24 (1)Como podedes ver no calendario de conferencias de Viñetas desde o Atlántico 2015, o vindeiro mércores 12, a partir das 18:00 horas, terá lugar no Kiosco Alfonso a presentación de Estirpe, un dos proxectos cinematográficos máis interesantes dos últimos anos, que aúna as dúas paixóns do seu director , o coruñés Adrián López: o cine e o cómic.

Nesta presentación exclusiva desta edición do Festival Internacional da Historieta da Coruña, os asistentes poderán escoitar de primeira man todos os detalles e curiosidades que rodean á película, producida por Iván L. Gimeno. Ademais, proxectarase por primeira vez un teaser tráiler, con música de Joe Crepúsculo.

A historia de Estirpe céntrase nun cómic homónimo publicado en 1969 que se converte en clásico de culto. 45 anos despois, unha productora que quere adaptalo ao cine, encarga a María, avogada, que atope ao seu autor para conseguir os dereitos.

Con tres niveles de narración entrecruzados, Adrián López fai uso de flashbacks para explicar a creación do cómic en 1969 e por que desapareceu o seu autor. Nun ton máis documental, as circunstancias da súa volta e a adaptación da súa obra. E para rematar, nun exercicio de metacine, fragmentos desta xa rodada, que nos dan máis pistas para completar o puzzle.

33 (1)En Estirpe, o cómic, Ciclón e Mara loitan contra o Cuarto Reich alemán que queren invadir o noso país, aínda gobernado por Franco.

Para darlle forma a este enrevesado argumento, o equipo creativo do proxecto complétase con David Bizarro, que xa tiña experiencia en formatos de longa duración (¡Maldito Bastardo!) e Daniel Val .

Estirpe involucra a un gran equipo de actores e técnicos profesionais, como Sergio Peris-Mencheta (El Capitán Trueno y el Santo Grial, Resident Evil: Ultratumba), Silvia Alonso (Tierra de Lobos, La que se avecina, Sin Identidad), Nacho Aldeguer (Cúentame) e Borja Crespo (Snuff2000, Neuroworld), este último tamén como director invitado nos fragmentos do cómic adaptado.

Ademais, Estirpe conta con actores de moda como Rocío León (Afterparty, Diamond Flash), Javier Botet (saga REC, Las Brujas de Zugarramurdi, Mamá), Ignatius Farray (El fin de la comedia) e clásicos como Fabio León (Curro Jiménez, Estudio 1)

A banda sonora terá especial importancia, xa que o seu autor será Xoel López, quen anteriormente participara na de El juego de la verdad de Álvaro Fernández, e temas de grupos como Los Coronas, Joe Crepúsculo, Trajano!, Sonograma…

No apartado gráfico, dous artistas de excepción: Xurxo G. Penalta (Marvel Comics, Dark Horse) creou os debuxos do Estirpe orixinal de finais dos 60, mentres Álvaro Martínez (storyboard de Lo Imposible, X-Men) encargouse da súa adaptación para deseño de produción da película

Estirpe financiouse grazas a dúas campañas de de crowdfunding destinadas integramente aos gastos de produción. A data estimada da estrea é Outubro de 2015.

1607008_897305396947993_2565095440593486348_n