inicio Viñetas desde o Atlántico

PAU

Pau Rodríguez Jiménez-Bravo (Palma de Mallorca, 1972) é un autor autodidacta. Empeza a debuxar semanalmente para o Diario de Mallorca desde 1993, colaboración que se estenderá ata 1998. En 1995 crea, xunto con Xabi  Uriz e Daniel  Peixe, o  fanzine  Escápula. En 1996 obtén o título de Ilustrador na  Escola Superior de  Disseny e empeza a publicar a popular viñeta diaria de humor gráfico  Pau  per  tots no Diario de Mallorca. Ademais, realiza historietas para revistas estranxeiras, como a coñecida  Spirou, ou as españolas como Nosotros Somos los MuertosDibucomics,  Dibus! e El Víbora.

En 1999, gaña o III concurso internacional de cómics da revista  El Víbora. En 2004, o Salón Internacional del Cómic del Principado de Asturias, onde é convidado oficial desde 1997, dedícalle unha gran exposición. En agosto de 2005 gana o concurso internacional de cómic infantil  Oscarcomix, celebrado en Italia, e en setembro de 2007, o concurso internacional de cómic Luís Molina.

Entre 2008 e 2011, Éditions  Vigot publica na súa colección ” Je  Dessine”, en Francia, Bélxica, Suíza e  Quebec, e máis tarde en España e Polonia, os manuais de 48 páxinas  Je  dessine des  voituresJe  dessine des  dinosaures, e  Je  dessine des  chiens. En outubro de 2009 recibe o Premio  Haxtur al Humor pola súa tira cómica diaria  Pau Per  Tots.

En 2010, pública o cómic El  bosc  negre, unha colaboración co  Museu  Arqueològic de Son  Fornés a partir do texto orixinal de Marc  Ferré  Alemany; e no que comparte os labores gráficos con Max. Ao ano seguinte, repiten experiencia coa  La cova des  Mussol, con  guion tamén de Marc  Ferré, e de novo compartindo debuxo Max. Ambas as historias editaranse posteriormente en castelán agrupadas no volume La isla de las piedras.

En 2011 a editorial francesa  Ankama Éditions empezou a publicar a que, ata a data, sería a súa serie de maior repercusión: La saga de Atlas &  Axis, que foi publicada en francés, español, holandés, italiano e polaco. Ademais de ser moi apreciada polo público,  La saga de Atlas &  Axis quedou finalista para importantes galardóns europeos, como a selección oficial do  Prix, de  FIBD  Angoulème 2012, o premio  BDGest na categoría de mellor álbum xuvenil 2012, finalista ao mellor autor español  do Salón Internacional del Cómic de Barcelona 2012, finalista ao Premio Nacional de Cómic 2012, finalista ao  Grand  Prix des  lecteurs  du  journal de  Mickey 2013 e ao premio das escolas do  FIBD  Angoulème 2014.

Esta saga, que consta de catro volumes, estenderíase ata o ano 2017 alternándose con outros proxectos. Así, en xuño de 2013, Éditions  Paquet publicaría a serie  Ze  Jacky  Touch, con  guion de  Sti e da que se publicaron dous tomos.

Ademais de diversas colaboracións en álbums colectivos, o último traballo de  Pau que viu a luz foi o álbum  Baboon!, publicado por  Escápula Cómics así como o integral que recompila as andanzas de Atlas &  Axis.

Bibliografía esencial

1999 – Escápula (Under Comic)

2001 – Las vacas chechenas (Inrevés edicions)

2009 – Los repartidores de cerveza (Glénat)

2007 – Mondo (¡Caramba!)

2014 – La isla de las piedras (Dibbuks)

2019 – Baboon!  (Escapula Comics)

2019 – La saga de Atlas & Axis. Integral,  (Escápula Comics)