Como xa sabedes, desde fai uns anos en Viñetas desde o Atlántico véñense celebrando unha serie de “Encontros profesionais”, nos que profesionais acreditados do mundo do cómic reúnense con algúns dos convidados do Festival Internacional da Historieta da Coruña.

Do mesmo xeito que outros eventos do festival, estes encontros tamén están suxeitos a diversas circunstancias e a posibles cambios de horarios. É por iso que o encontro profesional que este ano protagonizará Alfonso Zapico o vindeiro xoves 13 de agosto cambiará o seu horario. Iniciarase finalmente ás 10:30 horas, no Kiosco Alfonso, e non ás 12:00 horas como estaba previsto.

O resto de encontros profesionais manteñen o seu horario e ubicación. como podedes ver na sección “Encontros Profesionais”.