marcador_mapa

  • A autora de “Degenerado” pechará os Encontros Profesionais do Salón do Cómic coruñés mentres o debuxante asturiano departirá co público pola tarde
  • Entre as 18 y as 20 horas, os autores invitados asinarán exemplares das súas obras. As mesas de firmas despregaranse no primeiro andar de Palexco

A debuxante francesa Chloé Cruchaudet pechará mañá o ciclo de Encontros Profesionais da XVIII edición de Viñetas desde o Atlántico. A autora de “Degenerado” será a protagonista do día (14 de agosto), xunto co autor asturiano Alfonso Zapico, que departirá pola tarde cos afeccionados. Ambos os dous son, sen lugar a dúbidas, dous dos novos referentes do cómic europeo. Cruchaudet falará da súa experiencia cos mozos que están comezando no sector e que asistan ao encontro que se desenvolverá a partir das 12 horas no Kiosco Alfonso. Zapico charlará co público entre as 19.45 e as 21 horas, na última planta da sede central do Salón.

Tamén mañá venres terá lugar a tradicional  sesión de firmas, unha das propostas con máis tirón do festival. Os debuxantes invitados, armados cos seus lapis, estarán entre as 18 e as 20 horas na primeira planta do Palexco, para atender aos afeccionados por rigorosa orde de chegada. Os interesados volverán ter outra oportunidade o sábado pola mañá.

Choé Cruchaudet é unha das revelacións do cómic francobelga. A nova debuxante francesa cegou a crítica e o público europeo con “Degenerado“. A obra obtivo o pasado ano 2014 o Premio do público do Salón do Cómic de Angoulema e tamén o ACBD, que outorga a crítica especializada gala. Narra a sorprendente historia de Paul Grappe e Louise Landy, unha parella parisiense que casa pouco antes da Primeira Guerra Mundial. Paul é chamado a filas, pero decide desertar ante os horrores que vive nas trincheiras. Para fuxir do castigo e a clandestinidade, traviste de muller e vive durante dez anos agochado baixo o nome de Suzanne Landgard. A historia rematará traxicamente tras un proceso criminal que acaparou gran popularidade e fama no París dos anos vinte.

Alfonso Zapico ten as súas costas unha carreira fulgurante, enchida de éxitos. En 2010 alzouse co Premio ao mellor autor revelación no Salón do Cómic de Barcelona con “A guerra do profesor Bertenev”. En 2012 foi Premio Nacional de Cómic por “Dublinés“, biografía do escritor irlandés James Joyce. Asina tamén “Café Budapest“, que recibiu o Premio Haxtur á mellor obra de 2008 e que aborda o enfrontamento entre palestinos e xudeus xurdido a raíz da creación do Estado de Israel, tras a II Guerra Mundial. A súa obra máis recente, moi esperada por público e crítica, é “A balada do norte“. Trátase dunha recreación, en dous tomos, da Comuna de Asturias, unha folga mineira na que os obreiros se alzaron contra os patróns en 1934.