Esta mañá actualizamos a sección “Rúa da BD” da web, engadindo diferentes eventos que se celebrarán na semana do 10 ao 16 de xeito paralelo a Viñetas desde o Atlántico 2015. Ademais, xa podedes consultar o listado de participantes deste ano, os stands/casetas que animarán esta parte do Festival Internacional da Historieta da Coruña. Estas casetas estrearán ubicación nesta edición, a uns metros do Kiosko Alfonso, na posición que ocuparon durante anos anteriores as casetas rexionais.

Entre estes eventos atópanse as actividades que se realizarán na carpa da feira de editores e libreros, sesións de firmas de diferentes autores e exposicións paralelas que se celebrarán en varios puntos da cidade durante eses días. Recordámosvos que os horarios destes eventos poden sufrir modificacións. Intentaremos avisar, na medida do posible, das diferentes actualizaciones e os posibles cambios que se sucedan.

Faltan por engadir a este listado as sesións de firmas dos invitados especiais que anunciamos durante as últimas semanas, e que desvelaremos esta mesma semana.