2017 é un ano especial para a novena arte mesmo en termos xerais: cúmprense tamén dez anos da existencia dos Premios Nacionais de Cómic que outorga o Ministerio de Cultura. É o motivo de que Viñetas se sume á festa e ofreza a exposición “Dez anos de Premios Nacionais”. Aí estarán dende as páxinas do primeiro agasallado, Max, en 2007, ata as do último premiado polo de agora, Pablo Auladell (2016). Os Premios Nacionais que virán a Viñetas son:

  • Juanjo Guarnido (Blacksad – Amarillo, Norma Editorial)
  • Antonio Altarriba (El arte de volar, Edicions De Ponent/ Norma Editorial)
  • Juan Díaz Canales (Blacksad – Amarillo, Norma Editorial)
  • Santiago Valenzuela (Plaza Elíptica, Edicions De Ponent)
  • Alfonso Zapico (Dublinés, Astiberri Ediciones)
  • Pablo Auladell (El paraíso perdido, Sexto piso)
  • E o propio Miguelanxo Prado, director de Viñetas (Ardalén, Norma Editorial)

A exposición “Dez anos de Premios Nacionais” estará ubicada na Fundación Barrié, unha das novas sedes desta edición 2017 de Viñetas desde o Atlántico. Tedes máis detalles na sección Exposicións.