZphbGnAhg

Para terminar, recordámosvos os eventos máis destacados que están programados para hoxe, Xoves 13 de Agosto de 2015. Para máis información sobre as actividades paralelas, non dubidedes en visitar a sección Rúa da BD. E, por suposto, as exposicións están abertas ao público, de xeito gratuito. ¡Non dubidedes en visitalas!

10:30 Encontro profesional, con Alfonso Zapico (só para profesionais acreditados)

18:30 Conferencia con Joaquín López Cruces, en Kiosko Alfonso

19:45 Conferencia con Raquel Córcoles (Moderna de Pueblo), en Kiosko Alfonso